Valentín González inaugura mañá na Sede Afundación en Vigo a mostra «Círculos de Confusión»
O fotógrafo asturiano Valentín González inaugurará mañá, xoves 26 de maio, ás 19.00 h, a exposición «Círculos de confusión», unha selección de trinta obras que ilustran o percorrido creativo deste artista nos últimos 25 anos. A mostra poderá visitarse ata o próximo 25 de xuño, de luns a sábados en horario de 17.30 a 20.30 h.