Cristina Pato e Esther Viúdez actuarán coa Real Filharmonía de Galicia a vindeira semana en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro venres 3 de xuño, en Vigo, un novo concerto da tempada de música clásica, desta volta coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Paul Daniel e coa gaiteira e pianista Cristina Pato e a oboísta Esther Viúdez como solistas. O recital, composto por obras de James Macmillan, Octavio Vázquez e Tchaikovsky, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web www.ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a entidade ofrece unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas, así como descontos para os menores de 35 anos media hora antes de cada concerto no despacho de billetes do teatro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: