A XUNTA REITERA A NECESIDADE DE QUE OS CONCELLOS DA CORUÑA, VIGO E SANTIAGO ACHEGUEN AS SÚAS PRIORIDADES DE RUTAS PARA PODER AVANZAR NA COORDINACIÓN AEROPORTUARIA

  • Os municipios comprometéronse hoxe a remitir antes do mes de maio a información relativa ás axudas actuais ás rutas e facer chegar as súas prioridades a  Aena antes do 15 de xuño
  • Unha vez realizado o estudo técnico por parte de Aena convocaranse aos interesados a una nova reunión

Santiago, 19 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia reiterou hoxe a necesidade de que os concellos da Coruña, Santiago e Vigo acheguen propostas e prioridades de rutas para as súas terminais, co fin de poder avanzar na coordinación aeroportuaria na Comunidade autónoma galega. Así o trasladou a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, na xuntanza do grupo de traballo sobre esta materia que se celebrou esta mañá na Coruña e no que estiveron tamén representados Aena, o Ministerio de Fomento e os Concellos da Coruña, Santiago e Vigo.

 

Nesa xuntanza, os concellos adquiriron o compromiso de remitir á Xunta de Galicia a información sobre as rutas que actualmente se apoian con fondos públicos antes de que remate este mes de maio e, xa antes do 15 de xuño, trasladar a Aena as liñas que consideran prioritarias ou de interese para a súa terminal. Así, una vez realizado o estudo técnico por parte de Aena convocarase aos interesados a una nova reunión, coa finalidade de trazar un mapa de consenso ao longo deste ano.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: