O Goberno local vigués aproba o novo regulamento do pleno entre críticas de traballadores/as e organizacións sociais

Unha representación da CIG estivo presente nunha tensa sesión na que se acusou ao alcalde de aplicar a “lei mordaza municipal”
O Concello de Vigo aprobou hoxe, cos únicos votos do PSOE, o novo regulamento do pleno elaborado polo Goberno local nunha tensa sesión na que estivo presente unha representación da CIG, que se opón xunto a outros colectivos sociais ao entender que se pretende coartar a liberdade de expresión da veciñanza. Os presentes, entre os que se atopaban traballadores/as dalgunhas contratas públicas, acusan o alcalde de querer aplicar unha “lei mordaza municipal”.
2016 05 30 ProtestaRegulamentoPlenoVigo01

O pleno da corporación viguesa sacou adiante a proposta do Goberno local cos únicos votos do PSOE, polo que a partir de agora as sesións plenarias contan cun novo regulamento que foi contestado por organizacións sindicais, políticas e sociais. Entre elas a Unión Comarcal da CIG, que presentounumerosas alegacións ao documento, ao entender que se pretende coartar a liberdade de expresión e dificultar a participación da veciñanza na vida municipal.

Durante o pleno, no que non se rexistraron incidentes, parte do público asistente amosou carteis denunciando a actitude represora do alcalde e o seu intento de aplicar unha “lei mordaza municipal”, en alusión á normativa de seguridade cidadá aprobada polo Goberno central do PP. Na sesión participou tamén un grupo de traballadoras/es de Linorsa, concesionaria municipal da limpeza dos colexios e dependencias públicas, para reclamar o cobro dos salarios pendentes.

Unha vez aprobado o novo regulamento, os colectivos que se opoñen á súa entrada en vigor optaron por ausentarse do salón de plenos entre apoupos aos edís que sosteñen o Goberno local. Nada máis marchar, o voceiro do grupo municipal do PSOE amosou a súa satisfacción polo feito de que tivesen abandonado a sala.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: