A AUSENCIA DE UNANIMIDADE NO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO IMPIDE INCLUÍR OS SEUS PISOS DESOCUPADOS NO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DA XUNTA

  • O presidente do CCVV, Ignacio López-Chaves, pretendía incorporar ao programa as vivendas rehabilitadas que levasen tempo sen ser adquiridas por particulares para ter a posibilidade de destinalas a alugueiro social
  • A día de hoxe poderían adherirse a este programa un total de 2 ou 3 vivendas
  • A adhesión ao programa debería materializarse a través do Concello ao abeiro do convenio rubricado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp
  • Con esta medida, a Xunta ofrece unha garantía aos propietarios para que as vivendas conten cun seguro multirrisco do fogar e outro de cobros
  • López-Chaves explica que se está a levar a cabo unha “medida de prevención” para o tratamento de termitas na zona alta do casco histórico

 

Vigo, 26 de maio de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa tras a reunión do Consello de Administración do organismo para informar da proposta de incluír as vivendas desocupadas e rehabilitadas polo Consorcio ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia.

 

Coma explicou, a iniciativa pretendía acordar, por parte dos membros do Consello de Administración do CCVV, no que a Xunta de Galicia conta co 90% de participación e o Concello de Vigo co 10% restante, a incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras de aquelas vivendas que se atopen baleiras tras o correspondente proceso de adxudicación. Sen embargo, a medida non obtivo o visto bo do órgano ao non contar coa unanimidade necesaria posto que, coma especificou López-Chaves, “se bloqueou por parte do representante do Concello de Vigo”. A día de hoxe poderían adherirse a este programa un total de 2 ou 3 vivendas. “Queriamos incorporar eses recursos e incorporar aqueles pisos que non foran obxecto de adxudicación nos procesos  do Consorcio”, dixo o delegado.

 

López-Chaves e os representantes do IGVS que forman parte do Consello de Administración significaron as vantaxes que tería a incorporación destas vivendas ao programa da Xunta tanto para as persoas que se atopan en situacións de especial dificultade ou en risco de desafiuzamento así coma para os particulares ou entidades que ofrezan os seus pisos. Neste senso, lembrou que a cidade de Vigo é o municipio de Galicia “onde existe máis demanda de vivenda social e onde máis problemática hai” cos recentes casos de familias en risco de desafiuzamento que precisan dunha solución.

 

O delegado territorial considerou a política social do Concello de Vigo “de todo menos solidaria” lembrando os 17 pisos que ten desocupados, o rexeitamento ao ofrecemento de 5 pisos por parte da Sareb para casos de emerxencia e a súa negativa –hoxe unha vez máis- a incorporarse ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta.  

 

A adhesión a dito programa debería materializarse a través do Concello ao abeiro do convenio rubricado entre a Xunta e a Fegamp e polo que, por parte do Executivo autonómico, fináncianse unha serie de garantías: un seguro multirrisco do fogar e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas, que inclúe asistencia e defensa xurídica. Deste xeito, as vivendas poderían ser incorporadas a dito programa contando coas referidas garantías para ser destinadas a alugueiros sociais, cunha achega de 200 euros ao mes.

 

Estudo de termitas

O presidente do Consorcio explicou tamén hoxe que o organismo estableceu dende hai meses un estudo da situación actual na zona alta do casco histórico para o tratamento de termitas como “medida de prevención”.

 

López-Chaves sinalou que a iniciativa do CCVV ten coma obxectivo realizar “un programa de prevención no ámbito do casco histórico, sobre todo na zona alta”, dixo. É máis, o estudo se desenvolveu en todos os inmobles que o organismo rehabilitou nos últimos anos e que agora están vendidos a particulares. Neste senso, soamente houbo afección deste tipo nun inmoble que era propiedade do CCVV e que xa contou coas intervencións necesarias.

 

A pesares diso, dende o Consorcio se impulsou esta medida preventiva coa colaboración de todos os propietarios tendo ademais unha duración que se alongará no tempo. “É un paso que estamos a dar, avanzamos nunha medida de prevención que noutros concellos do norte de España xa existe”, valorou López-Chaves, quen exemplificou esta situación co que xa sucede dende hai anos coas campañas de desratización. “O detectamos e o que facemos é actuar”, dixo o delegado supoñendo que nun futuro será un tema “que se verá dende o ámbito municipal”.

 

Explicou que non se trata dun “asunto exclusivo” que afecte soamente ao Casco Vello senón que xa son coñecidos outros casos acaecidos na cidade neste senso coma sucedeu hai uns anos no Museo de Castrelos, en Bouzas ou mesmo na Colexiata. As condicións climáticas, as particularidades dos inmobles con carpinterías ou elementos de madeira, as características xeográficas e o entorno fan destes espazos onde se ubican zonas sensibles para as termitas.

 

Con todo, e coma dixo o delegado, seguindo a política do CCVV de mellora da habitabilidade dentro do casco histórico e a pesares de que excede as competencias propias do organismo, o Consorcio iniciou este estudo coma medida preventiva.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: