A XUNTA REMATA AS OBRAS DE REFORZO DE FIRME DA VÍA PO-505 ENTRE MIRADOIRO E O FORMIGUEIRO NO TREITO QUE DÁ ACCESO Á AP-53, NO CONCELLO DA ESTRADA

  • clip_image002Estas actuacións, que se levaron a cabo desde o punto quilométrico 2+700 ata a entrada da autoestrada, foron adxudicadas a empresa F. Gómez e CIA S.L.
  • O Goberno galego continúa a traballar na conservación da rede viaria coa fin de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios

 

Santiago, 27 de maio de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, rematou as obras de reforzo de firme ao longo dun quilómetro na vía  Miradoiro-O Formigueiro (PO-505), que dá acceso á AP-53 ao seu paso polo concello da Estrada. A actuación nesta vía inclúese no Plan de actuación deseñado pola Xunta para mellorar a seguridade viaria e conta cun orzamento de preto de 33.000 €.

 

Estas actuacións leváronse a cabo concretamente desde o punto quilométrico 2+700 ata a entrada da autoestrada e foron adxudicadas a empresa F. Gómez e CIA S.L. e teñen como obxectivo principal mellorar o estado do firme dun treito antigo da PO-505. As obras que se levarán a cabo consistirán na colocación dunha capa de rodadura no mencionado trazado.

 

Esta estrada foi obxecto dunha mellora de trazado desde o punto quilométrico 2+070, pero o trazado antigo desde este punto, que cruza a autoestrada AP-53 mediante un paso superior, se sigue empregando de modo residual.

 

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

 

No seguinte plano amósase o tramo no que a Xunta levou a cabo as actuacións de mellora.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: