Archive | junio 1, 2016

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo anuncia las candidaturas finalistas a los Premios Nacionales de la Moda 2015‏

* Las candidaturas finalistas representan a aquellas personas, instituciones, organizaciones, empresas e industrias que han realizado un esfuerzo importante para lograr la excelencia empresarial en el sector de la industria de la moda.

01.06.16. El Comité de Valoración Técnica de los Premios Nacionales de la Moda, compuesto por representantes de la administración y del sector de la industria de la moda, se ha reunido para seleccionar a los 23 finalistas de entre 151 candidaturas recibidas.

Los Premios Nacionales de la Moda, que se consolidan en su tercera edición, fueron creados en 2013 para reconocer el mérito y avalar el prestigio de la industria de la moda de España en nuestra sociedad, a través del reconocimiento a personas, instituciones, organizaciones e industrias que hayan realizado un esfuerzo importante para lograr la excelencia empresarial en este sector.

Estos galardones han contribuido a ensalzar la moda española como fuente de crecimiento económico, generación de empleo y yacimiento de emprendedores y empresas consolidadas de liderazgo mundial.

Los finalistas de la edición de 2015 son:

* Premio Nacional a la PYME de la Industria del Sector de la Moda, que valora a las pequeñas y medianas empresas que ha realizado un esfuerzo continuado y modélico en la industria del sector:

* Acosta.

* Dolores Font Cortés, S.A.

* Leyenda Personal (Dolores Promesas).

* Natura Bissé.

* Neck & Neck.

* Premio Nacional al Emprendimiento de la Industria del Sector de la Moda, que busca distinguir al emprendedor o a la empresa emprendedora que ha destacado por la introducción de nuevos conceptos en la industria del sector:

* Alma Bloom.

* Pisamonas Calzado Infantil.

* Woody’s Barcelona.

* Premio Nacional al Diseñador de Moda, en dos modalidades: Premio Nacional a la Trayectoria y Premio Nacional al Nuevo Valor, que distingue tanto al diseñador de amplia trayectoria, y que es referente para otros, como al de corta trayectoria profesional, pero con un trabajo meritorio:

* A la trayectoria:

* Helena Rohner.

* Pili Carrera.

* Roberto Torreta.

* Al nuevo valor:

* García Madrid.

* María Ke Fisherman.

* Maya Hansen.

* Premio Nacional a la Industria Textil de Cabecera, de curtidos y de otras materias primas y componentes para la industria del sector de la moda, que reconoce la importancia de la industria productora de todo tipo de hilados, tejidos y cuero y otras materias primas como punto de partida en el proceso de transformación productiva para las empresas de moda:

* Analco Auxiliar de Calzado.

* Curtidos Badia, S.A.

* Royo Textile Group.

* Premio Nacional a la Comunicación en el Sector de la Moda, que premia a todos aquellos relacionados con los medios de comunicación y que han contribuido a difundir la actividad de la industria de la moda, su reconocimiento social y su promoción nacional e internacional:

* Ediciones Condé Nast España.

* Flash Moda (TVE).

* Revista Elle.

* Premio Nacional a la Academia y a la Cultura, que reconoce a aquellas personas, instituciones y organizaciones académicas o culturales que han tenido un papel destacado en la formación de profesionales, o han logrado difundir los diferentes valores que representa el dector de la moda en nuestra sociedad

* Centro Superior de Diseño de Moda de Madrid (Universidad Politécnica de Madrid).

* Fundación Privada para Innovación textil (FITEX).

* ISEM – Fashion Business School (Universidad de Navarra).

El fallo del jurado y la entrega de los premios se efectuarán en un acto que se convocará al efecto el próximo mes de julio.

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE REFORZA O DESENVOLVEMENTO DA EXPRESIÓN ARTÍSTICA E A INTEGRACIÓN SOCIAL DOS MOZOS E MOZAS A TRAVÉS DO PROXECTO MOCIDADE EN ACCIÓN

  • O obxectivo é ofrecer á xuventude aos rapaces e rapazas a posibilidade de participar activa e socialmente en actividades que favorezan o seu desenvolvemento
  • Dentro das actividades levadas a cabo no marco desta iniciativa se inclúen un taller sobre o proceso creativo, visitas coloquios para o achegamento entre mozos e mozas e expertos en determinadas materias co fin de aportar coñecementos e intercambiar experiencias ou talleres prácticos para promover a alimentación saudable entre outros

 

Pontedeume (A Coruña), 1 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe as instalacións do Espazo Xove de Pontedeume para coñecer de primeira man as actividades que se desenvolven no proxecto “Mocidade en Acción”, unha iniciativa que un grupo de mozos e mozas están a desenvolver nos Espazos Xove de Pontedeume, Betanzos e Vilalba. Cecilia Vázquez sinalou que “este proxecto ten como obxectivo ofrecer á xuventude a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes actividades que favorezan o seu desenvolvemento mediante a formación e expresión artística, o ocio activo e a integración social, ademais de apoiar o asociacionismo xuvenil e favorecer o traballo en equipo”.

Dentro das actividades levadas a cabo no marco desta iniciativa se inclúen un taller sobre o proceso creativo, dende o nacemento dunha idea ata plasmala sobre o papel; visitas coloquios para o achegamento entre mozos e mozas e expertos en determinadas materias co fin de aportar coñecementos e intercambiar experiencias; talleres prácticos para promover a alimentación saudable entre a mocidade; actividades para a organización e posta en marcha de colectivos xuvenís co fin de promover o asociacionismo e valores como a superación persoal e o traballo en equipo, entre outros; e unha xornada para a recuperación dun espazo coa finalidade de desenvolver o sentimento de pertenza a súa comunidade e promover o voluntariado xuvenil.

O Espazo Xove de Pontedeume forma parte da Rede galega de información xuvenil, xunto coas oficinas municipais de Información Xuvenil, o Centro Coordinador de Información Xuvenil de Santiago e os Espazos Xove de Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Lalín, Tui, Vilagarcía, Chantada, Vilalba, Viveiro e Ourense.

Estes centros, dependentes da Consellería de Política Social, desenvolven actividades de interese para a xuventude, tales como actividades formativas, culturais, deportivas, creativas e artísticas, de lecer e no eido do tempo libre e voluntariado. Ademais, colaboran coas asociacións xuvenís, centros educativos e entidades da respectiva zona xeográfica no asesoramento, posta en marcha e realización de actividades dirixidas aos mozos e mozas.

Contan con espazos expositivos, de ocio e espazos con equipamento informático a disposición dos usuarios. Así mesmo son centros expedidores dos carnés para a mocidade: Carné Xove, carné de alberguista, carné de estudante internacional (ISIC), carné de profesor internacional (ITIC) e carné internacional para non estudantes (IYTC).

Cecilia Vázquez sinalou que ao longo do 2015 estes trece centros levaron a cabo máis de 200 actividades, propias e en colaboración con distintas entidades, sumando máis de 150.000 usuarios. E no primeiro trimestre do 2016 o número de usuarios supera os 30.000 mozos con máis de 40 actividades postas en marcha.

A directora xeral de Xuventude recordou que estes centros tamén participan no proxecto SIX+Garantía Xuvenil, un proxecto piloto posto en marcha en marzo do 2015 que ten por finalidade dar soporte e información aos mozos e mozas sobre o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, especialmente no referente ao proceso de solicitude de inscrición.

 

A XUNTA COLABORARÁ TECNICA E FINANCEIRAMENTE COA MELLORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE AUTOBÚS A PEINADOR CANDO O CONCELLO DE VIGO ACHEGUE UNHA PROPOSTA SERIA E RIGOROSA

  • A directora xeral de Mobilidade trasladou a semana pasada aos técnicos municipais a necesidade de sustentar a proposta en datos imprescindibles como os tempos de percorrido ou unha análise da demanda
  • A proposta remitida polo Concello de Vigo solicita á Xunta 300.000 euros para o financiamento dun servizo do que se descoñece a demanda e polo tanto, o custo
  • O modelo formulado polo Concello de Vigo non responde á vontade do Executivo galego de mellorar o servizo para adaptalo ás demandas dos usuarios

 

 Santiago, 1 de xuño de 2016.- A Xunta de Galicia colaborará tecnica e financeiramente coa mellora do servizo municipal de autobús a Peinador, tal e como ten comprometido, cando o Concello de Vigo achegue unha proposta seria e rigorosa para acometela. Así llo trasladou a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, aos técnicos municipais que participaron a pasada semana na reunión do grupo de traballo organizado polo Ministerio de Fomento para mellorar a conectividade dos aeroportos galegos.

 

Foi na anterior reunión dese grupo de traballo cando Aena deixou constancia do mal funcionamento do servizo municipal de autobús a Peinador, que rexistra a demanda máis baixa das liñas que conectan as terminais galegas desde o centro das súas cidades de referencia.

 

Por ese motivo, desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda  se remitiu o pasado 26 de febreiro un escrito ao Concello de Vigo expresando a vontade de colaborar co funcionamento dese servizo e solicitaba a celebración dunha reunión para abordar esa cuestión. Sen embargo, o Concello de Vigo nunca contestou a ese escrito.

 

O pasado mes de abril a Xunta convocou ao Concello a unha reunión sobre a estación intermodal de Vigo na que o municipio solicitou, a última hora, incluír como asunto a tratar, a mellora do autobús ao aeroporto de Peinador. Sen embargo, o Concello non achegou a esa xuntanza nin documentación nin proposta algunha para mellorar o servizo municipal, a pesar de dispor da vontade expresa de colaboración da Xunta desde o mes de febreiro.

 

O certo é que desde que remitiu aquel escrito, o Goberno galego leva agardando a que  o Concello proporcione a información de usuarios da liña actual.

 

O pasado mes de maio a Dirección Xeral de Mobilidade recibiu unha proposta de servizo de autobús a Peinador elaborada polo Concello de Vigo que reclama un financiamento autonómico de 300.000 euros pero que carece dunha análise de factores como os tempos de percorrido ou de datos tan imprescindibles para calcular o custo como a previsión de demanda.

 

En definitiva, a Xunta considera que o modelo formulado polo Concello de Vigo non responde á vontade do Executivo galego de mellorar o servizo para adaptalo ás demandas dos usuarios.

 

O Porriño e Tui sedes do Campionato de España de Clubes de Baloncesto Infantil en categoría feminina

SorteoO Porriño e Tui serán as sedes del Campionato de España de Clubes de Baloncesto de categoría infantil feminina, que se disputará del 12 al 18 de xuño e no que competirán 36 equipos e preto de 400 deportistas.

Este mércores, el Concello do Porriño foi o escenario do sorteo dos grupos nos que se encadrarán os mellores equipos da categoría, entre eles tres galegos: Seis do Nadal e o Celta, de Vigo, e o Pío XII-Rosalía de Castro, de Compostela, cuios emparellamientos como o resto dos mesmos foron retransmitidos en directo dende el Salón de Plenos do Concello porriñés e que poden consultarse, xunto coas sedes e horarios dos encontros, na web da Federación Española de Baloncesto (FEB) http://www.feb.es e na da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), http://www.fegaba.com.

Logo do acto, o representante da Federación Española, David Aurich, sinalou que voltar a Galicia a disputar unha competición é “un pracer” tras as dúas ocasións anteriores nas que se organizaron campionatos en terras galegas “que resultaron un grande éxito”.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, subliñou que é “unha ledicia” para a súa cidade poñer a dispor das deportistas os seus tres pavillóns “nos que agardo que se atopen tan ben coma os afeizoados que acudirán a presenciar os partidos”.

O presidente de la Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, agradeceu á Federación Española que confiase, de nono, en Galicia, ademáis da acollida dos concellos do Porriño eTui onde, lembrou, organizouse, en 2011, o mesmo campionato en categoría júnior.

Finalmente, o concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, logo de valorar a contribución do Club Baloncesto Tui e Club Baloncesto Porriño, deu a benvisda, por adiantado, aos milleiros de persoas que acudirán ás sedes tudense e porriñesa a disfrutar da actuación “destas magníficas deportistas” e lembrou o traballo dos clubes da vila coas categorías inferiores “en todas as modalidades”.

 

inauguración O MUNCO FLÚE / EL MUNDO FLUYE .O Marco

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

O MUNDO FLÚE

Dúas miradas sobre unha mesma realidade

Organizada e producida por:

 

 once

 

 

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles á conferencia de prensa que terá lugar este venres 3 de xuño ás 11.00, no salón de actos, co gallo dainauguración da exposición ‘O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade’, organizada e producida por Fundación ONCE.

A mostra, que irá acompañada dunha programación de visitas e obradoiros, ocupará o espazo do Laboratorio das Artes (1º andar), do 3 de xuño ao 4 de setembro.

Nesta presentación participarán:

–  Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo e vicepresidente da Fundación MARCO

–  Mercé Luz Arqué, comisaria da exposición e xefa do Departamento de Cultura e Ocio de Fundación ONCE

–    José Antonio Fernández Rodeiro, director da ONCE en Vigo

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

Simultaneamente, comezará na propia sala de exposición unha visita-obradoiro dun grupo de escolares do CEIP Sárdoma-Moledo, dirixida por persoal do departamento de didáctica do MARCO, coa que dá comezo o programa educativo que se desenvolverá en paralelo a esta mostra.

Unha vez rematada a conferencia de prensa, os medios están convidados a visitar a sala de exposición en compañía da comisaria e participantes, así como a tomar imaxes da visita-obradoiro.

19.00. Visita guiada e apertura de portas:

Pola tarde, ás 19.00, terá lugar a apertura de portas ao público, e unha visita guiada por parte da comisaria, Mercé Luz Arqué, dirixida a Asociacións e público en xeral.

 

Sobre a exposición

 

O MUNDO FLÚE

Dúas miradas sobre unha mesma realidade

Do 3 de xuño ao 4 de setembro de 2016

MARCO, Laboratorio das Artes (1º andar)

Comisariado: Mercé Luz Arqué

Produción: Fundación ONCE

 

Con esta exposición, Fundación ONCE pretende divulgar a obra de artistas con discapacidade entre aquelas persoas relacionadas profesionalmente co mundo da arte o que non tiveron a oportunidade de visitar a Bienal de Arte Contemporánea que organiza a entidade.

A mostra está formada por unha vintena de obras de artistas con algún tipo de discapacidade (física, sensorial, intelectual e enfermidade mental) ou ben de creadores que, sen teren discapacidade, utilizan esta como tema de inspiración. Así, a selección de obras e artistas presenta ao espectador unha multiplicidade de puntos de vista na interpretación da discapacidade. Deste matiz xurde o subtítulo “dúas miradas sobre a mesma realidade”.

Os visitantes poderán gozar dunha exposición que xa ten percorrido cidades como Barcelona, Alacante, San Sebastián, A Coruña ou Badaxoz e que amosa unha selección de obras de artistas de recoñecido prestixio internacional, como Cristina García Rodero, Judith Scott, Pete Eckert ou Dan Miller, entre moitos outros, que ofrecen un discurso estético plural e sensible.

No caso do MARCO de Vigo, grazas ao patrocinio de Fundación ONCE, do 3 de xuño ao 29 de xullo se desenvolverá, paralelamente á mostra, un programa educativo dirixido nunha primeira fase a grupos de escolares, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e as súas familias.

 

JOSÉ MANUEL REY VARELA AVANZA NA ROLDA DE ENCONTROS COS REXEDORES GALEGOS DE CARA A COORDINAR A POLÍTICA SOCIAL E OS SERVIZOS DESTINADOS AOS CIDADÁNS DE GALICIA

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade Rúa. foto xoán crespo 01/06/16

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade Rúa.
    foto xoán crespo
    01/06/16

    Ambos mandatarios abordaron os temas de índole social do concello ourensán e repasaron os programas que se están a levar a cabo pola Xunta de Galicia na localidade, nomeadamente o incremento de horas no Servizo de Axuda no Fogar

 

Santiago, 1 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continua coa súa quenda de encontros cos representantes locais dos municipios galegos cunha nova xuntanza de traballo coa alcaldesa de Rairiz de Veiga (Ourense), Josefa Asunción Morgade Rúa. Estes encontros enmárcanse na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

 

Na reunión, que tivo lugar no despacho do conselleiro en San Caetano, os mandatarios galegos abordaron os temas de índole social do concello e afondaron na cooperación entre ambas institucións co obxectivo de incrementar as prazas de atención aos maiores por parte do Concello.

 

Neste sentido, alcaldesa e conselleiro avanzaron medidas para mellorar os servizos orientados á terceira idade, xuventude, infancia ou dependencia. Así mesmo, repasaron as acción que se están a levar a cabo na localidade por parte da Xunta de Galicia. Cómpre destacar o incremento por parte da administración autonómica de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 735 horas ao mes do que se benefician 21 veciños e veciñas, situación a ratio de atención no 99,5%.

 

A XUNTA DE GALICIA PARTICIPA NA ENTREGA DE CONSOLAS E VIDEOXOGOS AOS NENOS DA UNIDADE DE PEDIATRÍA ONCOLÓXICA DO HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE GALICIA

  • IMG_1143A iniciativa parte da celebración, na segunda fin de semana de maio, do encontro informático Gaiás Gaming, que contou co apoio da Consellería de Política Social a través do programa Carné Xove

 

Santiago, 1 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez e o xerente da Área Sanitaria de Santiago, Luis Verde, acompañaron na mañá de hoxe aos mozos e mozas que compoñen o colectivo Gaias Gaming na entrega de consolas e videoxogos doados por esta entidade para a unidade de pediatría oncolóxica do Hospital Clínico Universitario de Galicia.

 

Esta iniciativa partiu da celebración, na segunda fin de semana de maio, do encontro informático Gaiás Gaming, que contou co apoio da Consellería de Política Social a través do programa Carné Xove. Este evento foi a primeira LAN Party con carácter solidario de toda España, xa que de cada venda de entradas, pulseiras e camisetas a organización destinou un euro para a compra das consolas e dos videoxogos.

 

Programa Carné Xove

O programa Carné Xove, dentro do que se inclúe o certame Gaiás Gamming, conta a día de hoxe cun total de 49.874 beneficiarios e máis de 3.000 establecementos adheridos en toda Galicia.

 

A finalidade do Carné Xove é facilitar á xente nova con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos (ambos incluídos) o acceso a bens e servizos en tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ocio, ensino, etc.; nunhas condicións máis favorables mediante descontos e outras vantaxe. Así mesmo, os titulares teñen dereito a rebaixas nas iniciativas que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, tales como a Campaña de Verán, programas de mobilidade e ocio alternativo; actividades na neve e diferentes cursos e accións formativas. Ademais, estas vantaxes non se limitan aos 3.040 establecementos de Galicia apuntados a este programa, senón que tamén se obteñen no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos que forman parte do mesmo.

 

Esta iniciativa conta con 29 anos de historia dende a súa orixe no Protocolo de Lisboa de 1987, no que se sinala como beneficiarios aos mozos e mozas europeos de entre 16 e 26 anos, se ben en Galicia esta franxa estendeuse ata os 30 anos.

 

A Escuela de Negocios Afundación de ieside celebrou esta tarde o acto de graduación en ade-bba

A Escuela de Negocios Afundación de ieside celebrou esta tarde, ás 19.00 h no Teatro Afundación de Vigo, a cerimonia de graduación en ADE-BBA, que suma xa 22 promocións desde que foi implantado pola institución académica. Ao acto asistiron, ademais dos 32 alumnos e alumnas que obtiveron o seu título de grao, Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da Universidade de Vigo; Jaime Aneiros Pereira, concelleiro de Facenda e Orzamentos de Vigo; Aurelio Villa Sánchez, director da Escuela de Negocios Afundación de ieside; Miguel Ángel Escotet Álvarez, presidente de Afundación; e Francisco Botas Ratera, conselleiro delegado de ABANCA e patrón de Afundación, quen pronunciou a lección maxistral. Unha lección na que Francisco Botas animou os recentemente graduados e graduadas a impulsar desde a innovación os seus propios proxectos empresariais. «O que observamos na evolución de ABANCA e a súa aposta pola tecnoloxía é que a innovación é a mellor estratexia para competir tanto no mercado actual como no futuro», destacou Francisco Botas. «Xunto á iniciativa, a autonomía, a versatilidade e a capacidade de relación coa contorna, a innovación é un dos ingredientes esenciais no éxito de calquera proxecto», sinalou. O conselleiro delegado do banco, con sede en Galicia, tamén remarcou os efectos positivos da creación de empresas. «A localización de emprego na comunidade e a contratación de provedores locais, que no caso de ABANCA son superiores ao 80 % das súas cifras totais, son pancas de xeración de riqueza decisivas para Galicia», defendeu.

Atchúusss, con Malena e Ernesto Alterio, Enric Benavent, Fernando Tejero e Adriana Ozores chega ao Teatro Afundación de Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa tempada de teatro en Vigo coa obra Atchúusss, baseada nos textos humorísticos de Anton Chejov. A representación, dirixida por Carles Alfaro e protagonizada por Malena e Ernesto Alterio, Enric Benavent, Fernando Tejero e Adriana Ozores, terá lugar mañá, xoves 2 de xuño, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo. Esta obra é parte da Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e novas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.

AS CONSELLERÍAS DE POLÍTICA SOCIAL E EDUCACIÓN COOPERARÁN PARA FAVORECER O ÉXITO ESCOLAR DOS MENORES BAIXO TUTELA OU GARDA

  • 201606011100_Conselleiros1_O acordo ten por obxecto coñecer a situación escolar dos menores entre 10 e 16 anos que están nunha situación de protección ou con medidas xudiciais e baixo a responsabilidade da administración autonómica

 

Lugo, 1 de xuño de 2016.- A Consellería de Política Social e a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborarán para favorecer o éxito escolar dos menores baixo tutela ou garda da administración autonómica durante o curso 2015-2016. Así se recolle no acordo de cooperación que esta mañá asinaron no centro de menores Nosa Señora dos Ollos Grandes, en Lugo, os responsables destas dúas carteiras autonómicas, José Manuel Reu Varela e Román Rodríguez González, respectivamente.

 

En concreto, o convenio ten por obxecto coñecer a situación escolar dos menores de entre 10 e 16 anos que están nunha situación de protección ou con medidas xudiciais e baixo a responsabilidade da administración autonómica; así como o deseño e desenvolvemento de programas e accións dirixidas a este colectivo coa finalidade de favorecer o seu éxito escolar. Con este obxectivo realizarase, en primeiro lugar, un estudo diagnóstico sobre a realidade nas aulas deste grupo de menores que servirá, despois, para a elaboración e aplicación de propostas e actuacións que eviten e preveñan posibles casos de abandono educativo temperá. Ademais de Política Social e Educación, no protocolo subscrito tamén se contempla a colaboración do profesorado dos centros docentes que conten con alumnado tutelado ou en garda, dos equipos do programa Mentor, do persoal dos centros de protección onde residan os/as menores e das familias que ostenten a garda dos menores.

 

Rey Varela destacou a importancia deste convenio para favorecer unha mellora do éxito escolar deste alumnado. Ao respecto, o titular de Política Social explicou que “esta cooperación educativa permitirá ter un coñecemento específico das circunstancias que inflúen no rendemento escolar dos menores e adolescentes tutelados ou en garda; e así poderemos abordar as situacións que favorezan unha mellora no éxito escolar deste alumnado”.  

 

Atención á diversidade

Neste sentido, o conselleiro de Cultura e Educación subliñou que o convenio permite dar un paso máis na atención á diversidade desde o ámbito educativo, “un eido co que este departamento está totalmente comprometido”, remarcou. En palabras de Román Rodríguez, “trátase de garantir unha atención individualizada para mellorar o rendemento escolar e axudar a favorecer o desenvolvemento persoal deste alumnado, co fin de que ningún neno ou nena se quede atrás no proceso educativo por mor das súas circunstancias particulares”.

 

As diferentes medidas e protocolos postos en marcha pola Consellería buscan, precisamente, adecuar a resposta educativa ás especificidades e singularidades de cada alumno ou alumna. Deste xeito, existen diferentes iniciativas, elaboradas en conxunto con fundacións e asociacións, a disposición de toda a comunidade educativa, e que teñen como obxectivo guiar ao profesorado no seu día a día e facilitar a súa actuación na aula ante determinadas casuísticas, como pode ser a atención de alumnado con TDAH, con Asperger, etc.

 

Atención integral

Na actualidade, a Xunta de Galicia ten a preto de 2.000 menores baixo a súa protección en diferentes modalidades: tutelados, en garda, en acollemento residencial ou en acollemento familiar; e o obxectivo da administración autonómica coas medidas e programas que dirixe a este colectivo é o desenvolvemento e o fortalecemento persoal do mesmo. Ao respecto, o responsable da área social do Goberno galego apuntou que “é unha prioridade realizar unha atención integral a toda a infancia e, de maneira particular, aos menores que sofren unha situación de desprotección ou conflito social”, apuntou o responsable da área social do Goberno galego. “Queremos previr situacións de desamparo, e no caso de que estas se produzan actuar de maneira rápida e eficaz garantindo en todo momento os dereitos do menor”, engadiu.

 

A administración autonómica reforzou este ano 2016 as medidas e iniciativas de atención e prevención de menores en situación ou risco de desprotección social. Así, o orzamento para este ámbito ascende a 26 millóns de euros, o que supón 1,5 millóns de euros máis que o ano pasado. Asemade, téñense reforzado os programas de acollemento tanto en familia extensa como en allea como aposta prioritaria da Xunta de Galicia para a integración destes menores, ao mesmo tempo que se continúa co progresivo incremento das prazas en centros de internamento, que nos últimos anos subiron un 33% pasando de 94 prazas en 2009 ás 125 actuais.

 

Outras accións que ten en marcha a Xunta de Galicia neste ámbito son, entre outros: o Programa de Intervención Familiar, o Mentor, os Puntos de Encontro Familiar, a liña telefónica gratuíta de apoio á infancia (116 111) ou o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil.