A XUNTA DE GALICIA CONCEDE AXUDAS A UN TOTAL DE 47 ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA PRIVADA POR UN MONTANTE TOTAL SUPERIOR AOS 3 MILLÓNS DE EUROS

  • O obxectivo destas axudas é compensar os gastos producidos dende o 1 de xaneiro ata a data de xustificación, así como os gastos que figuren como abonados durante ese período nos conceptos de custes de persoal, de alimentación e outros gastos xerais de mantemento do centro
  • Estas axudas permiten o sostemento de máis de 2.600 prazas para nenos de 0 a 3 anos, ofertando ás familias galegas máis recursos educativos para os seus fillos e fillas e para a conciliación

 

Santiago, 16 de maio de 2016.- Un total de 47 escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social beneficiaranse este ano das axudas que outorga a Xunta de Galicia para o mantemento dos centros. A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, vén de aprobar a concesión destas achegas que, por primeira vez dende o ano 2009, se incrementan ata acadar máis de  3 millóns de euros e que permiten o sostemento de máis de 2.600 prazas.

 

Na resolución de axudas deste ano incorpóranse dúas novas escolas infantís, situadas en Caldas de Reis –E.I San Fermín Rosendo- e Narón –E.I Fany-. Así mesmo, esta é a primeira vez en que todas as escolas de iniciativa social que solicitaron e cumpren cos requisitos da orde publicada o 29 de decembro de 2015 teñen aprobada a concesión da achega. En total, o importe das axudas concedidas ascende a 3.014.693,81 euros.

 

Estas axudas teñen como finalidade o mantemento dos centros co obxectivo de compensar os gastos producidos dende o 1 de xaneiro ata a data de xustificación e os gastos que figuren como abonados durante ese período nos conceptos de gastos de persoal, gastos de alimentación e outros gastos xerais de mantemento do centro. A axuda anual para gastos de mantemento calcularase en función do número de unidades en funcionamento autorizadas da escola infantil de 0 a 3 anos e da prestación do servizo de comedor. Así, nos centros con servizo de comedor, a contía anual será de 18.873 euros para centros que teñan de 1 a 3 unidades; 18.011 euros para centros que teñan de 4 a 6 unidades; 17.149 euros para centros con 7 ou máis unidades; e por último, 15.340 euros para aqueles centros sen servizo de comedor.

 

Co fin de dotar dunha maior liquidez ás entidades subvencionadas a convocatoria deste exercicio contempla un anticipo  do 50% cando a subvención supere os 18.000 euros e do 80% se e é inferior a esta cantidade. Así mesmo, establece unha serie de obrigas para as entidades beneficiarias, como é a adaptación da tarifa de prezos da escola infantil aos prezos establecidos para os centros públicos, con independencia do importe da axuda concedida.

 

Recurso educativo e para a conciliación

A ampliación e mellora na calidade das escolas infantís de 0 a 3 anos como recurso educativo e de fomento da conciliación para as familias galegas é un dos eixos de actuación da Consellería de Política Social. Galicia dispón dun total de 22.316 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, situándose a ratio de prazas para nenos de 0 a 3 anos máis do 37%. Isto é catro puntos por riba da cobertura aconsellada pola Unión Europea.

 

Neste sentido, a constitución dunha rede pública galega de centros de educación infantil de 0 a 3 anos como proxecto artellado e de calidade en que participen as entidades privadas de iniciativa social é peza fundamental para o logro deste obxectivo. Esta orde de axudas ten como finalidade materializar neste momento de redifinición do modelo da educación infantil de 0 a 3 anos a contribución da administración galega ao sostemento dos centros existentes e fomentar así a mellora da súa calidade.

 

PAN Concilia

O reforzamento desta liña de axudas ás escolas infantís de iniciativa social enmarcase dentro da área PAN-Concilia do Programa de Apoio á Natalidade (PAN), un programa que procura dar resposta ás necesidades das nais e dos pais galegos, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito integral e continuo mediante axudas e incentivos fiscais para afrontar os gastos que supón o nacemento dun fillo ou filla, o desenvolvemento de medidas de conciliación que faciliten o acceso e a permanencia no mercado de traballo e a posta a disposición de recursos e servizos tanto sociais como sanitarios. Deste xeito o PAN estrutúrase en tres grandes áreas de acción como son o PAN-Axudas, o PAN-Concilia e o PAN-Servizos.

 

O PAN-Concilia  alberga accións de sensibilización e medidas como o incremento de prazas na rede pública de escolas infantís, as casas niño, as axudas para accións de conciliación, o distintivo para establecementos que apoien á atención dos nenos e nenas, o Bono Coidado, o Bono Conciliación, un proxecto para a apertura de escolas infantís en parques empresariais ou a aposta pola flexibilidade horaria e o teletraballo.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: