Archivo | mayo 26, 2016

COMIENZA UN VERANO VERTIGINOSO PARA ANDRÉS CAMPO

  • Termina el mes de mayo con actuaciones en Dubai, Navarra e Ibiza
  • Revivid su sesión de ocho horas en la catedral del techno: F135
  • Todo está a punto para el próximo release de Florida Music
    unnamed
Justo antes de que la temperatura suba de forma definitiva, nos abandonen las lluvias y comience a azotar el sol abrasador, Andrés Campo va dando forma a lo que será esta temporada estival para él, aunque de vacaciones poco. Andrés terminará el mes de mayo este fin de semana con tres actuaciones de altura…
NOVEDADES
Las tres fechas que cierran el mes: el Viernes 27, Andrés volará hasta Dubai, para reventar la pista de baile del emblemático Blue Marlin Dubai; después, Andrés volverá a hacer de Súperman para cruzar de nuevo el mediterráneo y llegar a su set en Basic Klub, en Cintruénigo, Navarra, el sábado 28; para finalmente desembarcar en Ibiza, en una de las fechas más anticipadas de los últimos años: el Opening de Space Ibiza, el domingo 29 de mayo 2016, en su último año de vida tal y como la conocemos, haciendo de esta una fecha todavía más especial para nuestro oscense más internacional.
TRACKS & RELEASES
Pero las tres fechas que cierran este mes no lo son todo, ya que Andrés está preparando la publicación de su siguiente release enFlorida Music. Siendo la referencia 032del sello, este nuevo trabajo correrá a cargo del maestro Campo. El nuevo EP, de nombre‘Numbers’ es enigmático a la par que genial, y de los pocos detalles que sabemos es que saldrá en julio y los títulos de los temas son secuencias numéricas… Siguiendo los pasos de ‘Greyscale EP’, que obtuvo el support de artistas como Umek y Pan-Pot, ‘Numbers EP’ tiene todo lo necesario para seguir la exitosa estela de su predecesor. Podéis escuchar la preview haciendo click en la imagen.
SETS & STREAMING
Y no nos podemos olvidar de la magnífica velada que Andrés nos hizo disfrutar el pasado 9 de abril, con su set especial de 8 horas, 135% Techno Nomads, en la que nuestro residente favorito estuvo toda la noche comandando la cabina de la míticaCatedral del Techno, con un lleno absoluto de pista y agasajando a sus más incondicionales con una riquísima barbacoa previa. Podéis descargar la sesión de la noche haciendo click en la imagen, acceder al álbum de fotos haciendo clickaquí y, más abajo, para el aftermovie.
UPCOMING EVENTS

Aprobación pola Deputación do proxecto de saneamento A Pereira-Contrasto, en Torneiros

Manuel CarreraA Deputación de Pontevedra ven de aprobar o Proxecto de ‘Saneamento na Pereira-Contrasto’, en Torneiros, que fora presentado pola Concellería de Vías e Obras, e que se orzamentará con cargo á Liña 1 do Plan Concellos do organismo provincial.

As obras proxectadas, como lembra o concelleiro Manuel Carrera, abranguen a canalización para conectar coa rede de saneamento a mais de 30 vivendas da zona que na actualidade nos están enganchadas á rede municipal.

O proxecto aprobado, “que estará rematado este mesmo ano”, que suporá un investimento de 150.000€, contempla un colector, por gravidade, con pozos intermedios e conexión a un pozo de rexistro xa existente da rede local na beira do camiño. O colector será de tubaxe de PVC, soterrado nunha gabia ata o devandito pozo de rexistro.

Ademais está prevista a pavimentación da estrada nos tramos afectados pola obra, a da parte superior da gabia, con mestura asfáltica quente de 5 centímetros de grosor, así coma a mellora do firme de varios camiños e pistas do lugar.

Manuel Carrera lembra que o desenrolo desta obra “foi solicitada hai anos polos veciños” e que a mesma “abrangue unha ampla zona de vivendas, deixando rematadas as ligazóns das mesmas coa rede de saneamento do concello”.

O concelleiro salienta que o goberno local segue a traballar na mellora dos servizos, en especial do saneamento, de xeito que, ao remate do mandato desta corporación, a porcentaxe de familias do Porriño que estean enganchadas á rede municipal de saneamento sexa o máis alto posíbel.

31 GALERÍAS DE ARTE PARTICIPAN EN EL FESTIVAL OFF DE PHOTOESPAÑA 2016

PHotoEspaña renueva su compromiso con la promoción y el desarrollo del mercado fotográfico en las galerías unnamed

El Premio Festival Off y la Noche Off completan la oferta del circuito alternativo

 
 

La XIX edición de PHotoEspaña vuelve a brindar un espacio importante a las galerías de arte de Madrid, sedes del Festival Off, donde este año se podrán visitar hasta 31 propuestas expositivas. Con la fotografía y el vídeo como común denominador, 35 artistas – españoles en su gran mayoría-, integran la programación de esta sección que tiene por objeto la promoción y el desarrollo del mercado fotográfico.

Entre ellos, y en un circuito que va desde galerías decanas a otras más recientes de la capital, podremos disfrutar de las obras de una gran variedad de autores clásicos y contemporáneos, entre los que se encuentran Jürgen Schadeberg, Bigas Luna, Nanna Hänninen, Daniel Mayrit, Ouka Leele, Mónica Sánchez-Robles, Chloe Dewe Mathews, Abraham Calero, Gerardo Vielba, Adolfo Patiño, Cano Erhardt, Cristina de Middel, Jesús Labandeira, Christian Voigt, Tete Álvarez, Joel-Peter Witkin, Basurama, Virginia Rota, Linarejos Moreno, Boa Mistura, Juan de Sande, Valle Galera o Ignacio Evangelista, entre otros.

María García Yelo, directora del festival, califica el Festival Off como una parte fundamental de PHotoEspaña desde sus inicios. “La variedad e intensidad de los proyectos, construidos con el esfuerzo y entusiasmo de los autores y galeristas, es una fuente de sorpresas y estímulos que enriquecen y diversifican la programación del certamen”.

Premio y Noche Off

Además, como cada año, PHotoEspaña reconocerá a través del Premio Festival Off a una de las galerías tras valorar el planteamiento de la exposición, el valor artístico de los autores y las obras expuestas, así como el esfuerzo de la galería por presentar un proyecto específico para PHotoEspaña 2016.

En esta edición, el jurado estará conformado por los coleccionistas, promotores y mecenas de la fotografía Carlos Rosón, presidente de la Fundación RAC, Jaime Sordo, presidente de la Asociación de Coleccionistas Privados de Arte Contemporáneo 9915 y Jimena Blázquez Abascal, directora de la Fundación NMAC, Montenmedio Arte Contemporáneo.

En el marco de actividades de PHotoEspaña y gracias al patrocinio de Mahou, se celebrará también la denominada Noche Off, una noche especial que tendrá lugar el 28 de junio y en la que las galerías permanecen abiertas en horario nocturno y ofrecen una cerveza a los visitantes.

Con estos dos hitos que completan el Festival Off, PHotoEspaña apuesta por ahondar en su objetivo de desarrollar iniciativas “con las que podamos contribuir a la difusión y potenciación de todos estos proyectos, trabajando mano a mano con las galerías”, subraya García Yelo.

La mayoría de las exposiciones se podrán visitar ya desde este jueves 26 de mayo, día en que se inaugura un buen número de ellas, hasta mediados y finales de julio.

A limpeza das parroquias do Porriño segue pola de Torneiros

Limpeza Torneiros2A Concellería de Limpeza segue adiante co adecentamento de todas as parroquias do Porriño, un traballo que empezou hai varias semanas no paseo do Louro. A día de hoxe, como sinala o concelleiro Orlando Márquez, xa se rematou o labor en Cans e Atios, ata a Casilla e, dende o pasado martes, os equipos traballan Torneiros e Carracido.

Nestos días, subliña, xa se rematou o desborde dos camiños do río, dende a Ponte das Almendras ata o albergue, logo de acabar o corte de maleza, a retirada de silvas, o saneamento de pontes e sendas e o corte de herba nas dúas beiras e leiras do Camiño de Santiago ao seu paso polo Porriño.

Polo que atingue a Torneiros, xa se limpou a contorna da Igrexa de San Rosendo e o interior do IES Ribeira do Louro e nos vindeiros días seguirá polo resto da parroquia, en especial os lugares comúns entre as vivendas, beirarrúas, camiños, xardíns, beiradas, pistas e estradas.

O obxectivo, como lembra a concelleiro, é continuar, logo, polo resto de Atios e Budiño, de xeito que entre finais deste mes de maio e principios de xuño estea completa a limpeza da totalidade das parroquias da vila.

A DIRECTORA XERAL DE FAMILA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA SUBLIÑA A IMPORTANCIA DE DOTAR DE “CAPACIDADES, HABILIDADES E FERRAMENTAS AOS MENORES PARA DAR O PASO Á VIDA INDEPENDENTE”

  • O Goberno galego dedica “todos os recursos posibles á protección dos nenos e nenas privados dos coidados da súa familia ou que se atopan nunha situación de conflito social”
  • A recente modificación do Sistema de Protección á Infancia e á Adolescencia recolle a obriga da Administración de preparar para a vida independente aos mozos e mozas ex tutelados

 

Santiago, 26 de maio de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González clausurou na tarde de hoxe o V Máster en intervención e emancipación de mozos e mozas en dificultade e conflito social organizado pola da Universidade de Santiago de Compostela e no que colabora a Consellería de Política Social. Alí, subliñou a importancia de dotar de “capacidades, habilidades e ferramentas para que poidan dar o paso á vida independente e integrarse de forma autónoma na sociedade”.

 

No acto que tivo lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, a directora xeral salientou que o alumnado que rematou esta actividade formativa estará “mellor preparado para afrontar a incorporación á vida laboral”. Deste modo, incidiu na importancia de axudar a aqueles mozos e mozas que viven unha situación de conflito social e garantiu que un ano máis a Xunta de Galicia pon a disposición destas persoas “programas e recursos de emancipación, con profesionais preparados para axudalos a construírse unha identidade, a medrar como persoas e a ocupar un lugar digno na sociedade”.

 

Amparo González aseverou que o Goberno galego dedica “todos os recursos posibles á protección dos nenos e nenas privados dos coidados da súa familia ou que se atopan nunha situación de conflito social”.

 

Neste sentido, lembrou que a recente modificación do Sistema de Protección á Infancia e á Adolescencia recolle a obriga da Administración de preparar para a vida independente aos mozos e mozas ex tutelados. Unha cuestión de gran calado social da que Galicia é pioneira co desenvolvemento do Programa Mentor; un programa que conta co recoñecemento da  Unión Europea como experiencia de Boa Práctica.

A AUSENCIA DE UNANIMIDADE NO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO IMPIDE INCLUÍR OS SEUS PISOS DESOCUPADOS NO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DA XUNTA

  • O presidente do CCVV, Ignacio López-Chaves, pretendía incorporar ao programa as vivendas rehabilitadas que levasen tempo sen ser adquiridas por particulares para ter a posibilidade de destinalas a alugueiro social
  • A día de hoxe poderían adherirse a este programa un total de 2 ou 3 vivendas
  • A adhesión ao programa debería materializarse a través do Concello ao abeiro do convenio rubricado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp
  • Con esta medida, a Xunta ofrece unha garantía aos propietarios para que as vivendas conten cun seguro multirrisco do fogar e outro de cobros
  • López-Chaves explica que se está a levar a cabo unha “medida de prevención” para o tratamento de termitas na zona alta do casco histórico

 

Vigo, 26 de maio de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa tras a reunión do Consello de Administración do organismo para informar da proposta de incluír as vivendas desocupadas e rehabilitadas polo Consorcio ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia.

 

Coma explicou, a iniciativa pretendía acordar, por parte dos membros do Consello de Administración do CCVV, no que a Xunta de Galicia conta co 90% de participación e o Concello de Vigo co 10% restante, a incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras de aquelas vivendas que se atopen baleiras tras o correspondente proceso de adxudicación. Sen embargo, a medida non obtivo o visto bo do órgano ao non contar coa unanimidade necesaria posto que, coma especificou López-Chaves, “se bloqueou por parte do representante do Concello de Vigo”. A día de hoxe poderían adherirse a este programa un total de 2 ou 3 vivendas. “Queriamos incorporar eses recursos e incorporar aqueles pisos que non foran obxecto de adxudicación nos procesos  do Consorcio”, dixo o delegado.

 

López-Chaves e os representantes do IGVS que forman parte do Consello de Administración significaron as vantaxes que tería a incorporación destas vivendas ao programa da Xunta tanto para as persoas que se atopan en situacións de especial dificultade ou en risco de desafiuzamento así coma para os particulares ou entidades que ofrezan os seus pisos. Neste senso, lembrou que a cidade de Vigo é o municipio de Galicia “onde existe máis demanda de vivenda social e onde máis problemática hai” cos recentes casos de familias en risco de desafiuzamento que precisan dunha solución.

 

O delegado territorial considerou a política social do Concello de Vigo “de todo menos solidaria” lembrando os 17 pisos que ten desocupados, o rexeitamento ao ofrecemento de 5 pisos por parte da Sareb para casos de emerxencia e a súa negativa –hoxe unha vez máis- a incorporarse ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta.  

 

A adhesión a dito programa debería materializarse a través do Concello ao abeiro do convenio rubricado entre a Xunta e a Fegamp e polo que, por parte do Executivo autonómico, fináncianse unha serie de garantías: un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas, que inclúe asistencia e defensa xurídica. Deste xeito, as vivendas poderían ser incorporadas a dito programa contando coas referidas garantías para ser destinadas a alugueiros sociais, cunha achega de 200 euros ao mes.

 

Estudo de termitas

O presidente do Consorcio explicou tamén hoxe que o organismo estableceu dende hai meses un estudo da situación actual na zona alta do casco histórico para o tratamento de termitas como “medida de prevención”.

 

López-Chaves sinalou que a iniciativa do CCVV ten coma obxectivo realizar “un programa de prevención no ámbito do casco histórico, sobre todo na zona alta”, dixo. É máis, o estudo se desenvolveu en todos os inmobles que o organismo rehabilitou nos últimos anos e que agora están vendidos a particulares. Neste senso, soamente houbo afección deste tipo nun inmoble que era propiedade do CCVV e que xa contou coas intervencións necesarias.

 

A pesares diso, dende o Consorcio se impulsou esta medida preventiva coa colaboración de todos os propietarios tendo ademais unha duración que se alongará no tempo. “É un paso que estamos a dar, avanzamos nunha medida de prevención que noutros concellos do norte de España xa existe”, valorou López-Chaves, quen exemplificou esta situación co que xa sucede dende hai anos coas campañas de desratización. “O detectamos e o que facemos é actuar”, dixo o delegado supoñendo que nun futuro será un tema “que se verá dende o ámbito municipal”.

 

Explicou que non se trata dun “asunto exclusivo” que afecte soamente ao Casco Vello senón que xa son coñecidos outros casos acaecidos na cidade neste senso coma sucedeu hai uns anos no Museo de Castrelos, en Bouzas ou mesmo na Colexiata. As condicións climáticas, as particularidades dos inmobles con carpinterías ou elementos de madeira, as características xeográficas e o entorno fan destes espazos onde se ubican zonas sensibles para as termitas.

 

Con todo, e coma dixo o delegado, seguindo a política do CCVV de mellora da habitabilidade dentro do casco histórico e a pesares de que excede as competencias propias do organismo, o Consorcio iniciou este estudo coma medida preventiva.

 

A Consellería de Política Social impulsa esta medida dirixida a municipios de menos de 5.000 habitantes.

  • 20160526_dfreire_011A Consellería de Política Social impulsa esta medida dirixida a municipios de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia
  • O obxectivo é crear recursos de conciliación para as familias, así como oportunidades para atraer poboación nova ao rural galego e fomentar o reequilibrio territorial. Asemade, supón un impulso e apoio para fórmulas de autoemprego e economía social

 

Pontevedra, 26 de maio de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, deu conta hoxe na cidade do Lérez do programa das Casas Niño nun acto no que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís. Así, explicou que esta é unha iniciativa pioneira impulsada pola Consellería de Política Social que proporcionará 150 novas prazas de atención continuada para nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade en municipios de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia. No caso da provincia pontevedresa son seis os concellos potenciais beneficiarios deste programa: Crecente, Dozón, Fornelos de Montes, A Lama, Mondariz e Pazos de Borbén.

 

Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, Amparo González, sinalou que as Casas Niño son un recurso orientado a atender as necesidades de conciliación das familias e favorecer a igualdade no acceso aos servizos con independencia do lugar de residencia. Asemade, destacou que esta é a primeira vez que en Galicia se pon en marcha unha acción destas características, a cal está financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A convocatoria que regula a concesión das axudas deste programa, que conta cun orzamento global de 2,5 millóns de euros, pódese consultar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado luns, día 23; e na mesma fíxase o prazo dun mes a contar a partir do día seguinte da publicación da orde para que as persoas interesadas neste programa presenten as solicitudes.

 

Ao respecto deste programa, a responsable autonómica de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica detallou que cada Casa Niño atenderá un máximo de 5 nenos/as, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade, dado que se esixe unha formación ou experiencia profesional específica e impóñense requisitos e normas de seguridade nas casas. Estes fogares ofrecerán unha atención integral e personalizada con carácter gratuíto na modalidade de atención diúrna de luns a venres e as familias poderán levar aos nenos e nenas un máximo de oito horas diarias, nun horario que se pactará co/a profesional. A atención prestada comprenderá a atención específica das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coa idade e a contribución ao desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social do neno ou nena.

 

Formación

Segundo se recolle na convocatoria, poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha Casa Niño as persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado que estean en posesión ou conten cunha persoa socia co título de técnico/a superior en educación infantil, co grao en mestre/a de educación infantil ou primaria, grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social. Tamén poderán optar ás axudas aquelas persoas que posúan o diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das Casas Niño impartidos pola Xunta de Galicia, así como aquelas que presenten formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís, ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.

 

Por outra banda, quen concorra ás axudas, deberá residir nun núcleo rural no que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata 3 anos de idade e contar cunha vivenda dotada con sistema de calefacción con protección dos elementos calefactores; unha sala con iluminación e ventilación naturais e un mínimo de 4 metros cadrados por menor; unha zona diferenciada para o descanso e a hixiene infantil e unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos; elementos de protección de enchufes, portas e ventás; e un mobiliario e equipamento básico para a atención das nenas e nenos. Ademais, deberán dispoñer dun plan de actuación cos nenos e nenas para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na Casa Niño.

 

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva prestando atención, ademais de ao número de nenos e nenas que poderían beneficiarse do recurso, a factores como a dispersión xeográfica e ao envellecemento da poboación para contribuír á revitalización demográfica e á cohesión territorial. Así mesmo, para contribuír á integración laboral de persoas en situación de especial protección, recibirán unha puntuación adicional as persoas paradas de longa duración, as menores de 35 anos e maiores de 55 anos, as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% (sempre que esta sexa valorada como compatible co desempeño da actividade subvencionada polo órgano competente da Administración Autonómica), e as mulleres vítimas de violencia de xénero.  

 

Subvencións

Esta convocatoria de axudas subvencionará a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de Casa Niño así como o seu equipamento e dotación material e a prestación da atención personalizada de nenos e nenas de 0-3 anos. As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100% dos gastos esixibles, cun límite máximo global por Casa Niño de 15.000 euros. A achega pola prestación da atención personalizada consistirá nunha prima de 19.6000 euros/ano, destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura. A convocatoria conta cun orzamento global de 2,5 millóns de euros destinados ao desenvolvemento deste proxecto ata o 31 de decembro de 2019 nun máximo de 30 Casas Niño.

 

Cómpre destacar que os nenos e nenas que acudan á Casa Niño deberán estar empadroados/as no concello no que se emprace este tipo de fogar, ou nun limítrofe onde non existan recursos de atención á infancia de 0 a 3 anos.

 

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica informou de que con esta actuación preténdese crear recursos de conciliación para as familias e oportunidades para atraer poboación nova ao rural galego e fomentar o reequilibrio territorial. Ademais, se impulsa e apoia as fórmulas de autoemprego e de economía social, eficaces para a dinamización económica local e, consecuentemente, para a fixación de poboación ao territorio. A día de hoxe hai en Galicia 107 concellos potenciais beneficiarios por cumprir os requisitos anteriormente mencionados, dos que seis  emprázanse na provincia de Pontevedra.

 

Clausura Navalia – Vigo

El astillero Damen, empresa relacionada con la denuncia contra el Tax-Lease español, aprovechó su presencia en el evento para reiterar su colaboración con Galicia y Españaentrevista ministra_5 ministra_7

Vigo, 26 de mayo de 2016.- La sexta edición de la Feria Internacional de la Industria Naval de Vigo cierra sus puertas dando un salto de calidad en cuanto a la promoción exterior. Y es que pesé a no haber superado la barrera de los 25.000 visitantes en esta edición, si se ha notado un importante incremento en la presencia internacional. Así, la cifra de visitantes procedentes de otros países se ha incrementado en un 30% con respecto a las dos últimas citas del evento vigués.

Lo confirmó esta mañana Javier Arnau, director de la feria, quien además recalcó que estas cifras sitúan a Navalia como el evento más importante del sur de Europa dentro del sector naval. En este sentido, Arnau explicó a los medios que, en gran medida, las nuevas conexiones internacionales de los aeropuertos gallegos han contribuido a este crecimiento. En la feria se han podido ver varias delegaciones hasta la fecha poco habituales en el evento procedente de Latinoamérica o África, destacando países como Namibia, Argelia, Libia o Sudáfrica.

Arnau afirmó que esta edición confirma la recuperación del sector naval y adelantó que en próximas semanas varios astilleros gallegos darán a conocer nuevas contrataciones que se han ido gestando en los pasados meses.

En cuanto a la repercusión de Navalia en la propia ciudad, Arnau explicó que la ocupación hotelera ha rondado el 90% y que los visitantes profesionales han dejado un gasto en Vigo de 11 millones de euros.

Finalmente, y en lo relativo al volumen de negocio que deja esta feria, Arnau adelantó que por el momento es difícil dar una cifra concreta, a la espera de esas próximas noticias que se prevén trasladen los astilleros en las semanas venideras, pero que se espera superar el dato de los 4.000 millones de la edición de 2014.

Por otro lado, y dadas las recientes informaciones aparecidas en los medios de comunicación cuestionando la presencia del astillero Damen en el evento vigués (empresa relacionada con la denuncia contra el Tax-Lease español) representantes de la firma holandesa en Navalia, aprovecharon su asistencia para reiterar su colaboración con Galicia y España. A preguntas de los periodistas acerca de su vinculación con dicha denuncia, que paralizó el trabajo de los astilleros españoles durante años, Carlos González, portavoz de Damen en la feria, afirmó que se ha creado un “juicio en la Unión Europea y en los medios de comunicación, que se ha alargado en el tiempo, y que finalmente” ha reconocido “que el Tax-Lease gallego es perfectamente válido y nosotros estamos encantados y lo aceptamos”.

“Damen es un astillero global que se dedica a la construcción naval y cooperamos con astilleros e industria naval gallega”, explicó González, quien añadió, además, que en la empresa holandesa trabajan más de 30 personas españolas en diferentes departamentos.  

Durante estas declaraciones González estuvo acompañado del Presidente de Navalia, José García Costas, quien afirmó estar muy “contento” y satisfecho por la presencia del astillero holandés. “El mundo de los negocios y la vida es así, pero los negocios siguen caminando y no queda otro remedio que pasar página” afirmó García Costas quien reiteró que el tema del Tax-Lease serán los tribunales los que tengan la última palabra.    

 

Visita de la Ministra de Fomento

La Ministra de Fomento, Ana Pastor, asistió a la jornada de clausura del evento, en donde pudo conocer de primera mano las novedades del sector haciendo un amplio recorrido por el Ifevi. En declaraciones a los medios, Pastor, reiteró el apoyo de su cartera en la lucha de dos temas fundamentales: el Tax-Lease y la Autopista del Mar. Y en este sentido, la Ministra recordó que el tráfico marítimo ha crecido en más de un 30% desde la puesta en marcha de esta autopista. Con respecto a las plataformas de ampliación del Puente de Rande, la Ministra recordó que es su labor velar por el cumplimiento de los plazos de entrega, abril de 2017, pero es la concesionaria la responsable de decidir su adjudicación.

Afundación celebra o seu Mes das Letras en Vigo cun recital poético entre maiores e escolares

O Auditorio do Teatro Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá unha actividade interxeracional dirixida a escolares, enmarcada dentro da programación deseñada pola entidade con motivo do Día das Letras Galegas, que se estende durante todo o mes de maio. Nesta ocasión, cen alumnos e alumnas de cuarto e quinto de primaria do CPR Labor, comezarán ás 10.00 h a actividade «Ilustrando poemas a Manuel María», na que serán protagonistas algunhas das súas poesías máis coñecidas. Ao máis puro estilo dos grandes ilustradores contemporáneos, os escolares darán fondo e figura ao legado poético de Manuel María. Para poder facer este labor terán que ler, coñecer e profundar no imaxinario do homenaxeado.

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL FAI ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA COMUNITARIO DE FOMENTO DA AGRICULTURA ECOLÓXICA NO MEDIO URBANO VIGUÉS

  • Esta acción formativa foi desenvolta pola asociación de loita contra a droga, Alborada e os destinatarios da mesma son usuarios da entidade que precisan dunha ocupación de baixa ou media intensidade

Vigo, 26 de abril de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, fixo entrega hoxe dos diplomas aos participantes no programa comunitario de fomento da agricultura ecolóxica no medio urbano vigués posto en marcha pola Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga, Alborada.

O obxectivo desta actividade formativa é promover o coñecemento das técnicas de traballo da agricultura ecolóxica como medio para mellorar a calidade de vida e a incorporación social dos usuarios da entidade. Así mesmo, busca ser unha iniciativa que facilite a formación ocupacional; a ocupación do tempo libre en momentos de incremento do desemprego e escaseza de oferta formativa; e que posibilite o traballo futuro en proxectos municipais de hortas urbanas. Ademais, grazas ao traballo dos e das participantes, obtivéronse produtos de horticultura que complementen a dieta alimenticia dos usuarios e doutras persoas e familias necesitadas.

 

Os 12 participantes no programa que hoxe recibiron o seu diploma, son usuarios de Alborada que debido ao seu perfil biosicosocial precisan dunha ocupación de baixa ou media intensidade que sirva de motivación para establecer os seus proxectos vitais.

 

O curso, de 295 horas de duración, desenvolveuse ao abeiro das subvencións da Xunta de Galicia a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2015 e 2016, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e que se enmarcan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia.

 

Arturo Parrado subliñou que a Xunta desenvolve políticas transversais e coordina numerosos recursos no ámbito social tendentes, todos eles, a facilitar a igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas. Así mesmo explicou que todas as medidas impulsadas dende a Dirección Xeral que encabeza teñen o obxectivo fundamental de favorecer a calidade de vida e a incorporación social das persoas que se atopan en risco ou en situación de exclusión social.

 

Na mesma liña, explicou que entidades como Alborada, “que traballan directa e continuadamente coas persoas e familias afectadas, coñecen de primeira man as súas características e posibilidades, e polo tanto, teñen maior capacidade para dar resposta precisa ás súas necesidades”, motivo polo cal agradeceu o seu importante labor.