MARCO/Frac Lorraine/SFKM: fallo xurado Premio NNCC 2016

‘La timidez de la copa de los árboles’, de Beatriz Alonsoimage002

Proxecto gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM

para Novos Comisarios 2016

 

De xeito conxunto e simultáneo, as tres institucións organizadoras do Premio para Novos Comisarios: o MARCO de Vigo, o FRAC Lorraine (Fondsrégional d’art contemporain deLorraine) de Metz, Francia, e oSFKM (Sogn og Fjordane Kunstmuseum) de Førde, Noruega, fan pública a decisión sobre a proposta gañadora da 7ª edición do Premio para Novos Comisarios (2016). O proxecto gañador, que ten como título provisional La timidez de la copa de los árboles [A timidez da copa das árbores], é unha proposta de Beatriz Alonso.

 

Dta: Beatriz Alonso. Foto: Iván García Fernández

O Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para Novos Comisarios ofrécelles aos participantes a oportunidade de propoñer un proxecto centrado nun tema de investigación e reflexión persoal, así como a súa realización nos espazos do MARCO, o 49 Nord 6 Est-FRAC Lorraine e o SFKM.

O xurado —composto por Beatrice Josse, directora do FRAC Lorraine, Ingrid Norum, comisaria do SFKM e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO— tomou a súa decisión tras teren analizado un total de 116 propostas recibidas dende máis de 36 países diferentes, que foron avaliadas en función da súa calidade, a súa viabilidade, e a súa adecuación ás características dos tres espazos expositivos. A orixinalidade da tese defendida e a pertinencia das referencias propostas foron tamén determinantes para a selección do proxecto gañador.

—————————————————————–

Nada en 1981 en Madrid, cidade onde vive e traballa, Beatriz Alonso é comisaria e investigadora. Ten comisariado individual e colectivamente proxectos expositivos, domésticos, dixitais, ciclos de vídeo e cinema, edicións impresas ou encontros en espazos institucionais e independentes. Os seus proxectos recentes inclúen a participación no programa internacional de residencias de Lugar a dudas (Cali, Colombia, 2015) e a edición de “Diarios de taller”, colección de publicaco´ns para INJUVE (Madrid, 2014-15). Foi comisaria de “Asoman las raíces”, un ciclo de dúas exposicións individuais en Galería Alegría (Madrid, 2015); “Mudanza”, exposición comisariada co colectivo Indisciplinadas no seu apartamento particular (Madrid, 2015); “Andar por casa”, no espazo independente Salón (Madrid, 2014); “Lo que llamamos absurdo es nuestra ignorancia”, programa de vídeo con obras da colección audiovisual do MACBA proxectado en CA2M e MACBA (Madrid e Barcelona, 2014);. “Hacer en lo cotidiano”, programación expositiva en Sala de Arte Joven, premio Se busca comisario (Madrid, 2013); “Hazañas cotidianas”, programa de cine en CA2M (Madrid, 2012); “¿Qué hace alguien como tú en un sitio como éste?, exposición comisariada con Victoria Gil-Delgado no Centro de Arte de La Regenta, premio Nuevos comisarios. El espacio reinventado (Las Palmas de Gran Canaria, 2010), e “Como diría Roland Barthes, ni te cases, ni te embarques”, exposición comisariada con Victoria Gil Delgado en La Casa Encendida, premio Inéditos (Madrid, 2009). É cofundadora de nowwwh, plataforma de comisariado digital (2011-14). Traballou como investigadora e comisaria asistente no proxecto “Recherche et mondialisation” no equipo de Catherine Grenier no Centre Pompidou, bolsa Culturex (París, 2010). Colaborou como asistente curatorial e de investigación na exposición “L’oeil-écran ou la Nouvelle Image” comisariada por Régis Michel en Casino Forum d’Art Contemporain (Luxemburgo, 2006-07). É licenciada en Historia del Arte pola Universidad Complutense de Madrid e Máster en Arte Contemporáneo pola Universidad Europea de Madrid.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: