ABANCA reúnese na Habana coas comunidades galegas no exterior

Francisco Botas: “Este encontro permitiunos coñecer mellor e trasladarlles todo o noso apoio aos miles de galegos e galegas que residen e traballan noutros países”

·      A iniciativa forma parte da estratexia desenvolvida por ABANCA para contribuír a estreitar os lazos económicos entre Galicia e os países de destino da súa emigración

·      ABANCA ten clientes activos en 150 países

28.05.2016. Representantes de ABANCA, encabezados polo seu conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron onte un encontro coa emigración galega na Habana no marco da celebración do XI Plenario do Consello de Comunidades Galegas. “Este encontro permitiunos coñecer mellor e trasladarlles todo o noso apoio aos miles de galegos e galegas que residen e traballan noutros países”, sinalou Francisco Botas.

A iniciativa forma parte da estratexia desenvolvida por ABANCA para contribuír a estreitar os lazos entre Galicia e as comunidades galegas residentes no exterior. A través da súa actividade como entidade financeira, ABANCA presta apoio á actividade económica dos emigrantes galegos en diferentes países, fomenta a internacionalización das empresas galegas e contribúe á dinamización das relacións entre os empresarios galegos residentes en Galicia e outros países.  A entidade financeira galega ten clientes repartidos por 150 países.20160528-abanca-cuba-1-hd

No atril, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.  De pié de esquerda a dereita: Alberto Cacharrón, director de No Residentes de ABANCA e Alfonso Caruana, director xeral de Internacional de ABANCA.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: