A XUNTA COLABORA COA FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO PARA REPARTIR ESTE VERÁN 1.000 CORTAVENTOS REFLECTANTES QUE GARANTAN A VISIBILIDADE DOS DEPORTISTAS NAS ESTRADAS E AUMENTEN A SÚA SEGURIDAE

  • clip_image003Vázquez Mourelle destaca que esta colaboración é froito do diálogo e da preocupación prioritaria do Goberno galego pola seguridade viaria
  • Salienta que a protección dos usuarios vulnerables das estradas é un obxectivo estratéxico do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 aprobado pola Xunta

 

Santiago, 18 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia colaborará coa Federación Galega de Ciclismo no reparto de cortaventos reflectantes destinados a garantir a visibilidade dos deportistas nas estradas e a aumentar a súa seguridade. Ese é o obxecto do convenio que esta mañá asinou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, co presidente deste colectivo, Juan Carlos Muñiz, e que presentou como froito do diálogo e da preocupación prioritaria do Goberno galego pola seguridade viaria.
A titular de Infraestruturas concretou que a Xunta se compromete a facilitarlle á Federación Galega de Ciclismo un mínimo de 1.000 cortaventos reflectantes, a prenda que os propios deportistas consideran adecuada para esta disciplina.

 

Trátase de cortaventos de cor amarelo con reflectantes para garantir a visibilidade en situacións de menos luz e o obxectivo do acordo é que se poidan empezar a repartir este mesmo verán.

 

 

 

 

 

 

 

A conselleira de Infraestruturas salientou que a Xunta leva moito tempo traballando no desenvolvemento de medidas que incrementen a seguridade dos ciclistas,  tanto  deportivos como os que empregan a bicicleta para pasear ou para a súa mobilidade diaria. Aínda que se trata de colectivos con necesidades e riscos diferentes, dixo, todos eles forman parte do colectivo de usuarios vulnerables cuxa protección é obxecto de especial atención no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 que acaba de aprobar a Xunta de Galicia.

 

A conselleira avogou pola colaboración para avanzar na protección dos usuarios vulnerables das estradas a través do diálogo e contando cos expertos en seguridade viaria e con representantes dos deportistas, na procura de solucións de consenso.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: