O PROGRAMA BONO CONCILIA AXUDARÁ ÁS FAMILIAS A PAGAR O CUSTO DUNHA ESCOLA INFANTIL NON SOSTIDA CON FONDOS PÚBLICOS CON AXUDAS QUE OSCILARÁN ENTRE OS 45 E 0S 250 EUROS MENSUAIS

  • 160516 DX Familia Bono ConciliaA Xunta de Galicia incrementou en máis dun 105% a partida económica destinada este ano a esta convocatoria con respecto á anterior, alcanzado un orzamento global de preto de 3,5 millóns de euros
  • Unha das principais novidades desta nova orde é a posibilidade da concesión do Bono Concilia ás familias solicitantes que obtiveran unha praza pública se o horario demandando porque ambos proxenitores traballan en quedas de tarde ou quendas rotativas non coincide co de apertura da escola infantil
  • O obxectivo desta medida é ampliar o número de prazas de 0 a 3 anos sostidas con fondos públicos para así ir eliminando as listas de espera
  • O Bono Concilia insírese nun paquete de medidas máis amplo de apoio á infancia, e ás familias, así como para procurar a dinamización demográfica: o Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia)

 

Ourense e Lugo, 16 de maio de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, continúa coa rolda de visitas ás catro provincias galegas co obxectivo de dar a coñecer o Bono Concilia, medida impulsada polo  Goberno galego que ten por obxecto contribuír ao pago do custo da escola infantil no suposto de quedar sen praza nunha sostida con fondos públicos ou residir nunha localidade onde non existan centros sostidos con fondos públicos. Así, e tras estar a semana pasada en Pontevedra, Vigo e A Coruña, na xornada de hoxe a directora xeral estivo primeiro en Ourense acompañada da delegada territorial nesta provincia, María Sol Díaz Mouteira; e despois en Lugo co xefe territorial Alberto Linares.

 

En dúas comparecencias ante os medios de comunicación, González Méndez informou de que a Administración autonómica mantén aberto ata o vindeiro día 30 de maio o prazo para que os pais e nais soliciten o Bono Concilia, que consiste nunha cantidade mensual que se fixará en función da renda per cápita da unidade familiar e que oscilará entre os 250 euros mensuais para unha praza en réxime de xornada completa con servizo de comedor para as rendas máis baixas e os 45 euros mensuais para as rendas máis altas. Esta axuda económica, que se enmarca dentro do Programa de Apoio á Natalidade de Galicia (PAN Galicia), vai dirixida a colaborar cos pais e nais no pago das mensualidades nunha escola infantil non financiada con fondos públicos por un período de tempo máximo de 11 meses.

 

No que atinxe as condicións para beneficiarse do Bono Concilia, estas pasan por residir en Galicia, ter fillos e fillas menores de 3 anos a 31 de decembro de 2016 e ter solicitado praza nunha escola infantil sostida con fondos públicos para o vindeiro curso 2016-2017 exercendo a opción do Bono Concilia. Así mesmo, deben de estar nunha das seguintes situacións: quedar en lista de espera; obter praza pero que o horario demandado non coincida coa apertura da escola infantil sempre que ambos proxenitores traballen en quenda de tarde ou en quendas rotativas ou obter a praza e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida. Ademais, poden solicitar esta axuda aquelas familias que se teñan beneficiado da axuda do extinto programa Cheque infantil no curso escolar 2015-2016 e desexen a súa renovación ao abeiro da orde do Bono Concilia; así como aquelas que residan en municipios onde non existan escolas infantís para nenos e nenas entre os 0 e 3 anos sostidas con fondos públicos.

 

Novidades da convocatoria

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica destacou o reforzo económico que experimenta este programa na nova convocatoria arestora en marcha, a cal dispón dun orzamento global de preto de 3,5 millóns de euros. Esta cantidade supón un incremento de máis do 105% con respecto á orde anterior. “Con esta medida estamos a ampliar a oferta de prazas sostidas con fondos públicos coa intención de ir eliminando as listas de espera na rede autonómica de escolas infantís de 0 a 3 anos”, sinalou González Méndez.

 

Pero ademais de dispoñer dunha maior partida económica que en convocatorias pasadas, a nova orde do Bono Concilia recolle outras melloras que teñen por finalidade que se poidan beneficiar desta axuda o maior número de pais e nais. Entre estas novidades destaca a posibilidade de concesión do Bono Concilia ás persoas solicitantes que obtiveran unha praza pública e o horario demandado porque ambos proxenitores traballan en quendas de tarde ou en quendas rotativas non coincida co de apertura da escola infantil ou a posibilidade de que aquelas familias que residan en concellos onde non existan escolas 0-3 sostidas con fondos públicos poidan presentar solicitudes fóra do prazo establecido nesta orde cando nelas se produza un nacemento, acollemento ou adopción con posterioridade á finalización do dito prazo. Así mesmo, a actual convocatoria favorece o dereito á escolarización de irmáns ou irmás no mesmo centro xa que as familias que teñan un fillo ou filla que renova a axuda e á súa vez obteñan praza pública para un irmán (tendo marcada  a opción do Bono Concilia) daráselles directamente a posibilidade de optar ao dito bono para que poidan escolarizar a todos os fillos no mesmo centro.

 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro día 30 de maio. Unha vez notificada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias dispoñen dun prazo de quince días naturais para presentar na xefatura territorial da Consellería de Política Social o xustificante de matrícula do centro onde vai acudir a nena ou o neno e a declaración de ter percibido ou non outras axudas para este mesmo fin.

 

Recurso educativo e de conciliación

O Bono Concilia forma parte dun ambicioso paquete de medidas que está a desenvolver a Consellería de Política Social no eido do apoio ás familias e á infancia: o Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia), que abrangue axudas directas, accións para o fomento da conciliación e servizos, e que tamén ten como obxectivo favorecer a dinamización demográfica.

 

Así, outras medidas incluídas no PAN Galicia e que son complementarias entre elas son: a Tarxeta Benvida; as dedución fiscais por nacemento ou adopción; a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo e sucesivos; o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís; a posta en marcha de Casas Niño no rural; o Bono Coidado ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega.

 

Precisamente, na súa intervención a directora xeral fixo especial fincapé na importancia que teñen as escolas infantís como recurso educativo e para permitir a verdadeira conciliación da  vida familiar e laboral. Neste sentido, o vindeiro curso escolar 2016-2017 Galicia contará con máis de 22.300 prazas públicas ou financiadas con fondos públicos en escolas infantís. Isto supón un aumento de catro puntos da cobertura deste servizo que chegará a máis do 37%, o que sitúa á Comunidade Autónoma por riba da media aconsellada pola Unión Europea.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: