O financiamento de ABANCA ás empresas galegas xera un impacto do 11,13% sobre o PIB da comunidade

  • Os recursos canalizados polo banco ao tecido produtivo galego supuxeron un impacto de 6.210 millóns en valor engadido bruto en 2015
  • En termos de emprego o impacto cífrase en 131.900 persoas, o 11,82% dos postos totais
  • A actividade vinculada máis directamente ao funcionamento do banco tradúcese nun impacto do 1,42% do PIB e do 1,43% do emprego de Galicia
  • A entidade dispón de 3.030 provedores na comunidade, aos que proporciona unha facturación anual total de 167 millóns de euros
20160519-abanca-impacto-galicia-1
Pedro Veiga. director xeral adxunto de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA, e Melchor Fernández, profesor da USC e coordinador do Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME), durante a presentación do Informe.

20160519-abanca-impacto-galicia-2
 

20160519-abanca-impacto-galicia-gl
 

O volume de financiamento mantido por ABANCA coas empresas e autónomos galegos a peche de 2015 supón un impacto equivalente ao 11,13% do PIB da comunidade. En termos de emprego, o apoio do banco galego ao tecido produtivo de Galicia a través de financiamento tradúcese nun impacto cuantificable en 131.900 postos de traballo, o 11,82% do total da comunidade.

O estudo que dá lugar a estes resultados foi realizado con datos de 2015 polo Grupo de Análise e Modelización Económica (GAME), adscrito ao Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela.

Baixo a coordinación do profesor e investigador Melchor Fernández, o traballo ofrece unha estimación do impacto total resultante da actividade do banco sobre a renda e o emprego da comunidade autónoma de Galicia. Para cuantificalo tivéronse en conta dúas vías de influencia de ABANCA sobre a economía galega: en primeiro lugar, a súa actividade corporativa, que engloba as rendas salariais, a contratación de provedores, o mecenado e o pago de impostos; e en segundo, a actividade desenvolvida polas empresas ás que ABANCA proporciona financiamento.

Financiamento a empresas

ABANCA mantiña a peche de 2015 un volume de financiamento ao tecido empresarial galego de 8.035 millóns de euros. A entidade galega proporciona recursos para o desenvolvemento da súa actividade a 85.216 empresas e autónomos da comunidade, que en total empregan a 537.728 persoas. En termos porcentuais, o financiamento concedido por ABANCA chega ao 35% das empresas e autónomos galegos, repercutindo desta maneira sobre o 48% do emprego total da comunidade.

O financiamento concedido polo banco con sede en Galicia tradúcese nun impacto sobre a economía da comunidade, expresado en valor engadido bruto, de 6.210 millóns de euros, un 11,13% do PIB.

En emprego este impacto cífrase en 131.900 postos de traballo, o 11,82% do total xerado polas empresas e autónomos radicados na comunidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: