Doctor Queen, a banda tributo do grupo británico, regresa a Galicia o vindeiro mes de xullo
O legado de Freddie Mercury, o seu espectáculo, continúa vivo grazas a Dr. Queen, a banda tributo arxentina que regresará a Galicia dentro da súa xira europea o vindeiro mes de xullo, con concertos na Sala Capitol de Santiago o vindeiro 7 de xullo, o 8 de xullo en la Sala Playa Club de A Coruña e o 10 de xullo na Sala Rouge de Vigo. As entradas están desde hoxe á venda na web Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.