Venres 20 maio estrea video #AugaParaTodas

augaA auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non deberia estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terribeis como a do corte deste subministro.

O venres 20 de maio ás 12 da maña estreamos un video no que falamos con afectadas polos cortes de auga en Vigo, coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia, e na que escoitaremos tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestiona o acceso ao dereito básico da auga no concello de Vigo.

Queremos escoitar outras voces, visibilizar o que acontece na cidade de Vigo, onde os dinosetos sairon gratis porque foi Aqualia quen os pagou, ademais de se facer cargo de humanizacións de ruas, e onde non existe un protocolo para aquelas persoas que non poden pagar as facturas da auga.

Mañá coa estrea desta peza lanzaremos o hastag #augaparatodas porque é un dereito e porque queremos que rematen os cortes de auga.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: