A DIRECTORA XERAL DE FAMILA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA SUBLIÑA A IMPORTANCIA DE DOTAR DE “CAPACIDADES, HABILIDADES E FERRAMENTAS AOS MENORES PARA DAR O PASO Á VIDA INDEPENDENTE”

  • O Goberno galego dedica “todos os recursos posibles á protección dos nenos e nenas privados dos coidados da súa familia ou que se atopan nunha situación de conflito social”
  • A recente modificación do Sistema de Protección á Infancia e á Adolescencia recolle a obriga da Administración de preparar para a vida independente aos mozos e mozas ex tutelados

 

Santiago, 26 de maio de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González clausurou na tarde de hoxe o V Máster en intervención e emancipación de mozos e mozas en dificultade e conflito social organizado pola da Universidade de Santiago de Compostela e no que colabora a Consellería de Política Social. Alí, subliñou a importancia de dotar de “capacidades, habilidades e ferramentas para que poidan dar o paso á vida independente e integrarse de forma autónoma na sociedade”.

 

No acto que tivo lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, a directora xeral salientou que o alumnado que rematou esta actividade formativa estará “mellor preparado para afrontar a incorporación á vida laboral”. Deste modo, incidiu na importancia de axudar a aqueles mozos e mozas que viven unha situación de conflito social e garantiu que un ano máis a Xunta de Galicia pon a disposición destas persoas “programas e recursos de emancipación, con profesionais preparados para axudalos a construírse unha identidade, a medrar como persoas e a ocupar un lugar digno na sociedade”.

 

Amparo González aseverou que o Goberno galego dedica “todos os recursos posibles á protección dos nenos e nenas privados dos coidados da súa familia ou que se atopan nunha situación de conflito social”.

 

Neste sentido, lembrou que a recente modificación do Sistema de Protección á Infancia e á Adolescencia recolle a obriga da Administración de preparar para a vida independente aos mozos e mozas ex tutelados. Unha cuestión de gran calado social da que Galicia é pioneira co desenvolvemento do Programa Mentor; un programa que conta co recoñecemento da  Unión Europea como experiencia de Boa Práctica.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: