A XUNTA DE GALICIA SORTEOU HOXE 3 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA CUALIFICADAS COMO CASCO HISTÓRICO NA ZONA VELLA DE VIGO

  • _MG_2682Están ubicadas na rúa Subida ao Castelo 14-16 e Ferrería 39-41
  • Son todas dun dormitorio e se adxudican en réxime de aluguer para unidades familiares de 1 ou 2 membros e con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos
  • As listas provisionais cos nomes dos 3 adxudicatarios e os reservas exporanse na web do IGVS e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo e do Instituto

 

Vigo, 19 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, sorteou hoxe entre os inscritos no Rexistro de Demandantes un total de 3 vivendas de promoción pública (VPP) cualificadas como casco histórico na zona vella de Vigo. Trátase de vivendas que estaban en aluguer e que foron recuperadas tras quedar vacantes polos anteriores adxudicatarios.

 

As 3 vivendas que se adxudicaron hoxe entre os inscritos no réxime de VPP en Cascos Históricos para a cidade olívica están ubicadas na rúa Subida ao Castelo 14-16 e Ferrería 39-41. Dúas delas, concretamente as de Subida ao Castelo, son propiedade e serán xestionadas posteriormente polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) mentres que a vivenda ubicada en Ferrería é propiedade do IGVS.

 

Pola tipoloxía do réxime de cualificación –vivendas de promoción pública cualificadas en casco histórico- ditas vivendas se sortean en condicións especiais para unidades familiares compostas por 1 ou 2 membros e con idades comprendidas entre 18 e 35 anos. Todas elas son dun dormitorio e se adxudican en réxime de aluguer.

 

O sorteo, público e ante notario, tivo lugar hoxe no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta e nel estivo presente o delegado da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ignacio López-Chaves.

 

Tras o sorteo, déronse a coñecer as listas provisionais cos nomes dos 3 adxudicatarios ademais de quedar conformada unha lista de espera de ata 50 persoas demandantes seleccionados entre todos os que figuren inscritos ou con solicitude de inscrición presentada ata a data da resolución de inicio do procedemento, o 26 de abril, e que estean anotados na opción de aluguer para VPP en núcleos históricos da cidade de Vigo.

 

As listas provisionais serán publicadas na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo e das dependencias do IGVS en Vigo e Pontevedra, dando aos interesados que se consideren prexudicados un prazo de dez días para a presentación de alegacións ou reclamacións. Paralelamente, os técnicos da Xunta comprobarán o cumprimento dos requisitos por parte dos incluídos na lista de adxudicatarios.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: