Boletín Novidades Maio 2016 – Editorial Galaxia

Boletín de Novidades da Editorial Galaxia. Maio de 2016
Velaí as nosas novidades para este mes das letras: ensaio, reflexión política, novela histórica, relatos inspiradores e historias incríbles para estimular a imaxinación dos máis pequenos da casa. Tamén vos recordamos que todos os días son bos días para celebrar a Manuel María. Agardamos que gocedes con este menú primaveral.

Novidades Maio 2016

De camiños, viaxeiros e camiñantes
Lamas, Santiago
Mato, Alfonso

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015

Unha reflexión suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. Sobre os peregrinos, paseantes, guías de viaxe, turistas e vagabundos literariso, ademais das actuais e, nalgúns casos, perversas formas de camiñar.

204 páxinas
19.90 €

Raiolas de sol
García Teijeiro, Antonio

Unha mestura de personaxes inesquecibles. Vellos músicos e mestres e poetas e mentes curiosas dispostas a cambiar a vida para sempre por un verso, por un beixo, por un acorde. Una das obras máis delicadas do autor, de produción, intensa e tamén chea de luz.

88 páxinas
10 €

A fuga a Exipto
Graña, Bernardino

Na liña da novela histórica, neste caso partindo da tradición apócrifa cristiá, Bernardino Graña continúa nesta novela a súa reinterpretación narrativa da vida de Xesús Cristo. Cóntase nela os cinco anos que María, Xosé e o seu fillo pasan en Exipto, escapando da furia de Herodes, rabioso por matar a Xesús, proclamado polo pastores rei de Israel.

228 páxinas
18 €

A boca do monte
Díaz Núñez, Celia

Unha historia sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar.  Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.

168 páxinas
11,50 €

A garza insomne
VV.AA.

Relatos finalistas e gañadores do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía entre os anos 2013 e 2015. Narracións asinadas por Adolfo Caamaño, Pedro Larrañaga, Xosé Alfredo Naz Fernández, David Péres Iglesias, Antonio Piñeiro, Juan Tallón, Antón Vázquez e Eduard Velasco. Nove obras literarias que, como un presente, chegan a nós tan diversas como cativadoras.

264 páxinas
14 €

Marta e a píntega
Ríos, Eli

Marta é unha nena á que lle pasan cousas incríbles. Como, por exemplo, saltar ao mundo dos contos. Alí agardan por ela personaxes que coñecemos de sempre e que a necesitan para solucionar un problema ben gordo.

132 páxinas
11,50 €

O Grial 209 titúlase Nova política?Con esa interrogante exprésase que na vertixe dos tempos que estamos a vivir, no mundo enteiro, formular certezas semella unha temeridade. O debate vénse presentando en termos bipolares: tempos vellos versus tempos novos, conflito xeracional, vellas e novas formas, vellas e novas ideas… Pero verdadeiramente podemos dicir que o que estamos a ver é novo? Os cinco ensaios que versan sobre o tema proposto —dos galegos Xaime Subiela e Grial Parga, o catalán Joan Subirats, o portugués Rui Tavares e o grego Iannis Varoufakis— propoñen cadansúa reflexión cunha ollada aberta verbo dalgúns problemas que arestora nos conmocionan.

Celebrando a Manuel María todo o ano

Noticias

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: