Xornadas sobre a recuperación da Praza de Abastos do Porriño

INFOG-1 ANTEPROYECTO_extracto-11Os vindeiros xoves e venres, días 2 e 3 de xuño, ás 20:00 h., na Praza de Abastos Municipal do Porriño, os arquitectos Jaime Blanco, Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, ofrecerán sendas conferencias, dentro das xornadas ‘Praza de Abastos, proxecto dun espazo público’, para explicar o plan de recuperación desta praza no centro mesmo da vila e dar a coñecer as particularidades do edificio mesmo, deseñado por Xosé Bar Bóo, un dos arquitectos referentes en Galicia durante a segunda metade do século pasado.

Ademais do edificio do Mercado de Abastos do Porriño (1970)-no que entre outras características destaca a falla de pilares- Bar Bóo é o autor do Policlínico Cíes (1967), a torre da Illa de Toralla, a Igrexa Parroquial da nosa Señora de As Neves (1968), o Edificio Vicente Suárez, e Vigo (1972), a Casa Gerardo Martín, catalogada como Ben de Interés Cultural, ou os Xulgados de A Coruña (1985).

Sobre a técnica e as características do edificio do Mercado falará, o xoves, día 2, Jaime Blanco, doutor arquitectura cum laude, coa súa tese doutoral ‘A obra de Xosé Bar Bóo: obxectividade e dimensión colectiva’, e socio fundador do estudo Mestura Arquitectos, con sede en Barcelona. Blanco é autor da Xefatura da Garda Urbana de Lleida, o Centro de Alto Rendemento de Vela de Cataluña, o edificio destinado a Policía Local e Protección Civil de Lugo ou Centro de Biomedicina Experimental de Galicia.

O día 3, Jesús Irisarri, e Guadalupe Piñera, explicarán o proxecto da mellora da Praza de Abastos que ten coma obxectivo conformar o espazo exterior do mercado como un espazo público e multifuncional que permitirá a expansión do propio mercado. Irisarri e Piñera explicarán polo miudo cómo unha marquesiña, a modo de loxia ou soportal tradicional, ademais de adecuarse ao clima do Porriño, definirá un ámbito peonil ao redor do edificio.

Os arquitectos tamén falarán sobre o feito de que a recuperación do mercado e o seu espazo público sumaranse, así, a un conxunto que abrangue o atrio da Igrexa, a Praza do Concello e o conxunto penalizado no centro do Porriño.

Iso permitirá que a vila teña unha nova praza, no centro mesmo, conectada coa rúa comercial-a peonil- e co Concello, e que na mesma sexa posible organizar eventos que dinamicen a Praza do Mercado e a consoliden coma un lugar de encontro. A elo engádese o feito de que a praza servirá de ‘soporte’ para múltiples actividades comerciais, recuperando o espazo dos soportais, incentivando o consumo e dando pulo económico a un lugar clave para os porriñeses.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: