IV TRIATLON CONCELLO DO PORRIÑO

Martin Carrera campión absoluto do IV Tríatlon Concello do Porriño

ganador_masc podium

Uns 250 triatletas competiron esta tarde na edición máis dura da proba debido ás condicións meteorolóxicas

 

A deportista local Iria Rodríguez impúxose na categoría feminina facendo gala do seu título de campiona de España

 

Martín Carrera do Club Natación Riveira proclamouse campión absoluto do IV Triatlon Concello do Porriño.  Na proba participaron 250 triatletas, dos 298 inscritos en total, que retaron ao mal tempo grazas ao seu espíritu deportivo.

 

En total foron 209 os que finalizaron correctamente a proba, xa que o río Miño tornouse este ano costa arriba para a proba de natación, xa que no momento da primeira saída comezou a caer unha tromba de auga que dificultou o desenrelo da mesma, provocando o abandono de varios participantes.

 

O traxecto en bicicleta transcorreu sen contratempos, encabezada en todo momento polo vencedor absoluto Martín Carrera (Club Natación Riveira), que facía a súa entrada en meta cun tempo total de 1:01:46; seguido do seu compañeiro de equipo Jorge González cun crono de 1:02:19; e en terceiro lugar Ismael López (Tríatlon Vilagarcía /Aten) que rexistrou 1:02:23.

 

Na categoría feminina na que a nova triatleta do Club Atletismo Porriño e Campiona de España non defraudou. Iria Rodríguez, foi a gañadora cun tempo de 01:09:25, seguida de Inés Castaño (Arcade Inforhouse Santiago) con 1:13:54 e de Carmen Belo (Cidade Lugo Fluvial) con 1:19:24 de tempo total.

 

Sorprendía tamén outro deportista porriñés, xa que estamos máis afeitos velo sobre unha moto, Xacob Agra entraba polo arco de meta en décimo cuarta posición cun tempo 1:06:57.

 

Os encargados de entregar os trofeos aos vencedores foron os concelleiros de Deportes do Porriño e Tui, Manuel Carreira e Laureano Alonso, respectivamente; e o Comandante Naval do Miño, Enrique García.

 

Velando pola seguridade de todos os participantes na proba, contouse con 200 voluntarios entre O Porriño e Tui, situados nos distintos puntos de acceso ao vias polas que transcorría o circuíto.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: