O CONSELLEIRO DE POLÍTICA CONTINÚA COA SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS PARA COORDINAR A ESTRATEXIA SOCIAL A NIVEL AUTONÓMICO E LOCAL

  • Alcalde e conselleiro valoraron as ratios de atención coa que conta o concello no que atinxe as prazas públicas de escolas infantís (110,34%) e a do Servizo de Axuda no Fogar (88,43%)
O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad Muras.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad Muras.

Santiago, 18 de maio de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio coruñés de Ortigueira, Juan Vicente Penabad Muras.

 

Na xuntanza valorouse a elevada ratio de atención coa que conta o concello no que atinxe as prazas públicas de escolas infantís, que acada o 110,34% grazas ás 64 prazas ofertadas no centro que conta con 3 unidades.

 

Ademais, no que respecta ao Servizo de Axuda no Fogar, no presente ano incrementáronse 3.984 horas anuais (38.388 horas anuais en total) que fan que a ratio de atención deste servizo aumente ata o 88,43%.

 

Ademais de recoñecer os fitos acadados ata o de agora grazas a colaboración entre ambas entidades, os dous mandatarios estableceron novas liñas de traballo para continuar mellorando os servizos sociais do municipio. Outro tema de conversa foi o apoio da Xunta de Galicia a Aspromor, unha entidade que traballa en prol dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual e que atende a persoas dos concellos coruñeses de Cariño, Mañón e Ortigueira. A devandita entidade conta cun centro ocupacional, un centro especial de emprego e mais un centro residencial. Actualmente o Goberno galego inviste 220.740 euros para o concerto de prazas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: