A limpeza das parroquias do Porriño segue pola de Torneiros

Limpeza Torneiros2A Concellería de Limpeza segue adiante co adecentamento de todas as parroquias do Porriño, un traballo que empezou hai varias semanas no paseo do Louro. A día de hoxe, como sinala o concelleiro Orlando Márquez, xa se rematou o labor en Cans e Atios, ata a Casilla e, dende o pasado martes, os equipos traballan Torneiros e Carracido.

Nestos días, subliña, xa se rematou o desborde dos camiños do río, dende a Ponte das Almendras ata o albergue, logo de acabar o corte de maleza, a retirada de silvas, o saneamento de pontes e sendas e o corte de herba nas dúas beiras e leiras do Camiño de Santiago ao seu paso polo Porriño.

Polo que atingue a Torneiros, xa se limpou a contorna da Igrexa de San Rosendo e o interior do IES Ribeira do Louro e nos vindeiros días seguirá polo resto da parroquia, en especial os lugares comúns entre as vivendas, beirarrúas, camiños, xardíns, beiradas, pistas e estradas.

O obxectivo, como lembra a concelleiro, é continuar, logo, polo resto de Atios e Budiño, de xeito que entre finais deste mes de maio e principios de xuño estea completa a limpeza da totalidade das parroquias da vila.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: