O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL FAI ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA COMUNITARIO DE FOMENTO DA AGRICULTURA ECOLÓXICA NO MEDIO URBANO VIGUÉS

  • Esta acción formativa foi desenvolta pola asociación de loita contra a droga, Alborada e os destinatarios da mesma son usuarios da entidade que precisan dunha ocupación de baixa ou media intensidade

Vigo, 26 de abril de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, fixo entrega hoxe dos diplomas aos participantes no programa comunitario de fomento da agricultura ecolóxica no medio urbano vigués posto en marcha pola Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga, Alborada.

O obxectivo desta actividade formativa é promover o coñecemento das técnicas de traballo da agricultura ecolóxica como medio para mellorar a calidade de vida e a incorporación social dos usuarios da entidade. Así mesmo, busca ser unha iniciativa que facilite a formación ocupacional; a ocupación do tempo libre en momentos de incremento do desemprego e escaseza de oferta formativa; e que posibilite o traballo futuro en proxectos municipais de hortas urbanas. Ademais, grazas ao traballo dos e das participantes, obtivéronse produtos de horticultura que complementen a dieta alimenticia dos usuarios e doutras persoas e familias necesitadas.

 

Os 12 participantes no programa que hoxe recibiron o seu diploma, son usuarios de Alborada que debido ao seu perfil biosicosocial precisan dunha ocupación de baixa ou media intensidade que sirva de motivación para establecer os seus proxectos vitais.

 

O curso, de 295 horas de duración, desenvolveuse ao abeiro das subvencións da Xunta de Galicia a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2015 e 2016, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e que se enmarcan na Estratexia de Inclusión Social de Galicia.

 

Arturo Parrado subliñou que a Xunta desenvolve políticas transversais e coordina numerosos recursos no ámbito social tendentes, todos eles, a facilitar a igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas. Así mesmo explicou que todas as medidas impulsadas dende a Dirección Xeral que encabeza teñen o obxectivo fundamental de favorecer a calidade de vida e a incorporación social das persoas que se atopan en risco ou en situación de exclusión social.

 

Na mesma liña, explicou que entidades como Alborada, “que traballan directa e continuadamente coas persoas e familias afectadas, coñecen de primeira man as súas características e posibilidades, e polo tanto, teñen maior capacidade para dar resposta precisa ás súas necesidades”, motivo polo cal agradeceu o seu importante labor.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: