Rexeitan a declaración de Vigo como zona de grande afluencia turística porque permitiría ampliar a liberalización de horarios

A CIG, CCOO e UGT entenden que a medida precarizaría as condicións laborais e iría en detrimento do pequeno comercio, e anuncian protestas se se aplica
Os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT compareceron hoxe en rolda de prensa para amosar o rexeitamento das tres centrais á declaración de Vigo como zona de grande afluencia turística, xa que isto permitiría ampliar a liberalización dos horarios comerciais. Os sindicatos entenden que a única área que podería ser obxecto desta declaración é o perímetro interior do casco histórico e anuncian mobilizacións no caso de que se inclúa a zona onde se ubica o centro comercial A Laxe, xa que se precarizarían as condicións laborais e iría en detrimento do pequeno e mediano comercio.
2016 05 19 LiberalizacionHorariosConcelloVigo

Os tres responsábeis sindicais compareceron esta mañá diante dos dos medios de comunicación no local da UGT na cidade para trasladar publicamente a súa oposición a que Vigo sexa declarada como zona de grande afluencia turística (ZGAT), o que permitiría a liberalización dos horarios comercias. Entenden que esta medida, que é posíbel tras a aprobación por parte da Xunta dun real decreto que modifica a lei 1/2004 de horarios comerciais, iría en detrimento do pequeno e mediano comercio e beneficiaría unicamente as grandes superficies e multinacionais.

Neste senso, denuncian que xa teñen amosado o seu rexeitamento a unha normativa que se demostrou negativa tanto para o emprego no sector comercial, permitindo a precarización das súas condicións laborais, como para o pequeno e mediano tecido comercial local. “Tivemos xuntanzas con representantes do sector no que constatamos este extremo, ademais de comprobar que non existe consenso sobre a proposta do Concello”.

Unicamente o casco histórico

Diante disto, entenden que a único ámbito do termo municipal que podería ser declarado como ZGAT, pola súa “proximidade a áreas portuarias nas que operen cruceiros e rexistren unha afluencia significativa de visitantes” (artigo 5.4.g. da lei 1/2004), é o casco histórico do centro da cidade, no treito correspondente á área interior do perímetro que describen as confluencias das rúas Cánovas del Castillo, Carral, Porta do Sol, Elduayen, San Xulián, Perigos, Anguía e Real.

Dentro desta superficie non existe ningunha grande área comercial, unicamente negocios de menos de 300 metros cadrados, que en virtude la lei de comercio autonómica xa poden establecer os horarios que consideren oportunos.

Consideran que ningunha outra zona da ciade cumpre os requisitos legais establecidos para a declaración de ZGAT, ademais de que suporía un grave prexuízo económico e competitivo ao pequeno e mediano comercio “que constitúe o groso do noso tecido comercial, ameazando a continuidade da súa actividade e o mantemento do emprego”.

Así, adiantan a convocatoria de mobilizacións no caso de que finalmente se opte por incluír o ámbito onde se ubica o centro comercial A Laxe e anuncian que a primeira das protestas podería ser este mesmo luns diante do Concello, cando está previsto que o Goberno local entregue a proposta aos distintos grupos municipais antes da aprobación definitiva no pleno do vindeiro día 30.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: