A XUNTA REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA VÍA DE ALTAS PRESTACIÓNS DO BAIXO MIÑO, CUXA EXECUCIÓN DO ENLACE DE AREAS SE INICIARÁ O VINDEIRO ANO

  • Menéndez indica que na actualidade estase a redactar o prego para a licitación nas vindeiras datas do proxecto construtivo deste novo enlace
  • Destaca o investimento de 60 millóns de euros no treito Goián- A Guarda grazas ao que o Baixo Miño conta dende 2014 con 10 km de vía de altas prestacións cos que 6.000 vehículos diarios ven mellorados os tempos de percorrido

 

Santiago, 18 de maio de 2016.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas, (AXI), Francisco Menéndez, reafirmou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia o compromiso da Xunta de avanzar na VAP Tui- A Guarda e destacou que a execución do enlace de Areas se iniciará o vindeiro ano.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente o anuncio polo que somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado e a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados deste novo treito. Na actualidade estase a redactar o prego para a licitación nas vindeiras datas do proxecto construtivo.

Menéndez destacou que tal e como informou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, aos alcaldes do Baixo Miño, a vontade é seguir avanzando, agora que a solvencia económica da Xunta o permiten, comezando polos investimentos máis urxentes e que maiores beneficios dean á cidadanía. Así, logo dunha análise técnica, funcional e social, determinouse que o  primeiro tramo que hai que retomar é o que afecta ao Concello de Tui, no polígono de Areas, onde conflúen a futura VAP á Guarda, a Autovía A-55 que une Vigo con Portugal, a N-551 que leva á ponte internacional e a  PO-552 que vertebra o Baixo Miño.

O director da AXI subliñou que a pesar da recesión económica dos últimos anos, a Xunta investiu 60 millóns de euros no treito que une Goián coa Guarda e grazas a ese investimento, dende o ano 2014, o Baixo Miño conta con 10 km de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.

Francisco Menéndez explicou que coa fin de optimizar a execución dos orzamentos, a Axencia Galega de Infraestruturas propuxo en febreiro a modificación da anualidade 2016 do Fondo de Compensación Interterritorial, que foi autorizada pola Consellería de Facenda. Trátase de cartos procedentes do FCI que o Goberno central transfire á comunidade para financiar determinados proxectos e requiren dunha xestión e unha xustificación esixentes e que, polo tanto, deben ser asignados ás actuacións que maiores facilidades teñan para o cumprimento dos seus requisitos. Non obstante, o director concretou que o cambio no destino do FCI non muda a determinación da Xunta de Galicia co eixo Tui-A Guarda.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: