Archive | mayo 16, 2016

Fandicosta retoma a actividade tras o grave incendio co persoal repartido en varios centros de traballo

A empresa con sede na parroquia moañesa de Domaio concretará o ERE co comité o xoves
A empresa frigorífica Fandicosta, cuxas instalacións principais da parroquia moañesa de Domaio se viron afectadas por un grave incendio, retomou esta mañá a actividade co seu persoal repartido en varios centros de traballo. A dirección da compañía manterá unha nova xuntanza co comité o vindeiro xoves para concretar os detalles do ERE temporal, que todavía non foi presentado.
2016 05 16 ComezaActividadeFandiscosta01

Arredor de 60 empregadas/os retomaron hoxe a súa actividade nas instalacións de Fandiscosta, na parroquia moañesa de Domaio, que o pasado luns non se viron afectadas polo grave incendio que arrasou unha das tres naves. Parte do persoal restante foi trasladado a outros centros de traballo que o grupo ten en Vigo e Vilagarcía, á espera de que se concreten os detalles do ERE temporal.

A dirección da empresa e o comité manterán unha nova xuntanza o vindeiro xoves -despois da que tivo lugar esta mañá- para abordar como vai afectar esta medida ao cadro de persoal. A compañía reunirase este mércores con responsábeis da Consellaría de Traballo, tras o que xa estará en condicións de presentar o ERE. A CIG solicitou que nesa xuntanza participe tamén o comité, en concreto unha persoa por cada un dos tres sindicatos con representación (UGT, CCOO e CIG).

Continúan as críticas ao protocolo do 112

Por outra banda, nos últimos días continuaron as críticas ao protocolo de emerxencias establecido polo 112, que tería provocado descoordinación e problemas á hora de respostar ao sinistro. Dende os colectivos de bombeiros/as denúnciase que este protocolo prioriza os parques que son xestionados por empresa privadas fronte aos que están baixo xestión pública. Os profesionais rexeitan un modelo que na súa opinión está orientado a enriquecer a determinadas compañías a conta das emerxencias.

O pleno das Neves aproba por unanimidade unha moción de apoio á loita do persoal de Servicarne

Unha representación dos falsos/as autónomos/as dependentes de Frigolouro reuniuse co alcalde da localidade pontevedresa
A corporación municipal das Neves aprobou por unanimidade no pleno celebrado este sábado unha moción de apoio á loita dos falsos/as autónomos/as de Servicarne na que se insta a Frigolouro a modificar os acordos contractuais coa empresa catalá para igualar as condicións laborais de todo o persoal. Unha representación dos traballadores/as mantivo antes unha xuntanza co alcalde da localidade pontevedresa para abordar un conflito laboral que tamén foi analizado cos empregados/as de Coren nunha asemblea celebrada o xoves pasado en Ourense.
2016 05 14 ServicarneFrigolouroPlenoAsNeves01

Na sesión plenaria celebrada o sábado nas Neves debatiuse unha moción tramitada polo Goberno municipal (BNG e PSOE) na que se insta a Frigolouro a a modificar os acordos contractuais coa cooperativa de traballo asociado Servicarne coa finalidade de igualar as condicións laborais dos traballadores/as autónomos/as que prestan servizo na empresa de procesados cárnicos coas do persoal propio.

No texto tamén se reclama o apoio da corporación municipal á loita e ás reivindicacións dos afectados/as e solicítaselle á dirección xeral de Traballo que interceda no conflito laboral co fin de reclamarlle a Frigolouro que atenda as demandas do persoal autónomo. Finalmente, instan á Xunta e ao Goberno central a modificar a lexislación laboral para evitar situacións de explotación e escravitude.

O encargado de defender a moción, que saíu adiante co apoio de todos os grupos da corporación, foi o propio alcalde, o nacionalista Xosé Manuel Rodríguez. Na sesión tamén tomou a palabra un empregado de Servicarne, que explicou os detalles do conflito aberto na empresa para denunciar a explotación laboral á que están sometidos/as e reclamar unhas condicións de traballo dignas.

O día anterior unha representación do persoal autónomo de Servicarne mantivera unha xuntanza co rexedor en dependencias municpais para explicarlle polo miúdo as súas reivindicacións e solicitarlle o apoio do Goberno local á súa loita.

A presentación de mocións de apoio por parte do BNG continuará o vindeiro mércores en Ponteareas, despois da aprobada recentemente polo pleno do Porriño.

Por outra banda, a FGAMT-CIG celebrou este xoves unha asemblea con traballadores/as de Servicarne que desenvolven a súa actividade na planta principal de Coren -grupo empresarial ao que pertence Frigolouro- en Ourense. Durante o encontro, que se celebrou no local do sindicato na cidade, abordáronse os detalles do conflito laboral a situación que padecen os traballadores/as da cooperativa de traballo asociado.

A COMISIÓN PROVINCIAL DE VIVENDA PROPORÁ O VENRES 20 A ADXUDICACIÓN DE DÚAS VIVENDAS A FAMILIAS VIGUESAS EN PROCESO DE DESAFIUZAMENTO

  • Hoxe mesmo unha das persoas afectadas visitou e aceptou unha vivenda en Moaña
  • Outra das familias será realoxada nun apartamento en Vigo
  • Tamén hoxe asinouse o contrato de alugueiro dunha vivenda en Salvaterra de Miño, co que quedan arranxados os tres últimos casos de Vigo

 

Santiago, 16 de maio de 2016.- A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra reunirase o próximo venres, 20 de maio, para propoñer a adxudicación de dúas vivendas nos concellos de Vigo e de Moaña a  dúas familias afectadas por procesos de desafiuzamento no Concello de Vigo. Hoxe mesmo unha das persoas afectadas puido visitar a vivenda, cedida por una entidade financeira, que a Xunta puxo á súa disposición en Moaña e expresou a súa aceptación da mesma. A adxudicación final das vivendas correspóndelle á conselleira de Infraestruturas e Vivenda a proposta da Comisión Provincial.

 

Con estas dúas adxudicacións, a Xunta dá resposta á demanda das tres familias viguesas afectadas por desafiuzamentos cuxos casos se coñeceron nas últimas semanas, xa que hoxe mesmo se asinou o contrato de alugueiro dunha vivenda en Salvaterra do Miño adxudicada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ao terceiro dos afectados.

 

Finalmente as tres familias serán realoxadas en vivendas cedidas á Xunta por entidades financeiras. A adxudicación realízase en réxime de alugueiro social, polo que o importe mensual do mesmo será inferior a 75 euros.

 

A Xunta reitera a solicitude de que o Concello de Vigo se adhira ao Programa de Vivendas Baleiras e inclúa no mesmo as vivendas de propiedade municipal da rúa República Arxentina, así como as tres vivendas baleiras que o propio Instituto Galego da Vivenda e Solo lle cedeu gratuitamente á Administración local, tendo en conta que a normativa non permite mater vivendas de promoción pública baleiras.

 

No pasado mes de xaneiro o Concello de Vigo instou ao Instituto Galego da Vivenda e Solo a adxudicar vivenda a unha vítima de violencia de xénero no canto de realoxala nas vivendas de titularidade municipal supostamente reservada para dito fin. A demandante foi realoxada nunha vivenda propiedade da Xunta.

 

Afundación celebra o mércores o Día Internacional dos Museos con visitas gratuítas a todas as súas exposicións

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) celebrará o vindeiro mércores 18 o Día Internacional dos Museos, con visitas guiadas gratuítas en todas as súas exposicións, polas que pasaron en 2015 máis de 100.000 persoas. Todas aquelas persoas estean interesadas en participar non será preciso que fagan unha reserva previa, senón que simplemente poderán acudir á cita ás 19.30h en cada unha das sedes, 19.00 h no caso da Sede de Afundación na Coruña. Nesta ocasión, o Día Internacional dos Museos céntrase no lema «Museos e paisaxes culturais», co obxectivo de poñer de manifesto a responsabilidade destes centros culturais coa paisaxe da que forman parte, ao cal poden contribuír achegando os seus coñecementos e sendo protagonistas da súa xestión e bo mantemento: «A misión principal dos museos é velar sobre o patrimonio, xa estea dentro ou fóra dos seus muros. Responsable da paisaxe que o rodea, o museo debe igualmente protexer e conservar o patrimonio ambiental co fin de promover un desenvolvemento respectuoso», resaltan desde o Consello Internacional de Museos que promove anualmente esta conmemoración mundial.

O PROGRAMA BONO CONCILIA AXUDARÁ ÁS FAMILIAS A PAGAR O CUSTO DUNHA ESCOLA INFANTIL NON SOSTIDA CON FONDOS PÚBLICOS CON AXUDAS QUE OSCILARÁN ENTRE OS 45 E 0S 250 EUROS MENSUAIS

  • 160516 DX Familia Bono ConciliaA Xunta de Galicia incrementou en máis dun 105% a partida económica destinada este ano a esta convocatoria con respecto á anterior, alcanzado un orzamento global de preto de 3,5 millóns de euros
  • Unha das principais novidades desta nova orde é a posibilidade da concesión do Bono Concilia ás familias solicitantes que obtiveran unha praza pública se o horario demandando porque ambos proxenitores traballan en quedas de tarde ou quendas rotativas non coincide co de apertura da escola infantil
  • O obxectivo desta medida é ampliar o número de prazas de 0 a 3 anos sostidas con fondos públicos para así ir eliminando as listas de espera
  • O Bono Concilia insírese nun paquete de medidas máis amplo de apoio á infancia, e ás familias, así como para procurar a dinamización demográfica: o Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia)

 

Ourense e Lugo, 16 de maio de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, continúa coa rolda de visitas ás catro provincias galegas co obxectivo de dar a coñecer o Bono Concilia, medida impulsada polo  Goberno galego que ten por obxecto contribuír ao pago do custo da escola infantil no suposto de quedar sen praza nunha sostida con fondos públicos ou residir nunha localidade onde non existan centros sostidos con fondos públicos. Así, e tras estar a semana pasada en Pontevedra, Vigo e A Coruña, na xornada de hoxe a directora xeral estivo primeiro en Ourense acompañada da delegada territorial nesta provincia, María Sol Díaz Mouteira; e despois en Lugo co xefe territorial Alberto Linares.

 

En dúas comparecencias ante os medios de comunicación, González Méndez informou de que a Administración autonómica mantén aberto ata o vindeiro día 30 de maio o prazo para que os pais e nais soliciten o Bono Concilia, que consiste nunha cantidade mensual que se fixará en función da renda per cápita da unidade familiar e que oscilará entre os 250 euros mensuais para unha praza en réxime de xornada completa con servizo de comedor para as rendas máis baixas e os 45 euros mensuais para as rendas máis altas. Esta axuda económica, que se enmarca dentro do Programa de Apoio á Natalidade de Galicia (PAN Galicia), vai dirixida a colaborar cos pais e nais no pago das mensualidades nunha escola infantil non financiada con fondos públicos por un período de tempo máximo de 11 meses.

 

No que atinxe as condicións para beneficiarse do Bono Concilia, estas pasan por residir en Galicia, ter fillos e fillas menores de 3 anos a 31 de decembro de 2016 e ter solicitado praza nunha escola infantil sostida con fondos públicos para o vindeiro curso 2016-2017 exercendo a opción do Bono Concilia. Así mesmo, deben de estar nunha das seguintes situacións: quedar en lista de espera; obter praza pero que o horario demandado non coincida coa apertura da escola infantil sempre que ambos proxenitores traballen en quenda de tarde ou en quendas rotativas ou obter a praza e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida. Ademais, poden solicitar esta axuda aquelas familias que se teñan beneficiado da axuda do extinto programa Cheque infantil no curso escolar 2015-2016 e desexen a súa renovación ao abeiro da orde do Bono Concilia; así como aquelas que residan en municipios onde non existan escolas infantís para nenos e nenas entre os 0 e 3 anos sostidas con fondos públicos.

 

Novidades da convocatoria

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica destacou o reforzo económico que experimenta este programa na nova convocatoria arestora en marcha, a cal dispón dun orzamento global de preto de 3,5 millóns de euros. Esta cantidade supón un incremento de máis do 105% con respecto á orde anterior. “Con esta medida estamos a ampliar a oferta de prazas sostidas con fondos públicos coa intención de ir eliminando as listas de espera na rede autonómica de escolas infantís de 0 a 3 anos”, sinalou González Méndez.

 

Pero ademais de dispoñer dunha maior partida económica que en convocatorias pasadas, a nova orde do Bono Concilia recolle outras melloras que teñen por finalidade que se poidan beneficiar desta axuda o maior número de pais e nais. Entre estas novidades destaca a posibilidade de concesión do Bono Concilia ás persoas solicitantes que obtiveran unha praza pública e o horario demandado porque ambos proxenitores traballan en quendas de tarde ou en quendas rotativas non coincida co de apertura da escola infantil ou a posibilidade de que aquelas familias que residan en concellos onde non existan escolas 0-3 sostidas con fondos públicos poidan presentar solicitudes fóra do prazo establecido nesta orde cando nelas se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade á finalización do dito prazo. Así mesmo, a actual convocatoria favorece o dereito á escolarización de irmáns ou irmás no mesmo centro xa que as familias que teñan un fillo ou filla que renova a axuda e á súa vez obteñan praza pública para un irmán (tendo marcada  a opción do Bono Concilia) daráselles directamente a posibilidade de optar ao dito bono para que poidan escolarizar a todos os fillos no mesmo centro.

 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro día 30 de maio. Unha vez notificada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias dispoñen dun prazo de quince días naturais para presentar na xefatura territorial da Consellería de Política Social o xustificante de matrícula do centro onde vai acudir a nena ou o neno e a declaración de ter percibido ou non outras axudas para este mesmo fin.

 

Recurso educativo e de conciliación

O Bono Concilia forma parte dun ambicioso paquete de medidas que está a desenvolver a Consellería de Política Social no eido do apoio ás familias e á infancia: o Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia), que abrangue axudas directas, accións para o fomento da conciliación e servizos, e que tamén ten como obxectivo favorecer a dinamización demográfica.

 

Así, outras medidas incluídas no PAN Galicia e que son complementarias entre elas son: a Tarxeta Benvida; as dedución fiscais por nacemento ou adopción; a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo e sucesivos; o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís; a posta en marcha de Casas Niño no rural; o Bono Coidado ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega.

 

Precisamente, na súa intervención a directora xeral fixo especial fincapé na importancia que teñen as escolas infantís como recurso educativo e para permitir a verdadeira conciliación da  vida familiar e laboral. Neste sentido, o vindeiro curso escolar 2016-2017 Galicia contará con máis de 22.300 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos en escolas infantís. Isto supón un aumento de catro puntos da cobertura deste servizo que chegará a máis do 37%, o que sitúa á Comunidade Autónoma por riba da media aconsellada pola Unión Europea.

 

 

A XUNTA REMITE AO CONCELLO DE VIGO O CONVENIO COS CAMBIOS PACTADOS PARA QUE SE INCORPORE AO TRANSPORTE METROPOLITANO

  • _MG_1125O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou esta mañá que o documento contempla as garantías solicitadas polo goberno municipal e que vinculan a incorporación de Vigo á reforma da Lei da Área Metropolitana
  • “Xa non hai máis escusas, é momento da incorporación de Vigo ao transporte”, considerou López-Chaves
  • Tamén se resolven outras aclaracións respecto á financiación do goberno local

 

Vigo, 16 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, ven de remitirlle novamente ao Concello de Vigo o convenio coas aclaracións solicitadas para formalizar xa a súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar de que o goberno local “xa ten no seu poder” o novo documento para que o Concello de Vigo cumpra o seu compromiso e se adhira canto antes ao transporte. Agora, o documento debe obter a aprobación da xunta de goberno local.

 

Coma explicou, esta mañá antes das 10 horas, a Dirección Xeral de Mobilidade remitía oficialmente por rexistro o convenio e, de xeito paralelo, enviaba copia do mesmo por correo electrónico coas observacións formuladas. “Xa teñen o convenio modificado”, informaba López-Chaves, facendo referencia ás peticións solicitadas polo goberno municipal e que pasan por unha observación respecto da aportación económica que teñen que facer este ano de 2.500 euros e a que se refire á garantía que vincula a súa incorporación á reforma da Lei da Área Metropolitana. Neste senso, se establece que o convenio poderá ser obxecto de denuncia por calquera das partes no suposto de que a modificación da Lei 4/2012 do 12 de abril, da Área Metropolitana, non sexa aprobada antes do mes de setembro de 2016.

 

O delegado fixo fincapé en que por parte da Xunta de Galicia e dos restantes 13 concellos se cumpriron todos os compromisos acadados na pasada reunión do 22 de febreiro e que agora soamente falla que o Concello de Vigo cumpra co seu. “Xa non hai máis escusas, é momento da incorporación de Vigo ao transporte”, considerou López-Chaves, quen sinalou incluso que dito documento podería obter o visto bo da xunta de goberno local na súa vindeira sesión o venres desta semana.

 

O representante da Xunta na cidade reiterou que o Goberno galego cumpriu cos prazos comprometidos para a reforma da Lei da Área Metropolitana lembrando ademais a aprobación o xoves pasado por parte do Consello da Xunta do documento modificado para a súa remisión inmediata ao Parlamento.

 

A XUNTA DE GALICIA CONCEDE AXUDAS A UN TOTAL DE 47 ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA PRIVADA POR UN MONTANTE TOTAL SUPERIOR AOS 3 MILLÓNS DE EUROS

  • O obxectivo destas axudas é compensar os gastos producidos dende o 1 de xaneiro ata a data de xustificación, así como os gastos que figuren como abonados durante ese período nos conceptos de custes de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento do centro
  • Estas axudas permiten o sostemento de máis de 2.600 prazas para nenos de 0 a 3 anos, ofertando ás familias galegas máis recursos educativos para os seus fillos e fillas e para a conciliación

 

Santiago, 16 de maio de 2016.- Un total de 47 escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social beneficiaranse este ano das axudas que outorga a Xunta de Galicia para o mantemento dos centros. A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, vén de aprobar a concesión destas achegas que, por primeira vez dende o ano 2009, se incrementan ata acadar máis de  3 millóns de euros e que permiten o sostemento de máis de 2.600 prazas.

 

Na resolución de axudas deste ano incorpóranse dúas novas escolas infantís, situadas en Caldas de Reis –E.I San Fermín Rosendo- e Narón –E.I Fany-. Así mesmo, esta é a primeira vez en que todas as escolas de iniciativa social que solicitaron e cumpren cos requisitos da orde publicada o 29 de decembro de 2015 teñen aprobada a concesión da achega. En total, o importe das axudas concedidas ascende a 3.014.693,81 euros.

 

Estas axudas teñen como finalidade o mantemento dos centros co obxectivo de compensar os gastos producidos dende o 1 de xaneiro ata a data de xustificación e os gastos que figuren como abonados durante ese período nos conceptos de gastos de persoal, gastos de alimentación e outros gastos xerais de mantemento do centro. A axuda anual para gastos de mantemento calcularase en función do número de unidades en funcionamento autorizadas da escola infantil de 0 a 3 anos e da prestación do servizo de comedor. Así, nos centros con servizo de comedor, a contía anual será de 18.873 euros para centros que teñan de 1 a 3 unidades; 18.011 euros para centros que teñan de 4 a 6 unidades; 17.149 euros para centros con 7 ou máis unidades; e por último, 15.340 euros para aqueles centros sen servizo de comedor.

 

Co fin de dotar dunha maior liquidez ás entidades subvencionadas a convocatoria deste exercicio contempla un anticipo  do 50% cando a subvención supere os 18.000 euros e do 80% se e é inferior a esta cantidade. Así mesmo, establece unha serie de obrigas para as entidades beneficiarias, como é a adaptación da tarifa de prezos da escola infantil aos prezos establecidos para os centros públicos, con independencia do importe da axuda concedida.

 

Recurso educativo e para a conciliación

A ampliación e mellora na calidade das escolas infantís de 0 a 3 anos como recurso educativo e de fomento da conciliación para as familias galegas é un dos eixos de actuación da Consellería de Política Social. Galicia dispón dun total de 22.316 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, situándose a ratio de prazas para nenos de 0 a 3 anos máis do 37%. Isto é catro puntos por riba da cobertura aconsellada pola Unión Europea.

 

Neste sentido, a constitución dunha rede pública galega de centros de educación infantil de 0 a 3 anos como proxecto artellado e de calidade en que participen as entidades privadas de iniciativa social é peza fundamental para o logro deste obxectivo. Esta orde de axudas ten como finalidade materializar neste momento de redifinición do modelo da educación infantil de 0 a 3 anos a contribución da administración galega ao sostemento dos centros existentes e fomentar así a mellora da súa calidade.

 

PAN Concilia

O reforzamento desta liña de axudas ás escolas infantís de iniciativa social enmarcase dentro da área PAN-Concilia do Programa de Apoio á Natalidade (PAN), un programa que procura dar resposta ás necesidades das nais e dos pais galegos, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito integral e continuo mediante axudas e incentivos fiscais para afrontar os gastos que supón o nacemento dun fillo ou filla, o desenvolvemento de medidas de conciliación que faciliten o acceso e a permanencia no mercado de traballo e a posta a disposición de recursos e servizos tanto sociais como sanitarios. Deste xeito o PAN estrutúrase en tres grandes áreas de acción como son o PAN-Axudas, o PAN-Concilia e o PAN-Servizos.

 

O PAN-Concilia  alberga accións de sensibilización e medidas como o incremento de prazas na rede pública de escolas infantís, as casas niño, as axudas para accións de conciliación, o distintivo para establecementos que apoien á atención dos nenos e nenas, o Bono Coidado, o Bono Conciliación, un proxecto para a apertura de escolas infantís en parques empresariais ou a aposta pola flexibilidade horaria e o teletraballo.

 

 

 

Este mércores, 18 de maio, a película portuguesa A costa dos murmúrios pecha o ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo

a costa dos murmuriosVigo, 16 de maio  de 2016.- O vindeiro mércores, 18 de maio, ás 20.00 horas, o edificio Cambón (Rúa Oliva, 3. Casco Vello) acolle a última película do Ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo: a portuguesa A costa dos murmúrios (Margarida Cardoso, 2004), en versión orixinal.

 

Ambientada a finais da década dos 60, trata de Evita, unha guapa portuguesa, que chega a Mozambique para casarse con Luís, un soldado do exército colonial. Evita decátase enseguida de que Luís xa non é o estudante de matemáticas rebelde e ambicioso que coñecera hai anos en Lisboa.

 

A película proxéctase no Auditorio do Edificio Cambón (Casco Vello) a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión, ao remate da proxección, haberá un coloquio moderado pola profesora Paula Querido.

 

 

 

 

Ciclo Cine e Lingua: A costa dos murmúrios

 

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

Lugar:  Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.  

              

 

Un escándalo la USURPACIÖN ilegal de Garbiñe Ayensa, jefa de la unidad de documentación y apoyo científico del Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia en los planes de contaminación marina.

Garbiñe AyensaSra Garbiñe Ayensa….Se lo vamos a explicar para que lo tenga Usted Claro y quien le escucha….Un plan territorial no es un plan de Protección Civil; es un plan que está sujeto a normativa internacional de la OMI (Organización Marítima Internacional) y lógicamente tiene que haber una estructura común…Se usaron tecnivcas del Plan Camgal en Fandicosta, no se activo dicho Plan….¿ Donde esta el mando único sin dar la cara y culpando al 112, nos entiende. ?….Sin embargo, en el momento en que se hizo público a los medios de comunicación el incidente ya se convirtió en un problema político a resolver, pero no en la mar, sino ante la opinión pública, por eso irrumpen los políticos como Usted. Cuando eso ocurre tratan de asumir competencias que desconocen y de ahí nacen los gabinetes de crisis y aumenta de forma MUY GRAVE el peligro en nuestras costas. PLadesemapesga pide su cese fulminante. Y siga bajo la mamandurria del cobro de dietas y de ponencias al la sombra de su IGNORANCIA SUPINA y la desinformación de quien le escucha y la conculcación d elas noremativas poneindo en grave peligro la seguridad marítima.

El mando único se contempla en el Plan Nacional de Contingencias y éste es siempre el director general de la Marina Mercante. Ya en el 2012 se denunciaba en el Parlamento Gallego la incursión irregular de la política de altos cargos en este caso del PPdeG. Si en la Dirección General son marinos mercantes los que asumen la responsabilidad de la gestión, en la Xunta serán marinos mercantes, cualificados y expertos, los que asuman esa responsabilidad, no Usted Sra. Garbiñe Ayensa. Todo está tan planificado: tienen que ser los técnicos, no los políticos, los que resuelvan el incidente y el accidente. Otra cosa será la catástrofe, donde lógicamente tienen que hacer acto de presencia los políticos, pero a través de la Delegación del Gobierno; es decir, del órgano de coordinación superior. Usted calladita y en su casa, o mejor siga cobrando a final de mes por relizar verdaderas BURRADAS, pero no lo haga en los medios de comunicación, por que convierte en un ATENTADO la seguridad Marítima en el litoral gallego.

Lo que es inconcebible es que se haya dejado al margen a la Consellería de Mar, que es la directora territorial dentro del Plan Nacional, siempre al lado del delegado del Gobierno, y que asuma toda la responsabilidad de la lucha contra la contaminación en la mar y el salvamento marítimo Protección Civil y el 112.

Más sobre este comunicado..Y documentos descargables en:

http://pladesemapesga.com/inicio/portada/124-un-escandalo-la-usurpacioen-ilegal-de-garbine-ayensa-jefa-de-la-unidad-de-documentacion-y-apoyo-cientifico-del-instituto-tecnoloxico-para-o-control-do-medio-marino-de-galicia-en-los-planes-de-contaminacion-marina