Comunicado Carta Social Europea.

«A non ratificación da Carta Social Europea de 1996 é unha mostra do escaso compromiso de España coa democracia e os dereitos humanos»

 

A Carta Social Europea, adoptada en 1961 no seo do Consello de Europa, é un tratado internacional que garante os dereitos sociais e económicos ao traballo, á vivenda, á saúde e á educación, entre outros. Foi complementada en 1995 cun Protocolo de reclamacións colectivas que permite aos sindicatos e outras organizacións recorrer as disposicións estatais en instancias internacionais.

 

O Reino de España ratificou a Carta Social en 1980 e o Protocolo adicional de 1988 en xaneiro de 2000. Porén, segue sen aceptar o Protocolo de Reclamacións Colectivas de 1995, que non foi nin asinado nin ratificado. Ademais, a versión da Carta revisada de 1996, que foi asinada en outubro de 2000, non foi aínda ratificada. Entre os preceptos non ratificados, algúns presentan epígrafes tan significativas como: «dereito á protección fronte ao despedimento», «dereito á dignidade no traballo», «dereito a protección fronte á pobreza e exclusión social» ou «dereito á vivenda».

 

Trátase, xa que logo, de normas de gran importancia para a defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras. O organismo de control da Carta, o Comité Europeo de Dereitos Sociais, ten capacidade para fiscalizar as decisións dos estados membros en materia de dereitos sociais, o que nos abriría, en opinión de CIG e ELA, novas posibilidades para combater a actual ofensiva de demolición do dereito do traballo e da protección social, por exemplo, os efectos máis perversos e inxustos das últimas reformas laborais.

 

A asunción de obrigas internacionais, mediante a ratificación dos tratados máis avanzados, é un bo indicador do compromiso dos estados cos dereitos humanos e as garantías democráticas. O Estado español forma parte do «grupo da vergoña» (nove estados dun total de corenta e tres) que seguen sen ratificar a Carta Social Europea (revisada) e o Protocolo de Reclamacións Colectivas.

 

Os sindicatos CIG e ELA imos promover ante os parlamentos de Galiza e Hego Euskal Herria (Gasteiz e Iruña) que adopten resolucións instando o Parlamento español a que poña fin a esta situación, que coloca os pobos galego e vasco, así como o resto de pobos do Estado, nunha situación de clara desvantaxe para a protección e defensa dos seus dereitos, en relación cos doutros países do contorno europea.

 

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016.

 

Comité Executivo de ELA

Executiva Confederal de CIG

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: