LÓPEZ-CHAVES CRE QUE O ALCALDE DE VIGO “NON QUERE CONSTRUÍR” O APARCADOIRO MUNICIPAL NO HOSPITAL PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO

  • 20160531_101013_resizedO delegado da Xunta dixo hoxe que “para facer un aparcadoiro fai falla proxecto, orzamento e executar as obras. Para Caballero basta un plano e un dedo”
  • Dende a Administración autonómica se lle requiriu documentación para tramitar as autorizacións necesarias ademais de manter todos os encontros solicitados
  • Considera que tras 8 meses do anuncio feito polo rexedor, “non ten vontade” de executar o aparcadoiro municipal na contorna do HAC porque “o único que fixo é alongar prazos, buscar escusas e non presentar a documentación”

 

Vigo, 31 de maio de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, sinalou hoxe en rolda de prensa que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “non quere construír” o aparcadoiro municipal que comprometeu hai xa 8 meses, concretamente o 17 de setembro de 2015, na contorna do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC).

 

López-Chaves explicou que, entre os “capítulos da guerra e campaña” que o rexedor vigués mantén contra o novo hospital público, atópase a “promesa incumprida” da execución do aparcadoiro municipal en terreos de titularidade local e cedidos pola Zona Franca, incluso antes do comezo das obras da nova infraestrutura sanitaria. “Anunciou que construiría un aparcadoiro gratuíto municipal, poñía prazos e dicía que estaría rematado na primavera de 2016, fai uns días”, dixo en declaracións aos medios. Sen embargo, considerou que “non o fixo nin o vai a facer”.

 

É máis, o delegado cre que “non quere facer ese aparcamento porque nin está a tramitar o proxecto nin tramitou as autorizacións correspondentes”. Neste senso, especificou que a finais do pasado ano o Concello solicitou por escrito ante Augas de Galicia unha autorización ao respecto polo paso do río Barxa e dos seus afluentes na zona onde está previsto construír dito aparcadoiro. Ante a falta de documentación necesaria para executar a tramitación do expediente, o organismo autonómico requiriulle informes sobre o proxecto ata en dúas ocasións, a última, no mes de decembro sen recibir contestación algunha. “Dende esa data non emitiu ningunha documentación”, especificou López-Chaves, quen se cuestionou “cómo vai a facer un aparcadoiro se nin sequera ten proxecto e non tramita as autorizacións. Dixo aos vigueses que o ía a facer, pero non hai vontade”, significou.

 

Así, sinalou que dende a Xunta se lle requiriu a documentación ademais de manter reunións “todas as veces que o pediron” valorando que dende o goberno local “o único que se fixo” nestes 8 meses foi “alongar prazos, buscar escusas e non presentar a documentación”.  “Non fixo nada e non ten intención de facelo”, sentenciou.

 

O delegado chegou incluso a tirar da hemeroteca poñendo coma exemplo e comparando a situación do aparcadoiro comprometido na contorna do HAC con outro incumprimento de Caballero: a construción dun aparcadoiro na zona de Bouzas. “No ano 2009 fixo unha foto en Bouzas e anunciaba un aparcamento para residentes”, dixo con fotografías daquel acto.

 

Para o delegado, o rexedor vigués repite “a mesma técnica” no caso do HAC explicando que ambos os dous casos teñen a mesma solución: “para facer un aparcadoiro fai falla proxecto, orzamento e executar as obras; pero para Caballero basta un plano e un dedo. Cun plano e un dedo anuncia un aparcamento que nunca fai”, exemplificou.

 

Por último, considerou que os vigueses “xa vamos coñecendo” ao alcalde da cidade no que respecta aos seus incumprimentos sinalando, para rematar, que a pesares das “trabas”, do “abandono” nas súas competencias no que aos accesos se refire –denunciado en diversas ocasións incluso polos sindicatos de ambulancias e transporte de viaxeiros- a nova infraestrutura pública sanitaria “supuxo un salto cualitativo” na asistencia sanitaria viguesa.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: