A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN E XADREZ GALEGO ORGANIZAN O VINDEIRO 20 DE XUÑO O I TORNEO ESCOLAR DE XADREZ DO PORRIÑO

A Concellería de Educación, dirixida por Lourdes Moure, e Xadrez Galego organizan o vindeiro día 20 de xuño, de 10 da mañá a 1 da tarde, no CEIP Plurilingüe de Atios, o I Torneo Escolar de Xadrez do Porriño, ou que están invitados 80 xogadores dos centros Antonio Palacios, Cruz-Budiño, José Fernández López, o propio Antonio Palacios, Hermanos Quiroga, Santo Tomás, IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPI da Ribeira e CEE Santísimo cristo del Amor.

O torneo, que se disputará a cinco rondas, está aberto a rapazas e rapaces, alumnas e alumnos dos centros educativos do Porriño, de entre 6 a 16 anos, nados entre os anos 2000 a 2010, contempla a entrega de trofeos para os 3 primeiros clasificados, medallas por categorías, para os campións Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10 e Sub 8, ademais de diplomas para todos os participantes.

Os obxectivos deste torneo son os de introducir un proxecto educativo europeo non centros educativos do Porriño, potenciar as capacidades e os valores das alumnas e alumnos, implantar o xadrez coma sinatura relacionando a mesma con outras materias, como matemáticas, literatura, historia, xeografía, informática ou idiomas; mellorar o rendemento escolar, aplicar os recursos informáticos e fomentar o traballo en equipo e a resolución de problemas, crear e xestionar un club ou escola municipal de xadrez ou desenrolar un programa municipal de xadrez aberto a todas as veciñas e veciños.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: