Archive | junio 2016

Sinalou que o seu traballo resulta esencial para que as institucións sexan capaces de tomar as decisións máis axeitadas coa máxima axilidade posible Valeriano Martínez participou en A Coruña nun acto organizado con motivo da celebración da festividade dos economistas A Coruña, 30 de xuño de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou hoxe a importancia do labor que realizan os economistas para consolidar unha recuperación económica baseada na estabilidade e a planificación. Valeriano Martínez, que participou nun acto organizado polo Colexio de Economistas de A Coruña con motivo da festividade dos economistas, sinalou que o seu traballo resulta esencial para que “coa vosa axuda, as institucións poidamos contribuír a consolidar esta recuperación e sexamos capaces de tomar as decisións máis axeitadas coa máxima axilidade posible”. Durante a súa intervención, o titular de Facenda sinalou ademais que a estabilidade que vén mantendo o Executivo galego dende hai máis de sete anos “foi clave para que Galicia soportase mellor a crise, e axudará tamén a fortalecer a melloría económica”. Neste sentido, lembrou que a Xunta levou a cabo neste 2016 a maior rebaixa de impostos da autonomía; puxo en marcha políticas que afondan na recuperación do mercado laboral; aprobou un paquete de medidas sociais para que a recuperación chegue a todos os fogares; e reforzou o investimento. Ademais, tamén elaborou o Plan Estratéxico Galicia 2015-2020, un documento que marca a folla de ruta para fortalecer un modelo de crecemento integrador e inclusivo e trasladar de maneira xusta a recuperación económica ás empresas e á cidadanía. Finalmente, o conselleiro sinalou que “é máis necesario ca nunca seguir sumando esforzos para consolidar os avances económicos xa acadados e continuar por este camiño de estabilidade, solvencia e planificación”.

  • Sinalou que o seu traballo resulta esencial para que as institucións sexan capaces de tomar as decisións máis axeitadas coa máxima axilidade posible
  • Valeriano Martínez participou en A Coruña nun acto organizado con motivo da celebración da festividade dos economistas

 

A Coruña, 30 de xuño de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou hoxe a importancia do labor que realizan os economistas para consolidar unha recuperación económica baseada na estabilidade e a planificación.

 

Valeriano Martínez, que participou nun acto organizado polo Colexio de Economistas de A Coruña con motivo da festividade dos economistas, sinalou que o seu traballo resulta esencial para que “coa vosa axuda, as institucións poidamos contribuír a consolidar esta recuperación e sexamos capaces de tomar as decisións máis axeitadas coa máxima axilidade posible”.

 

Durante a súa intervención, o titular de Facenda sinalou ademais que a estabilidade que vén mantendo o Executivo galego dende hai máis de sete anos “foi clave para que Galicia soportase mellor a crise, e axudará tamén a fortalecer a melloría económica”.

 

Neste sentido, lembrou que a Xunta levou a cabo neste 2016 a maior rebaixa de impostos da autonomía; puxo en marcha políticas que afondan na recuperación do mercado laboral; aprobou un paquete de medidas sociais para que a recuperación chegue a todos os fogares; e reforzou o investimento.

 

Ademais, tamén elaborou o Plan Estratéxico Galicia 2015-2020, un documento que marca a folla de ruta para fortalecer un modelo de crecemento integrador e inclusivo e trasladar de maneira xusta a recuperación económica ás empresas e á cidadanía.

 

Finalmente, o conselleiro sinalou que “é máis necesario ca nunca seguir sumando esforzos para consolidar os avances económicos xa acadados e continuar por este camiño de estabilidade, solvencia e planificación”.

Xuntanza da alcaldesa do Porriño cos alcaldes de Salceda e Pontereas para a creación dun ‘consorcio’ para optar a proxectos europeos

Xuntanza proxectos europeosOs concellos de Salceda, Ponteareas, Mos e O Porriño, deron este xoves un primeiro paso para a creación dun ‘consorcio’ que facilitará a presentación de ideas que poidan optar a proxectos europeos de Formación Profesional e Ciclos medios, por medio das correspondentes concellerías de Educación e integrando aos centros formativos de cada un dos concellos.

Nunha xuntanza que tivo lugar hoxe mesmo no Concello do Porriño, os alcaldes de Salceda, Marcos Besada, de Ponteareas, Xosé Represas, e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre,as  concelleiras de Educación de Ponteareas, Cristina Fernández, e do Porriño, Lourdes Moure,  xunto co profesor Amador Ordoñez, coordinador de proxectos europeos do IES Ribeira do Louro, que conta cunha dilatada experiencia na coordinación de proxectos europeos, puxeron os alicerces desta iniciativa á que xa amosaron o seu desexo de sumarse os responsábeis municipais de Salvaterra, Tui e As Neves.

O primeiro paso é a creación dunha Plataforma on line para promover nos centros de formación, e para traballar conxuntamente, a nivel europeo, dando pulo á idea de emprendedor entre as alumnas e alumnos, poñendo en man dos centros unha ferramenta que facilite esta labor mediante a formación de profesores e estudantes e a mobilidade dos mesmos, en función dos proxectos presentados e das especialidades, dentro dos países da Unión Europea e asociados á mesma, como Turquía ou Suiza.

Os estudantes terán unha visión máis crara da realidade actual do mundo da empresa, en especial coñecendo que sectores están a medrar, atopar ocos de mercado, coñecer as novas estratexias empresariais ou o estado da globalización do mercado, de xeito que, por medio de ideas en común, experiencias e ideas conxuntas de cada un dos socios que participan nesta Plataforma, conquerir unha visión máis real do que debe de ser unha empresa na actualidade.

A idea final é a creación dunha rede de colaboración entre todos os centros, concellos e empresas, unha xestión moi complexa que, como sinala o profesor Ordóñez, “só é factible creando ‘consorcios’ formados por centros, o que podería denominarse como ‘escolas de escolas’, que permitan optar aos devanditos fondos europeos de formación”, unha experiencia que funciona xa, hai anos, en países como Suecia.

Ademais dos proxectos de cooperación que poden presentar conxuntamente os concellos da rede, hai outras accións, como as promovidas por Interreg Poctep, Programa Operativo de Cooperación Transfonteriza España-Portugal; Interreg Sudoe; Interreg Atlántico; Europa Creativa ou Europa dos Cidadáns, aos que poden sumarse accións de prevención de drogodependencia ou de acoso escolar, bullying e cyberbulling.

A XUNTA ACHEGA AO CONCELLO DE SANTIAGO POLO ESTATUTO DE CAPITALIDADE 2,32 MILLÓNS DE EUROS

  • A asignación mantense estable respecto ao ano anterior
  • A Administración galega cumpre co compromiso de contribuír ao sostemento dos servizos derivados da súa condición de capital de Galicia e sede das institucións autonómicas

 

O Consello da Xunta aprobou hoxe o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para o financiamento do Estatuto de capitalidade desta cidade. A cantidade que a Xunta achegará ao Concello para facer fronte aos gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma e sede das institucións autonómicas ascende a 2.325.000 euros, o mesmo importe que no 2015.

 

O 24 de xullo de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Lei 4/2002, de 25 de xuño, do Estatuto da capitalidade de Santiago de Compostela, co obxecto de regular o estatuto especial desta cidade como sede das institucións autonómicas e polo seu recoñecemento como capital da Comunidade Autónoma. Establécense así os mecanismos adecuados para o tratamento xurídico-administrativo e financeiro da capitalidade desta cidade.

 

Neste marco, realizarase unha xustificación do financiamento que consistirá na certificación da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control interno no Concello de Santiago, da toma de razón en contabilidade dos libramentos feitos pola Comunidade Autónoma de que os referidos importes derivan do establecido na Lei 4/2002, e de que estes foron destinados a financiar os gastos do Concello xurdidos como consecuencia de ser a capital de Galicia.

 

Deste xeito, e co obxectivo de establecer unha coordinación entre a Administración autonómica galega e o Concello de Santiago no referido ás competencias e responsabilidade derivadas da capitalidade, creouse o Consello da Capitalidade, que ademais será o encargado da interpretación e do seguimento do cumprimento do convenio aprobado hoxe.

 

A fixación de Santiago como sede das institucións autonómicas derivou na necesidade de afrontar novos retos, particularmente en relación coa prestación de servizos públicos, así como coa implantación de dotacións e equipamentos, determinados directamente pola presenza das institucións autonómicas no termo municipal.

Esta lei establece unha previsión de financiamento específico nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma co que se pretende contribuír ao financiamento dos servizos e gastos do Concello motivados por este estatuto de capitalidade.

 

A XUNTA DALLE A BENVIDA Á 42º FEIRA DO LIBRO NOVO DE VIGO, QUE SE CELEBRARÁ NA PORTA DO SOL DENDE MAÑÁ E ATA O 10 DE XULLO

  • 30062016_FeiraLibroAs Feiras do Libro de Galicia 2016 chegan a Vigo tras o seu percorrido polas catro provincias galegas
  • O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou hoxe na presentación desta 42º edición na Casa da Cultura Galega

 

Vigo, 30 de xuño de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu esta mañá á presentación da 42º Feira do Libro Novo de Vigo na Casa Galega da Cultura. Trátase dunha iniciativa promovida pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ademais de contar tamén co apoio das administracións locais.

 

Coma lembrou o delegado, as Feiras do Libro de Galicia 2016 chegan a Vigo tras o seu percorrido polas catro provincias, iniciado o pasado mes de abril en Pontevedra. Tras as últimas feiras en Riveira e Redondela, é a quenda de Vigo, que  acollerá esta cita co libro e coa lectura “na rúa” e que se devolverá dende mañá, 1 de xullo, e ata o próximo día 10 de xullo na súa nova ubicación na Porta do Sol.

 

Desde a Xunta de Galicia amosouse o apoio a esta celebración colectiva que conta coa “implicación imprescindible” dos libreiros e libreiras da cidade, que converterán a Vigo nunha fiestra aberta á produción editorial máis recente. “É fundamental a presenza e visualización dos libros na rúa co único obxectivo de incrementar os índices de lectura”, considerou López-Chaves, quen insistiu na importancia de “fomentar os hábitos de lectura” entre os máis xoves. Con todo, agradeceu a implicación da Federación e da Agrupación de Libreiros de Vigo, representada hoxe na figura de Xurxo Patiño.

 

Nos últimos anos, coma matizou, as Feiras do Libro veñen realizando un esforzo importante por se converteren en espazos dinámicos, “cunha oferta de actividades complementaria” coa que convidar a todos os públicos a se achegar á novas publicacións e á lectura. Por iso, ademais da venda de obras, a Feira do Libro programa tamén obradoiros, sesións de contacontos, sinatura e presentacións de libros cos seus autores e autoras, coloquios, etc. para favorecer a participación cidadá nestes eventos e fomentar a lectura a través de diferentes formatos.

 

Na edición de 2015 foron preto de 300 as actividades que se desenvolveron arredor das feiras e este ano seguen apostando por reforzar unha programación que, en Vigo, contará coa colaboración de 11 librarías e dúas bibliotecas municipais, a de Juan Compañel (Central) e a de Neira Vilas.

 

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA A CONVOCATORIA DE COMPRA DE TERREOS PARA A CONSTRUCIÓN DE 1.600 VIVENDAS PROTEXIDAS EN SAN PAIO DE NAVIA, Á QUE SE DESTINARÁN OITO MILLÓNS DE EUROS

 

  • Os propietarios de solo interesados  dispoñen de prazo ata o 30 de setembro para presentar as súas ofertas
  • Nos casos nos que nos terreos existan construcións ou elementos singulares a oferta poderá presentarase antes do 1 de setembro
  • O solo valorase en 126 euros por metro cadrado, ao que se deberá engadir o valor das construcións e elementos presentes nas fincas, como peches, arborado uo pozos
  • Cando existan vivendas e outras construcións ou elementos singulares, deberán incluirse na oferta fotos actuais e planos dos mesmos, así como unha proposta de valoración que avaliará a Xunta

 

  • A Xunta prevé que o vindeiro ano se poidan comezar as obras de urbanización e construción de vivendas no primeiro polígono se o Concello cumpre cos trámites de modificación do Plan Parcial

 

Santiago, 30 de xuño de 2016.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de adquisición dos terreos necesarios para a construción de 1.600 vivendas en San Paio de Navia, á que se destinarán 8 millóns de euros. No caso de que as ofertas presentadas polos propietarios do solo superen os oito millóns de euros previstos, a contía destinada á adquisición de solo poderá ser incrementada. No seguinte enlace ao DOG pódese consultar información desta convocatoria: http://goo.gl/z7LPLI

 

Os terreos valóranse a 126 euros por metro cadrado, ao que haberá que sumar o valor dos elementos existentes nas fincas, como construcións, peches, arborado, etc. Este valor é o prezo indicado para a expropiación na resolución do 23 de abril de 2008 e que non puido materializarse debido ás dificultades económicas e aos atrancos urbanísticos.

 

Os terreos que non se poidan conseguir a través de mutuo acordo por compravenda serán adquiridos por permuta cos seus propietarios ou a través dun posterior expediente de expropiación.

 

Os propietarios de terreos emprazados no ámbito de actuación deberán presentar as súas ofertas antes do 30 de setembro de 2016 con carácter xeral. No caso de que nas parcelas existan edificacións ou elementos singulares a valorar mediante un expediente contraditorio entre os seus titulares e a Administración o prazo de presentación de ofertas rematará o 1 de setembro de 2016.

 

Os titulares de terreos que acepten a oferta deberán presentar no Instituto Galego da Vivenda e Solo un escrito no cal figuren os seus datos persoais e os que permitan identificar a propiedade e coñecer a súa superficie. Para tal efecto, deberanse indicar a referencia catastral e, de ser o caso, os datos rexistrais.

No caso de existir, tamén deberán presentar unha relación de elementos presentes nos terreos, como peches, arborados, pozos, emparrados, etc., xunto coa valoración segundo os prezos de ditos elementos que se inclúen na Resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia.

Naqueles terreos en que existan vivendas e outras construción ou elementos singulares, deberán incluirse na oferta fotos actuais e planos dos mesmos, así como a valoración que lle da o propietario aos efectos de que a Xunta poida aceptar a oferta ou realizar una contraoferta para a adquisición dos terreos e as construcións.

Inicio de obras en 2017

A previsión da Xunta de Galicia é iniciar a obras de urbanización do polígono 1 en 2017, e dar comezo tamén paralelamente á construción de vivendas.

 

Previamente será necesaria a aprobación, polo Concello de Vigo, da modificación do Plan Parcial, para a cal a Xunta presentou a documentación necesaria o pasado 5 de xuño.

 

A modificación do Plan permitirá incrementar o número  de vivendas protexidas en preto de 1.000, concretamente 984, ao pasar de 613 que se podían edificar co documento orixinal ás 1.597 que se poderán construír grazas aos cambios introducidos no plan parcial. En total, a superficie construída destinada a vivenda protexida sitúase nos 189.000 metros cadrados, o que permitirá construír 165 vivendas unifamiliares e 1.430 distribuídas en bloques de edificación residencial.

 

A modificación do Plan Parcial tamén prevé o incremento substancial no número de prazas de aparcadoiro público, xa que se proxectan 1.230 prazas nas fases por desenvolver e 629 en terreos das fases xa urbanizadas, o que supón a execución de 1.859 novas prazas en San Paio de Navia.

 

Francisco Botas presenta a estratexia dixital de ABANCA na Universidade Internacional Menéndez Pelayo

  • O conselleiro delegado da entidade financeira presentou en Santander a ponencia ‘A banca na era dixital: innovación e evolución’
  • Francisco Botas: “No novo escenario os bancos desempeñarán un papel máis relevante e proactivo na vida diaria dos seus clientes cun enfoque clientecéntrico a través da omnicanalidade”
  • Innovación, experiencia do cliente, medios de pago e big data, claves da estratexia dixital de ABANCA, que en 2015 investiu 82 millóns de euros en tecnoloxía
20160630-abanca-pb-uimp
Francisco Botas, no transcurso da súa intervención na UIMP.

 

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou hoxe en Santander no seminario ‘Desafíos da economía española’, curso organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo para analizar as expectativas actuais da economía nacional a través das reflexións de destacadas personalidades da vida económica sobre as súas dimensións fiscal, monetaria, financeira e comercial.

Baixo o título de ‘A banca na era dixital: innovación e evolución’, a ponencia presentada por Francisco Botas estivo centrada no proceso de transformación que a tecnoloxía, en combinación con outros factores, está a impulsar no sector financeiro. Na súa opinión, no novo escenario “os bancos pasarán de ser facilitadores de transaccións e provedores de servizos financeiros a desempeñar un papel máis relevante e proactivo na vida diaria dos seus clientes cun enfoque clientecéntrico a través da omnicanalidade”.

Na súa intervención, o conselleiro delegado de ABANCA debuxou un novo escenario para o sector financeiro caracterizado pola evolución tecnolóxica e de experiencia dos consumidores, a presenza de novos actores (grandes tecnolóxicas e startups fintech), a prevalencia de tipos en mínimos e a intensidade regulatoria.

Resposta aos novos retos

Frente á influencia destes factores, Francisco Botas destacou a importancia para as entidades financeiras de “mellorar a experiencia dos seus clientes en base á innovación e os servizos de valor engadido”.

No centro deste proceso de transformación sitúase a banca dixital, que “non é só unha cuestión de eficiencia e transacción, senón que require transformar o modelo de negocio e relación co cliente, así como novos recursos e capacidades en tecnoloxía, procesos e persoas”, sinalou o conselleiro delegado de ABANCA.

Como ámbitos máis importantes nos que as entidades financeiras deben xerar respostas aos novos retos, Francisco Botas sinalou o coñecemento do cliente a través do aproveitamento intelixente do big data, “elemento clave para xerar unha oferta de valor para o cliente”, as novas necesidades tecnolóxicas derivadas do incremento das transaccións e os requirimentos de ciberseguridade, a creación dunha experiencia de cliente única para as diferentes canles dixitais e físicas, cun novo papel para a oficina bancaria, e a implantación dunha cultura innovadora que xere unha nova forma de traballar nas organizacións.

ABANCA Dixital

Na súa intervención, Francisco Botas referiuse tamén ás actuacións que ABANCA está a desenvolver desde unha visión clientecéntrica para situarse como unha das entidades de referencia a través dun novo modelo de distribución omnicanal ao redor de diferentes canles como a oficina bancaria, a banca móbil, as oficinas a tempo parcial, as redes socials, a banca electrónica, etc.

No ámbito do coñecemento do cliente e as súas necesidades, a entidade implantou unha nova axenda dixital baseada en tablets Microsoft Surface con alta mobilidade e unha nova sistemática comercial que permiten un seguimento máis próximo. Ademais, a través da aplicación do big data está a incrementar a súa capacidade para xestionar información, aproveitar fontes externas e explotar datos desestructurados.

No terreo da arquitectura tecnolóxica ABANCA reforzou a súa capacidade para lanzar produtos e executar proxectos complexos en prazos curtos (time to market), implantou a xestión de procesos completamente dixital e incrementou as súas posibilidades de procesado e almacenamento de datos. ABANCA foi a primeira entidade española en ofrecer a identificación por pegada na súa banca móbil e o único banco europeo co máximo nivel (5) de certificación CMMi®.

Banca electrónica e móvil

Polo que respecta á experiencia do cliente, ABANCA dispón da app de banca electrónica mellor valorada do mercado español por axilidade e prestacións (estudo Mobile Banking Spain 2016) e avanza cara á posibilidade de contratación 100% on-line dos seus produtos. A entidade dispón de solucións propias para retirar diñeiro ao instante sen necesidade de tarxeta nin transferencias (ABANCA Cash) e enviar diñeiro de maneira instantánea e gratuíta de móbil a móbil sen número de conta (ABANCA Pay). Ademais foi a segunda entidade europea en ofrecer o servizo de pago vía móbil Samsung Pay.

En 2015 ABANCA investiu 82 millóns de euros en innovación e tecnoloxía. O 40% dos seus clientes son usuarios da súa banca electrónica, cun incremento de 8 puntos no último ano. A banca móbil pasou a ser a segunda canle por transaccións, cun crecemento do 78%.

Concierto especial 2º aniversario: CRÓNICAS POP

cronicas2016Concierto especial 2º Aniversario del grupo CRÓNICAS POP en la sala Ensanche Music Club, Travesía de Santiago de Vigo Nº1, 36201 Vigo (Lateral derecho de la Iglesia Santiago de Vigo), se celebrara este Viernes 1 de Julio a las 23:15 hcon una entrada de 3€.
 
Como parte de la celebración de su segundo aniversario, el grupo de Vigo CRÓNICAS POP; banda homenaje al Pop Rock en castellano de todos los tiempos, el grupo presento en exclusiva para Facebook, el primer videoclip musical «Little Planet» con tecnologia 360º realizado en Galicia, con una versión de un tema muy conocido del grupo Fito y Fitipaldis…pudiéndose ver en su facebook: www.facebook.es/CRONICASPOP.
o en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=vc8u-pIloDA

 
En estos dos años la banda ha dado más de una treintena de conciertos en Vigo y localidades próximas, tanto en fiestas privadas como en pubs de la ciudad; Sala Master, Cuarenta, Barrocco, Island Club, Posada das Ánimas, Xancarajazz y otros; con gran aceptación y éxito de público, haciendo un recorrido de versiones de pop-rock en castellano desde los años 80´hasta la actualidad.

UN TOTAL DE 20 USUARIOS DA RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER REPRESENTARÁN A OBRA “DON JUAN” GRAZAS AO PROGRAMA LECER ACTIVO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

  • A función terá lugar mañá sábado 2 de xullo ás 20.00 horas no Teatro Rosalía da Coruña
  • Esta iniciativa beneficia aos maiores que viven en centros residenciais de titularidade pública co obxectivo de fomentar que estas persoas sigan a ser parte activa da sociedade. Os programas destinados ás persoas maiores do programa Lecer Activo incorporan accións que axudan a manter  un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais

 

Santiago, 30 de xuño de 2016.- Un total de 20 persoas maiores da cidade da Coruña realizarán unha representación teatral da obra “Don Juan” de Molière, ao abeiro do programa Lecer Activo da Consellería de Política Social, e coa colaboración da compañía teatral Voadora.  

 

Os actores e actrices realizarán unha adaptación libre do clásico “Don Juan ou o convidado de pedra”, que amosará o paralelismo entre a rebeldía e a paixón do personaxe de Molière e a situación dos maiores na sociedade actual.

 

A selección de participantes priorizou aos usuarios da Residencia de Maiores Torrente Ballester, pero a participación tamén estivo aberta ao resto de veciños e veciñas da cidade herculina. Todos eles traballarán baixo as ordes da directora Marta Pazos, dúas veces gañadora do Premio María Casares á mellor dirección.

 

O evento terá lugar mañá sábado 2 de xullo, ás 20.00 horas no Teatro Rosalía da Coruña, e a entrada será de balde ata completar aforo.

 

Programa Lecer Activo

Esta iniciativa beneficia aos maiores que viven en centros residenciais de titularidade pública co obxectivo de fomentar que estas persoas sigan a ser parte activa da sociedade. Os programas destinados ás persoas maiores do programa Lecer Activo incorporan accións que axudan a manter  un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais, e que permiten que os maiores persoas sigan formando parte da sociedade na que viven, con independencia de cal sexa o seu modo de residencia. Na oferta de actividades do Programa Lecer Activo 2016 teñen un papel activo tanto as persoas residentes nestes centros como os propios equipos profesionais, en tanto que son eles e elas os que deciden as actividades nas que teñen interese en participar, e isto é un elemento fundamental cara a que a través deste programa se poidan acadar os obxectivos que o mesmo ten: fomentar o benestar físico, mental e social a través do lecer.

 

Estratexia Galega de Envellecemento Activo 2016-2020

A Xunta de Galicia, a través deste e doutros programas, busca promover o envellecemento activo como piar para que os maiores galegos manteñan a súa autonomía. Deste xeito, proximamente será aprobada a Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 (ESGAEN) para posicionar á nosa comunidade como referente no eido do envellecemento activo e saudable desde unha perspectiva centrada nas persoas.

 

A Estratexia Galega de Envellecemento Activo dende a Innovación 2016-2020 xurde coa vontade de dar resposta ás demandas e necesidades derivadas do incremento da esperanza de vida media na nosa Comunidade Autónoma, que é unha das máis elevadas de toda España situándose en 86 anos fronte a 82 da media nacional. Ademais, este marco de actuación reforza o compromiso co envellecemento activo e o benestar das persoas maiores en Galicia atendendo ademais a principios de actuación transversais como a discapacidade, a contorna rural e tamén a perspectiva de xénero. tanto dos maiores como das persoas con discapacidade, dous colectivos prioritarios para o Goberno galego. Neste sentido, os catro eixes en que se fundamenta a Estratexia son o emprego; a participación na sociedade; a vida independente, activa e segura; e a non discriminación e a igualdade de oportunidades.

 

A XUNTA EXPLICA AO CONCELLO DE PONTEAREAS O FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

 

  • Xa solicitaron a adhesión ao programa 29 concellos e outros 23 solicitaron información previa á solicitude de adhesión
  • O Programa de Vivendas Baleiras permitirá destinar vivendas de propiedade pública ou privada a alugueiro social por parte de familias desfavorecidas

 

 

Santiago, 30 de xuño de 2016.- O director xeral do IGVS; Heriberto García Porto, e a secretaria xeral do mesmo, María Ángeles Domínguez, mantiveron hoxe unha reunión co alcalde do concello de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de servizos, Manuel Troncoso, co obxectivo de explicarlle o funcionamento do Programa de Vivendas Baleiras posto en marcha pola Xunta no pasado mes de abril no marco do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellor acceso á vivenda 2015-2020.

 

O concello de Ponteareas solicitou xa a adhesión ao devandito convenio. Na mesma reunión tamén se explicaron as 12 medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para evitar ou paliara os desafiuzamentos de vivendas.

 

O municipio poderá poñer en marcha os mecanismos de captación de vivendas baleiras para a súa inclusión no programa da Xunta de Galicia unha vez que se asine o correspondente acordo entre o IGVS e o concello adheríndose este último ao convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

 

Ata o momento xa son 29 os concellos de toda Galicia, que solicitaron formalmente a adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras, entre os que destacan o de Ourense, que foi o primeiro en facelo a comezos do mes de maio e que xa asinou o convenio de adhesión o 6 de xuño, ou o de Santiago de Compostela, que solicitou a adhesión o 18 de maio. Outros 23 concellos, solicitaron ao Goberno galego información previa á súa solicitude de adhesión ao convenio.

 

O Programa de Vivendas Baleiras permitirá, grazas ao convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp, destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social por parte de familias desfavorecidas.

 

As vivendas que se incorporen a este programa terán aseguradas, por parte do Executivo autonómico e sen custe para os propietarios, as seguintes coberturas:

 

  1. Un seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento.

 

  1. Un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios e a asistencia e defensa xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por impago de rendas, que inclúa como mínimo os honorarios de avogado e dereitos e suplidos de procurador, cando a súa intervención sexa preceptiva, gastos notariais e de outorgamento de poderes para preitos e gastos de execución procesual. A  garantía do cobro das rendas impagadas non poderá superar o período  máximo de doce mensualidades.

 

Estas coberturas serán efectivas durante o tempo en que as vivendas permanezan arrendadas ao abeiro deste programa.

 

Concellos

Poderán acollerse a este programa os concellos que asinen o acordo de adhesión anexo ao convenio coa Fegamp. Os concellos adheridos proporán ao IGVS a incorporación ao programa de vivendas baleiras da súa propiedade ou de terceiros, sempre que estean libres de cargas e gravames que impidan o seu arrendamento, ser conformes coa lexislación que lle sexa de aplicación, incluída a urbanística, estar desocupadas e ser susceptibles de uso, cando menos, desde o momento da solicitude de incorporación ao programa.

 

As vivendas incorporadas ao programa serán adxudicadas aos demandantes que cumpran os requisitos establecidos no convenio

 

Os concellos tamén proporán o procedemento de selección de arrendatarios e de adxudicación de vivendas respectando, en todo caso, os requisitos e prioridades sinalados no convenio coa Fegamp.

 

Enrique López Veiga presidió esta mañana el Consejo de Administración de la Autoridad Portuaria de Vigo.

.
Enrique López Veiga presidió esta mañana el Consejo de Administración de la Autoridad Portuaria de Vigo.

Vigo, 30 de junio de 2016.-  Tras la celebración del Consejo de Administración, el presidente ha comparecido ante los medios para informar de los acuerdos adoptados en el mismo.

En primer lugar, hizo referencia a la aprobación del Informe de Gestión correspondiente a los cinco primeros meses del ejercicio 2016 que contempla tanto los datos económicos como los datos estadísticos.

En cuanto a estos últimos, se observa un crecimiento del 1,01% en el movimiento de Mercancías. Asimismo, destacó el tráfico intermodal, especialmente los semi-remolques ro-ro, vinculados a la Autopista del Mar, que arroja un 33,25%.

Debido a la mala campaña de los cefalopoderos en Argentina, en especial por el descenso en las capturas de pota, causado por el efecto de la corriente de El Niño, responsable del desplazamiento de esta especie, el tráfico de pesca congelada ha sufrido un descenso de 13,57% en tanto que el de pesca fresca ha experimentado un ascenso del 7,96% con respecto al año anterior.

En lo que al registro de Buques se refiere, a pesar del descenso en cuanto al número, de 702 a 657, se produjo un incremento del 8,36% de los GTS.

Por otra parte, el tráfico de Cemento se redujo en un 27,32% y el del Granito en bruto en un 37,41%; por el contrario, el tráfico de Granito elaborado y el de Maderas ascendió un 20,1% y un 19,43% respectivamente, lo que supone un comportamiento muy favorable.

Por último, en cuanto a los datos económicos, el presidente resaltó el incremento del 7,50% en la Cifra de Negocio en el conjunto de resultados    con respecto al mismo periodo del ejercicio anterior.

En segundo lugar, López Veiga informó de la aprobación del protocolo de    intenciones entre Puertos del Estado, Autoridad Portuaria de Vigo, Consellería do Mar, Consellería de Economía e Industria, el Consorcio de la Zona Franca de Vigo y Campus del Mar para el establecimiento de un marco

 

de actuación conjunta a favor del desarrollo de la estrategia BLUE GROWTH en el Puerto de Vigo y su área de influencia.

Del mismo modo, comunica la aprobación de las cuentas anuales 2015, así como de la tarifa para el uso del “Edificio de Sesiones”.

Finalmente, el presidente se refirió a otro de los temas planteados en el Consejo en relación con la autorización para la prestación del servicio comercial de pesaje de vehículos a terceros a TERMAVI S.L.U., así como de la prestación del servicio comercial de embarque y desembarque de vehículos sin matricular a BERGÉ MARÍTIMA S.L.

En relación con este último punto matizó Lopez Veiga que no se trata, en realidad, de un servicio de estiba y desestiba, pues supone una actividad liberalizada dentro de las competencias portuarias.