A XUNTA LICITA AS OBRAS DE RENOVACIÓN DA DRENAXE NA ESTRADA PO-552, AO SEU PASO POLO CONCELLO DE OIA, POR UN IMPORTE DE PRETO DE 122.000 EUROS

  • As actuacións centraranse na optimización do sistema de drenaxe clip_image002transversal no PK 30+500, así como a recuperación do dominio público hidráulico do Río Seco, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións e afeccións á estrada
  • Os traballos consistirán na execución dun novo marco de tamaño superior baixo a estrada e unha canle que teña suficiente capacidade de desaugue no caso de arrastre de material
  • O prazo de execución destes traballos é de dous meses aproximadamente

 

Santiago, 20 de maio de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de renovación da drenaxe na estrada Vigo- Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia, por un importe de preto de 122.000 euros.

 

As empresas interesadas na realización destas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 15 de xuño. O prazo de execución destes traballos é de dous meses aproximadamente. No seguinte enlace pode consultarse máis información sobre o anuncio que hoxe publica o DOG: http://goo.gl/WbBTQe

 

As actuacións centraranse na mellora do sistema de drenaxe transversal da estrada PO-552 no PK. 30+500, así como a recuperación do dominio público hidráulico do Río Seco, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións e afeccións á estrada existente.

Os traballos consistirán na execución dun novo marco de tamaño superior baixo a estrada e unha canle que teña suficiente capacidade de desaugue no caso de arrastre de material. Así, construirase unha nova obra de drenaxe transversal que substitúa á existente, cun trazado de planta adaptado ao leito orixinal do río, coa fin de recuperar o dominio público hidráulico.

No seguinte plano amósase o treito da estrada PO-552 obxecto das actuacións de mellora que a Xunta de Galicia licita hoxe.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: