A COMISIÓN PROVINCIAL DE VIVENDA PROPORÁ O VENRES 20 A ADXUDICACIÓN DE DÚAS VIVENDAS A FAMILIAS VIGUESAS EN PROCESO DE DESAFIUZAMENTO

  • Hoxe mesmo unha das persoas afectadas visitou e aceptou unha vivenda en Moaña
  • Outra das familias será realoxada nun apartamento en Vigo
  • Tamén hoxe asinouse o contrato de alugueiro dunha vivenda en Salvaterra de Miño, co que quedan arranxados os tres últimos casos de Vigo

 

Santiago, 16 de maio de 2016.- A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra reunirase o próximo venres, 20 de maio, para propoñer a adxudicación de dúas vivendas nos concellos de Vigo e de Moaña a  dúas familias afectadas por procesos de desafiuzamento no Concello de Vigo. Hoxe mesmo unha das persoas afectadas puido visitar a vivenda, cedida por una entidade financeira, que a Xunta puxo á súa disposición en Moaña e expresou a súa aceptación da mesma. A adxudicación final das vivendas correspóndelle á conselleira de Infraestruturas e Vivenda a proposta da Comisión Provincial.

 

Con estas dúas adxudicacións, a Xunta dá resposta á demanda das tres familias viguesas afectadas por desafiuzamentos cuxos casos se coñeceron nas últimas semanas, xa que hoxe mesmo se asinou o contrato de alugueiro dunha vivenda en Salvaterra do Miño adxudicada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ao terceiro dos afectados.

 

Finalmente as tres familias serán realoxadas en vivendas cedidas á Xunta por entidades financeiras. A adxudicación realízase en réxime de alugueiro social, polo que o importe mensual do mesmo será inferior a 75 euros.

 

A Xunta reitera a solicitude de que o Concello de Vigo se adhira ao Programa de Vivendas Baleiras e inclúa no mesmo as vivendas de propiedade municipal da rúa República Arxentina, así como as tres vivendas baleiras que o propio Instituto Galego da Vivenda e Solo lle cedeu gratuitamente á Administración local, tendo en conta que a normativa non permite mater vivendas de promoción pública baleiras.

 

No pasado mes de xaneiro o Concello de Vigo instou ao Instituto Galego da Vivenda e Solo a adxudicar vivenda a unha vítima de violencia de xénero no canto de realoxala nas vivendas de titularidade municipal supostamente reservada para dito fin. A demandante foi realoxada nunha vivenda propiedade da Xunta.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: