A CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL ASISTIRÁ AO CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO NO QUE PARTICIPARÁN ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS

  • Celebrarase o vindeiro venres 20 de maio no Centro de Innovación e Servizos de Galicia en Ferrol

Santiago, 19 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela asistirá ao Congreso Galego de Voluntariado que se celebrará este venres día 20 de maio no Centro de Innovación e Servizos de Galicia en Ferrol e no que se darán cita a administración autonómica, as entidades de acción voluntaria e as institucións educativas, así como persoas voluntarias e técnicos de promoción e xestión do voluntariado.

O obxectivo desta xornada é dar visibilidade ás experiencias e boas prácticas relacionadas con diferentes tipos de acción voluntaria e promocionar a labor das persoas e das entidades que realizan accións de voluntariado. Para elo, levaranse a cabo diferentes actividades como o visionado da curtametraxe “Vida” que trata o mundo das persoas con capacidades distintas; ou como a presentación do Proxecto de voluntariado miúdo “Móvete” na que participarán o CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa), CPI Virxe da Cela (Monfero) e CEIP das Fontiñas (Santiago de Compostela). Así mesmo, o congreso contará con dous espazos interactivos: un no que se poderán coñecer os proxectos solidarios e de acción voluntaria máis relevantes e outro no que se os e as participantes desenvolverán un traballo a prol da solidariedade a través de diferentes formatos creativos.

 

O Congreso dará comezo ás 10:30 horas coa conferencia “As ferramentas do Voluntariado” a cargo do doutor en Socioloxía César García- Rincón de Castro.

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: