Concello de Vigo

Caballero proporá a Fomento a humanización de toda a Avenida de Madrid

Despois dunha reunión celebrada o pasado venres entre o goberno de Vigo e o Ministerio, o alcalde anunciou este luns que existe preacordo para reformar a Avenida de Madrid, pendente de definir o escenario final nunha reunión na que Abel Caballero solicitará a Ana Pastor a humanización de toda a vía, desde o Seminario ata a Praza de España.

 

O goberno de Vigo confía en asinar a próxima semana a súa entrada no transporte metropolitano

Segundo informou este luns Abel Caballero, o Concello xa recibiu o convenio de incorporación ao plan de transporte metropolitano, un texto co que «estamos de acordo» e inicia a tramitación previa á súa sinatura, que o alcalde estimou para a próxima semana.

 

O rexedor pide incluír nos programas electorais o rescate do Álvaro Cunqueiro no primeiro ano de mandato

Abel Caballero anunciou o envío dun escrito a todos os partidos que se presenten ás eleccións autonómicas para que introduzan nos seus programas a reversión ao público do hospital de Beade-Valadares no primeiro ano de mandato, «goberne quen goberne» na Xunta de Galicia.

 

O alcalde destaca o «acordo» co comercio vigués na fixación da zona de grande afluencia turística

Os comercios do Casco Vello e Bouzas poderán ampliar o seu horario habitual logo do «acordo significativo» acadado entre o Concello e os representantes do pequeno e mediano comercio vigués. Abel Caballero informou este luns do resultado das reunións mantidas para establecer unha zona de liberalización horaria que non prexudique aos pequenos e medianos establecementos.

 


O Festival Primavera do Cine ábrese a filmes da lusofonía na súa quinta edición

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou este luns a programación do Festival Internacional de cine de Vigo que proxectará 55 curtas e 22 longametraxes ao longo de dez xornadas nas que haberá charlas, retrospectivas de cinema galego, proxeccións para os máis pequenos e unha clase maxistral de Mario Iglesias.

 


Caballero chama á participación na Carreira da Cereixa, do Run Run Vigo, este domingo en Beade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a representantes da organización, con Fina Barreiro, presidenta da Asociación de Veciños, e Jesús Bouzada, director do centro cultural, encabezándoa.

 


Presentación do libro «ELAS» de Aurora Marco e inauguración da exposición que o acompaña

A Concellería de Igualdade organiza ao acto de presentación do libro «Elas» da escritora Aurora Marco, acto que inaugurará a mostra que baixo o mesmo título estará exposta na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura desde o día 18 de maio ata o día 19 de xuño. O libro é unha compilación de biografías seleccionadas ad hoc, que permite ter unha visión do papel determinante que tiveron na sociedade do seu tempo as mulleres galegas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: