A XUNTA DE GALICIA REITERA O SEU COMPROMISO COA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE DURANTE A PRESENTACIÓN DO LIBRO “LA ACCESIBILIDAD DE LOS MUSEOS: VISIONES Y PERSPECTIVAS”

  • A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron a obra que é o resultado dunha tese doutoral
  • A investigación que deu lugar a este manual busca ser un exemplo de traballo conxunto dos diferentes sectores da sociedade como ferramenta para posibilitar os cambios necesarios para que as entornas resulten máis inclusivas e respectuosas coas persoas

 

Santiago, 25 de abril de 2016.- A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acudiron ao acto de presentación do libro “La accesibilidad de los museos: visiones y perspectivas. Una propuesta de intervención en Galicia”. Ambos representantes institucionais foron os encargados presentar a obra, que é o resultado dunha tese doutoral dirixida por Rosa Margarita Cacheda e Moisés Lamigueiro.

 

A obra busca ser un exemplo de traballo conxunto dos diferentes sectores da sociedade como ferramenta para posibilitar os cambios necesarios para que as entornas resulten máis inclusivas e respectuosas coas persoas. A investigación céntrase nos museos e nos centros de arte, lugares nos que, a pesar da progresiva eliminación das barreiras arquitectónicas dos últimos anos, o proceso para conseguir este obxectivo está a ser lento ou aínda non foi posible a eliminación de todas as barreiras polo seu carácter histórico e patrimonial.

 

Durante a súa intervención, Coro Piñeiro, destacou que os centros onde se desenvolven actividades culturais, deportivas ou de lecer han de favorecer que as persoas discapacitadas poidan acceder aos mesmos. “Promover, protexer e asegurar o pleno gozo dos dereitos humanos e liberdades das persoas con discapacidade é o noso principal obxectivo”, explicou a directora xeral. “A accesibilidade é un dereito e a súa carencia considérase unha vulneración da igualdade de oportunidades, polo que é responsabilidade das institucións, así como tamén da sociedade no seu conxunto, establecer as condicións necesarias para que toda a cidadanía poida desenvolver a súa vida en condicións de igualdade”, engadiu Coro Piñeiro.

 

Pola súa banda, Anxo Lorenzo afirmou durante a presentación “que o acceso á cultura sexa unha realidade para calquera persoa con independencia das súas capacidades é un obxectivo evidente que as administracións temos a obriga de atender e no que queda moitísimo por facer”.

Así mesmo, lembrou que “o conxunto da sociedade, incluídas as administracións, fomos avanzando nos deberes de integración social no conxunto dos ámbitos, tamén no da cultura; pero é certo que existen aínda numerosos espazos sen abrir”. Nese sentido, asegurou que “unha política transversal de atención á diversidade como promove a Xunta de Galicia, de acordo coa Convención das Nacións Unidas, é indispensable para que vaiamos dando novos pasos, de forma constante, para asegurar os dereitos de todas as persoas”.

Cómpre destacar que nos últimos tempos as administracións públicas veñen realizando esforzos para mellorar a accesibilidade nos distintos ámbitos. No caso da Xunta de Galicia o compromiso coa súa mellora é máximo, tendo que subliñarse a aprobación en 2014 polo Parlamento de Galicia e a súa entrada en vigor no mes de marzo de 2015 da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

Ademais, no pasado mes de novembro, o Consello da Xunta aprobou a Estratexia galega sobre Discapacidade 2015-2020, instrumento de planificación que o Goberno da Xunta de Galicia pon ao servizo da comunidade para seguir avanzando na igualdade de oportunidades e na aceptación das diferenzas para un grupo de poboación heteroxéneo con necesidades e demandas diversas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: