CASE 14.000 PERSOAS ESTÁN CONVOCADAS ESTA FIN DE SEMANA EN SILLEDA ÁS OPOSICIÓNS DA XUNTA E O SERGAS

  • 12.699 persoas aspiran a categorías sanitarias como logopeda, fisioterapeuta, técnico en farmacia ou técnico en coidados auxiliares de enfermaría
  • Outras 1.147 están chamadas ás probas de acceso ao corpo administrativo da Administración Xeral
  • Os exercicios realízanse entre hoxe e o domingo no recinto feiral

 

Santiago, 27 de maio de 2016.- Case 14.000 persoas están convocadas a realizar esta fin de semana oposicións de acceso á Xunta, que se celebran no recinto da Feira Internacional de Galicia, na localidade pontevedresa de Silleda. Un total de 12.699 aspiran a diversas categorías do Servizo Galego de Saúde (SERGAS); e 1.147 para o corpo administrativo da Administración Xeral, pola quenda de promoción interna.

 

Os exercicios celébranse entre hoxe e este domingo 29 de maio. As probas comezarán hoxe pola mañá, co primeiro exercicio da oposición para o corpo administrativo da Administración da Comunidade Autónoma (subgrupo C1), pola quenda de promoción interna.

 

Trátase dunha oposición restrinxida a funcionarios, que lles permite acceder a un posto de maior categoría; e que garante a promoción profesional cunha oposición menos esixente que a que afronta unha persoa non funcionaria para o mesmo posto. O exame consistirá nun test de 60 preguntas.

 

Na xornada de mañá sábado, pola mañá desenvolveranse as probas do SERGAS correspondentes ás categorías de logopeda, técnico en farmacia e técnico superior en radioterapia. Este mesmo día pola tarde tamén se realizarán as probas da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

 

Finalmente, o domingo 29 pola mañá terán lugar os exercicios das categorías de fisioterapeuta; técnico superior en hixiene bucodental; e técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico. Xa pola tarde, desenvolveranse as probas para as categorías de enfermeiro especialista en obstetricia e xinecoloxía; técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía; técnico superior en imaxe para o diagnóstico; e terapeuta ocupacional.

 

Corpo auxiliar subgrupo C2

Ademais, esta fin de semana 322 aspirantes están chamados tamén a realizar oposicións ao corpo auxiliar da Administración subgrupo C2 pola quenda de promoción interna. O primeiro exercicio terá lugar mañá en Santiago, e consistirá nun test de 50 preguntas. A proba celébrase na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: