Archive | mayo 23, 2016

Os centros de maiores Afundación ofrecen os vindeiros meses un programa de rutas históricas para coñecer Galicia

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación), dentro dos seus programas de envellecemento activo, ofrece nos vindeiros meses de xuño e xullo ás persoas maiores de 60 anos, un programa de rutas históricas para coñecer Galicia. Así, e coa finalidade de promover un lecer cultural, saudable e un punto de encontro, comunicación e sociabilidade para os seus participantes, o programa propón visitar os principais monumentos históricos da nosa terra, así como museos e acudir a celebracións tradicionais. Ademais, previamente a cada ruta, realizaranse pequenas clases teóricas con proxeccións audiovisuais sobre o noso patrimonio artístico, natural e inmaterial. O prazo para apuntarse ás viaxes finalizará tres días antes dos días de saída. Os interesados que desexen anotarse poderán facelo dirixíndose a calquera dos centros de maiores de Afundación.

Presentación del I SALON CAROUTLET MOTOROCASION EN SANTIAGO, QUE EXHIBIRÁ 400 COCHES EN AMIO

El recinto de Amio albergará esta feria de vehículos de ocasión, que fue presentada hoy por la concelleira compostelana Marta Lois y el director del salón, José Enrique Elviraoio0001

El I Salón Caroutlet Motorocasión de Santiago tendrá lugar del viernes 27 al domingo 29 de mayo y supondrá reunir por primera vez en un único espacio, en el recinto ferial de Amio, toda la oferta de vehículos de ocasión de buena parte de los concesionarios oficiales compostelanos.

El certamen fue presentado esta mañana por la concelleira compostelana de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, y por el director del salón, Jose Enrique Elvira, que detallaron que la muestra va a reunir hasta 400 automóviles de las diferentes marcas en una superficie total de 4.500 metros cuadrados.

La dinámica comercial de la feria, donde cada día se renuevan los coches vendidos por otros que van entrando, permite esta cantidad total de unidades a la venta, y ‘que quien acuda el domingo pueda hallar el coche que no encontró el viernes’, señaló el director de la feria, ‘por esa constante renovación’.

Esta confluencia de concesionarios oficiales y marcas supone una ventaja para los compradores interesados en coches de ocasión, pues van a encontrar una gran variedad de modelos e incluso diferentes coches del mismo modelo, de forma que puedan comparar y elegir el que más se adapte a sus necesidades.

Las empresas presentes contarán con su red comercial para asesorar y aclarar cuanto detalle requiera el comprador, y para detallar las condiciones, entre las que destacan la garantía de producto de los concesionarios oficiales y, en general, las ofertas que se suelen aplicar en este tipo de certámenes.

La exposición abarcará coches de todos los precios y segmentos, desde utilitarios o familiares hasta todoterreno o deportivos. Serán vehículos con apenas kilómetros en sus marcadores, muchos de ellos procedentes de flotas, dirección, automatriculación, etc.

La feria estará abierta al público el viernes 27 desde las 16,00 horas hasta las 21,00 horas. El sábado y domingo se abrirá desde las 11,00 a las 20,00 horas.

Las entradas costarán sólo 2 euros y el acceso de los niños menores de 10 años será gratis, existiendo amplio aparcamiento gratuito en el propio recinto ferial de Amio.

 

Boletín Novidades Maio 2016 – Editorial Galaxia

Boletín de Novidades da Editorial Galaxia. Maio de 2016
Velaí as nosas novidades para este mes das letras: ensaio, reflexión política, novela histórica, relatos inspiradores e historias incríbles para estimular a imaxinación dos máis pequenos da casa. Tamén vos recordamos que todos os días son bos días para celebrar a Manuel María. Agardamos que gocedes con este menú primaveral.

Novidades Maio 2016

De camiños, viaxeiros e camiñantes
Lamas, Santiago
Mato, Alfonso

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015

Unha reflexión suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. Sobre os peregrinos, paseantes, guías de viaxe, turistas e vagabundos literariso, ademais das actuais e, nalgúns casos, perversas formas de camiñar.

204 páxinas
19.90 €

Raiolas de sol
García Teijeiro, Antonio

Unha mestura de personaxes inesquecibles. Vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Una das obras máis delicadas do autor, de produción, intensa e tamén chea de luz.

88 páxinas
10 €

A fuga a Exipto
Graña, Bernardino

Na liña da novela histórica, neste caso partindo da tradición apócrifa cristiá, Bernardino Graña continúa nesta novela a súa reinterpretación narrativa da vida de Xesús Cristo. Cóntase nela os cinco anos que María, Xosé e o seu fillo pasan en Exipto, escapando da furia de Herodes, rabioso por matar a Xesús, proclamado polo pastores rei de Israel.

228 páxinas
18 €

A boca do monte
Díaz Núñez, Celia

Unha historia sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar.  Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

168 páxinas
11,50 €

A garza insomne
VV.AA.

Relatos finalistas e gañadores do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía entre os anos 2013 e 2015. Narracións asinadas por Adolfo Caamaño, Pedro Larrañaga, Xosé Alfredo Naz Fernández, David Péres Iglesias, Antonio Piñeiro, Juan Tallón, Antón Vázquez e Eduard Velasco. Nove obras literarias que, como un presente, chegan a nós tan diversas como cativadoras.

264 páxinas
14 €

Marta e a píntega
Ríos, Eli

Marta é unha nena á que lle pasan cousas incríbles. Como, por exemplo, saltar ao mundo dos contos. Alí agardan por ela personaxes que coñecemos de sempre e que a necesitan para solucionar un problema ben gordo.

132 páxinas
11,50 €

O Grial 209 titúlase Nova política?Con esa interrogante exprésase que na vertixe dos tempos que estamos a vivir, no mundo enteiro, formular certezas semella unha temeridade. O debate vénse presentando en termos bipolares: tempos vellos versus tempos novos, conflito xeracional, vellas e novas formas, vellas e novas ideas… Pero verdadeiramente podemos dicir que o que estamos a ver é novo? Os cinco ensaios que versan sobre o tema proposto —dos galegos Xaime Subiela e Grial Parga, o catalán Joan Subirats, o portugués Rui Tavares e o grego Iannis Varoufakis— propoñen cadansúa reflexión cunha ollada aberta verbo dalgúns problemas que arestora nos conmocionan.

Celebrando a Manuel María todo o ano

Noticias

Limpeza do entorno do Louro

Limpeza1Os traballos de limpeza do entorno do río Louro ao seu paso polo Porriño van a bo ritmo e, ao tempo que se remata o adecentamento do paseo e das beiras, a alcaldesa, Eva García de la Torre, presentará o vindeiro martes, día 24, ao presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, a memoria pormenorizada das zonas do río, a seu paso polo concello, nas que é necesario acometer obras de emerxencia para a reparación do seu canle e pasos peonís.

A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, iniciou este xoves os traballos de desborde dos camiños do río, dende a Ponte das Almendras ata o albergue, traballos que abranguen corte de maleza, retirada de silvas e saneamento de pontes e sendas e que estarán rematados a principios da semana que ven.

Na actualidade xa están adecentados Cans e Atios ata a Casilla, dende o martes ao venres que ven se acometerá a limpeza de Torneiros e Carracido, e o labor seguirá polo resto de Atios e Budiño, de xeito que entre finais de maio e principio de xuño estea completa a limpeza da totalidade das parroquias da vila.