Archive | mayo 19, 2016

Comunicado Carta Social Europea.

«A non ratificación da Carta Social Europea de 1996 é unha mostra do escaso compromiso de España coa democracia e os dereitos humanos»

 

A Carta Social Europea, adoptada en 1961 no seo do Consello de Europa, é un tratado internacional que garante os dereitos sociais e económicos ao traballo, á vivenda, á saúde e á educación, entre outros. Foi complementada en 1995 cun Protocolo de reclamacións colectivas que permite aos sindicatos e outras organizacións recorrer as disposicións estatais en instancias internacionais.

 

O Reino de España ratificou a Carta Social en 1980 e o Protocolo adicional de 1988 en xaneiro de 2000. Porén, segue sen aceptar o Protocolo de Reclamacións Colectivas de 1995, que non foi nin asinado nin ratificado. Ademais, a versión da Carta revisada de 1996, que foi asinada en outubro de 2000, non foi aínda ratificada. Entre os preceptos non ratificados, algúns presentan epígrafes tan significativas como: «dereito á protección fronte ao despedimento», «dereito á dignidade no traballo», «dereito a protección fronte á pobreza e exclusión social» ou «dereito á vivenda».

 

Trátase, xa que logo, de normas de gran importancia para a defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras. O organismo de control da Carta, o Comité Europeo de Dereitos Sociais, ten capacidade para fiscalizar as decisións dos estados membros en materia de dereitos sociais, o que nos abriría, en opinión de CIG e ELA, novas posibilidades para combater a actual ofensiva de demolición do dereito do traballo e da protección social, por exemplo, os efectos máis perversos e inxustos das últimas reformas laborais.

 

A asunción de obrigas internacionais, mediante a ratificación dos tratados máis avanzados, é un bo indicador do compromiso dos estados cos dereitos humanos e as garantías democráticas. O Estado español forma parte do «grupo da vergoña» (nove estados dun total de corenta e tres) que seguen sen ratificar a Carta Social Europea (revisada) e o Protocolo de Reclamacións Colectivas.

 

Os sindicatos CIG e ELA imos promover ante os parlamentos de Galiza e Hego Euskal Herria (Gasteiz e Iruña) que adopten resolucións instando o Parlamento español a que poña fin a esta situación, que coloca os pobos galego e vasco, así como o resto de pobos do Estado, nunha situación de clara desvantaxe para a protección e defensa dos seus dereitos, en relación cos doutros países do contorno europea.

 

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016.

 

Comité Executivo de ELA

Executiva Confederal de CIG

O cantautor arxentino Alberto Cortez chega ao Teatro Afundación de Vigo coa súa xira «El regreso»

Alberto Cortez 2O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá venres, 20 de maio, ás 20.30 h, un concerto do cantautor arxentino Alberto Cortez, enmarcado dentro da súa xira «El regreso» coa que volve aos escenarios tras tres anos de descanso. Así, cunha especial posta en escena, Cortez presentará unha exclusiva selección do seu repertorio, interpretado a voz e piano, na que destacan cancións tan esenciais da súa carreira musical como El abuelo, Callejero, Mi árbol y yo, Castillos en el aire, En un rincón del alma ou Las palmeras, entre moitas outras. «Un espectáculo concibido para chegar directamente ao corazón e á alma: Cortez en estado puro», así se presenta a nova xira deste intérprete, compositor e poeta.  As entradas pódense adquirir a través da web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

A XUNTA DE GALICIA SORTEOU HOXE 3 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA CUALIFICADAS COMO CASCO HISTÓRICO NA ZONA VELLA DE VIGO

  • _MG_2682Están ubicadas na rúa Subida ao Castelo 14-16 e Ferrería 39-41
  • Son todas dun dormitorio e se adxudican en réxime de aluguer para unidades familiares de 1 ou 2 membros e con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos
  • As listas provisionais cos nomes dos 3 adxudicatarios e os reservas exporanse na web do IGVS e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo e do Instituto

 

Vigo, 19 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, sorteou hoxe entre os inscritos no Rexistro de Demandantes un total de 3 vivendas de promoción pública (VPP) cualificadas como casco histórico na zona vella de Vigo. Trátase de vivendas que estaban en aluguer e que foron recuperadas tras quedar vacantes polos anteriores adxudicatarios.

 

As 3 vivendas que se adxudicaron hoxe entre os inscritos no réxime de VPP en Cascos Históricos para a cidade olívica están ubicadas na rúa Subida ao Castelo 14-16 e Ferrería 39-41. Dúas delas, concretamente as de Subida ao Castelo, son propiedade e serán xestionadas posteriormente polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) mentres que a vivenda ubicada en Ferrería é propiedade do IGVS.

 

Pola tipoloxía do réxime de cualificación –vivendas de promoción pública cualificadas en casco histórico- ditas vivendas se sortean en condicións especiais para unidades familiares compostas por 1 ou 2 membros e con idades comprendidas entre 18 e 35 anos. Todas elas son dun dormitorio e se adxudican en réxime de aluguer.

 

O sorteo, público e ante notario, tivo lugar hoxe no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta e nel estivo presente o delegado da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ignacio López-Chaves.

 

Tras o sorteo, déronse a coñecer as listas provisionais cos nomes dos 3 adxudicatarios ademais de quedar conformada unha lista de espera de ata 50 persoas demandantes seleccionados entre todos os que figuren inscritos ou con solicitude de inscrición presentada ata a data da resolución de inicio do procedemento, o 26 de abril, e que estean anotados na opción de aluguer para VPP en núcleos históricos da cidade de Vigo.

 

As listas provisionais serán publicadas na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo e das dependencias do IGVS en Vigo e Pontevedra, dando aos interesados que se consideren prexudicados un prazo de dez días para a presentación de alegacións ou reclamacións. Paralelamente, os técnicos da Xunta comprobarán o cumprimento dos requisitos por parte dos incluídos na lista de adxudicatarios.

 

UN LIBRO QUE REAVIVA EL RECUERDO Y SIRVE DE ARCHIVO DE LA MEMORIA

UN LIBRO QUE REAVIVA EL RECUERDO Y SIRVE DE ARCHIVO DE LA MEMORIAunnamed

El director Carlos Saura recupera la mirada de una década ya lejana de la historia de España, a través del archivo fotográfico del cineasta, en el que se encuentran sus primeras creaciones

España años 50 es un trabajo documental, un álbum fotográfico sobre los pueblos y gentes de España que Carlos Saura fue descubriendo en sus diversos viajes por el país

Un total de 256 páginas que recogen aproximadamente 180 trabajos de Carlos Saura, en blanco y negro

 

Más información: www.lafabrica.com

Misión comercial NAVALIA 2016

En el “Business Center” del evento se producirán más de un centenar de reuniones de negocios con la veintena de empresas gallegas expositoras que han mostrado su interés en participarPresentacion Navalia 28 abril 2014_page9_image54

Vigo, 19/05/2016. La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa arranca su actividad de promoción económica con una misión comercial inversa en Navalia 2016. Astilleros y armadores pesqueros procedentes de Ecuador, Perú (2), Sudáfrica, Uruguay, Paraguay, Israel y Francia, mantendrán más de un centenar de reuniones con una veintena de empresas expositoras que han mostrado su interés en participar. En estos encuentros del “Business Center” participará también Aclunaga, representando a los astilleros que forman parte del Clúster.

La misión comercial inversa, organizada por la Cámara de Comercio y Muestralo SL, empresa responsable de la Feria Internacional de la Industria Naval de Vigo, se desarrollará los días 24 y 25 de mayo en el stand G41 del Ifevi, en horario de 10:00 a 13:30 horas y de 15:00 a 18:00 horas. El departamento de comercio exterior de la institución que preside José García Costas se ha encargado de organizar la agenda de reuniones, a las que se sumará, el día 26 de mayo por la mañana, una visita guiada en barco por la Ría de Vigo para que las empresas extranjeras puedan conocer las instalaciones portuarias y de los astilleros desde otra perspectiva.

SAVE THE DATE! CABELLO/CARCELLER, MARCO VIGO

SAVE THE DATE! CABELLO/CARCELLER, MARCO VIGOunnamed

O financiamento de ABANCA ás empresas galegas xera un impacto do 11,13% sobre o PIB da comunidade

  • Os recursos canalizados polo banco ao tecido produtivo galego supuxeron un impacto de 6.210 millóns en valor engadido bruto en 2015
  • En termos de emprego o impacto cífrase en 131.900 persoas, o 11,82% dos postos totais
  • A actividade vinculada máis directamente ao funcionamento do banco tradúcese nun impacto do 1,42% do PIB e do 1,43% do emprego de Galicia
  • A entidade dispón de 3.030 provedores na comunidade, aos que proporciona unha facturación anual total de 167 millóns de euros
20160519-abanca-impacto-galicia-1
Pedro Veiga. director xeral adxunto de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA, e Melchor Fernández, profesor da USC e coordinador do Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME), durante a presentación do Informe.

20160519-abanca-impacto-galicia-2
 

20160519-abanca-impacto-galicia-gl
 

O volume de financiamento mantido por ABANCA coas empresas e autónomos galegos a peche de 2015 supón un impacto equivalente ao 11,13% do PIB da comunidade. En termos de emprego, o apoio do banco galego ao tecido produtivo de Galicia a través de financiamento tradúcese nun impacto cuantificable en 131.900 postos de traballo, o 11,82% do total da comunidade.

O estudo que dá lugar a estes resultados foi realizado con datos de 2015 polo Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME), adscrito ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela.

Baixo a coordinación do profesor e investigador Melchor Fernández, o traballo ofrece unha estimación do impacto total resultante da actividade do banco sobre a renda e o emprego da comunidade autónoma de Galicia. Para cuantificalo tivéronse en conta dúas vías de influencia de ABANCA sobre a economía galega: en primeiro lugar, a súa actividade corporativa, que engloba as rendas salariais, a contratación de provedores, o mecenado e o pago de impostos; e en segundo, a actividade desenvolvida polas empresas ás que ABANCA proporciona financiamento.

Financiamento a empresas

ABANCA mantiña a peche de 2015 un volume de financiamento ao tecido empresarial galego de 8.035 millóns de euros. A entidade galega proporciona recursos para o desenvolvemento da súa actividade a 85.216 empresas e autónomos da comunidade, que en total empregan a 537.728 persoas. En termos porcentuais, o financiamento concedido por ABANCA chega ao 35% das empresas e autónomos galegos, repercutindo desta maneira sobre o 48% do emprego total da comunidade.

O financiamento concedido polo banco con sede en Galicia tradúcese nun impacto sobre a economía da comunidade, expresado en valor engadido bruto, de 6.210 millóns de euros, un 11,13% do PIB.

En emprego este impacto cífrase en 131.900 postos de traballo, o 11,82% do total xerado polas empresas e autónomos radicados na comunidade.

A XUNTA REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA VÍA DE ALTAS PRESTACIÓNS DO BAIXO MIÑO, CUXA EXECUCIÓN DO ENLACE DE AREAS SE INICIARÁ O VINDEIRO ANO

  • Menéndez indica que na actualidade estase a redactar o prego para a licitación nas vindeiras datas do proxecto construtivo deste novo enlace
  • Destaca o investimento de 60 millóns de euros no treito Goián- A Guarda grazas ao que o Baixo Miño conta dende 2014 con 10 km de vía de altas prestacións cos que 6.000 vehículos diarios ven mellorados os tempos de percorrido

 

Santiago, 18 de maio de 2016.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas, (AXI), Francisco Menéndez, reafirmou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia o compromiso da Xunta de avanzar na VAP Tui- A Guarda e destacou que a execución do enlace de Areas se iniciará o vindeiro ano.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente o anuncio polo que somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado e a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados deste novo treito. Na actualidade estase a redactar o prego para a licitación nas vindeiras datas do proxecto construtivo.

Menéndez destacou que tal e como informou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, aos alcaldes do Baixo Miño, a vontade é seguir avanzando, agora que a solvencia económica da Xunta o permiten, comezando polos investimentos máis urxentes e que maiores beneficios dean á cidadanía. Así, logo dunha análise técnica, funcional e social, determinouse que o  primeiro tramo que hai que retomar é o que afecta ao Concello de Tui, no polígono de Areas, onde conflúen a futura VAP á Guarda, a Autovía A-55 que une Vigo con Portugal, a N-551 que leva á ponte internacional e a  PO-552 que vertebra o Baixo Miño.

O director da AXI subliñou que a pesar da recesión económica dos últimos anos, a Xunta investiu 60 millóns de euros no treito que une Goián coa Guarda e grazas a ese investimento, dende o ano 2014, o Baixo Miño conta con 10 km de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.

Francisco Menéndez explicou que coa fin de optimizar a execución dos orzamentos, a Axencia Galega de Infraestruturas propuxo en febreiro a modificación da anualidade 2016 do Fondo de Compensación Interterritorial, que foi autorizada pola Consellería de Facenda. Trátase de cartos procedentes do FCI que o Goberno central transfire á comunidade para financiar determinados proxectos e requiren dunha xestión e unha xustificación esixentes e que, polo tanto, deben ser asignados ás actuacións que maiores facilidades teñan para o cumprimento dos seus requisitos. Non obstante, o director concretou que o cambio no destino do FCI non muda a determinación da Xunta de Galicia co eixo Tui-A Guarda.

JEOSM Y PÉREZ REVERTE PONEN VOZ A LOS ESCRITORES DE GRAFITI EN «GUERREROS URBANOS»

unnamedGuerreros urbanos retrata las figuras y el trabajo de los escritores de grafiti a dos voces. Una fotográfica, perteneciente a Jeosm; otra narrativa, del novelista y académico Arturo Pérez-Reverte

Jeosm y Arturo Pérez-Reverte muestran el lado humano del grafiti, en una narración que va desde el momento de acecho hasta la finalización del grafiti

El libro recoge un centenar de imágenes, en blanco y negro, realizadas entre 2011 y 2015 en diferentes ciudades de Europa

Guerreros urbanos es un reportaje fotográfico que nace con el objetivo de acercar la realidad del mundo del grafiti y sus escritores 

El arte y la acción callejera se unen en un único volumen en el que la imagen es la protagonista

 

Más información: www.lafabrica.com

 

Concerto da Real Filharmonía de Galicia en Afundación Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá xoves 19 de maio, en Vigo, un novo concerto da tempada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Maxim Emelyanychev. O recital, composto por obras de Ravel, Fauré, Poulenc e Beethoven, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, á parte da política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas, este concerto enmárcase dentro do programa «Quedamos non palco, quedamos coa clásica» co que se pon á disposición dos centros educativos de ESO e bacharelato entradas gratuítas. Os centros poden solicitalas no teléfono 988 391 746 ou no correo quedamosnopalco@afundacion.org. O mesmo programa tamén ofrece entradas con desconto para os menores de 35 anos media hora antes de cada concerto no despacho de billetes do teatro.