A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE REFORZA O DESENVOLVEMENTO DA EXPRESIÓN ARTÍSTICA E A INTEGRACIÓN SOCIAL DOS MOZOS E MOZAS A TRAVÉS DO PROXECTO MOCIDADE EN ACCIÓN

  • O obxectivo é ofrecer á xuventude aos rapaces e rapazas a posibilidade de participar activa e socialmente en actividades que favorezan o seu desenvolvemento
  • Dentro das actividades levadas a cabo no marco desta iniciativa se inclúen un taller sobre o proceso creativo, visitas coloquios para o achegamento entre mozos e mozas e expertos en determinadas materias co fin de aportar coñecementos e intercambiar experiencias ou talleres prácticos para promover a alimentación saudable entre outros

 

Pontedeume (A Coruña), 1 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe as instalacións do Espazo Xove de Pontedeume para coñecer de primeira man as actividades que se desenvolven no proxecto “Mocidade en Acción”, unha iniciativa que un grupo de mozos e mozas están a desenvolver nos Espazos Xove de Pontedeume, Betanzos e Vilalba. Cecilia Vázquez sinalou que “este proxecto ten como obxectivo ofrecer á xuventude a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes actividades que favorezan o seu desenvolvemento mediante a formación e expresión artística, o ocio activo e a integración social, ademais de apoiar o asociacionismo xuvenil e favorecer o traballo en equipo”.

Dentro das actividades levadas a cabo no marco desta iniciativa se inclúen un taller sobre o proceso creativo, dende o nacemento dunha idea ata plasmala sobre o papel; visitas coloquios para o achegamento entre mozos e mozas e expertos en determinadas materias co fin de aportar coñecementos e intercambiar experiencias; talleres prácticos para promover a alimentación saudable entre a mocidade; actividades para a organización e posta en marcha de colectivos xuvenís co fin de promover o asociacionismo e valores como a superación persoal e o traballo en equipo, entre outros; e unha xornada para a recuperación dun espazo coa finalidade de desenvolver o sentimento de pertenza a súa comunidade e promover o voluntariado xuvenil.

O Espazo Xove de Pontedeume forma parte da Rede galega de información xuvenil, xunto coas oficinas municipais de Información Xuvenil, o Centro Coordinador de Información Xuvenil de Santiago e os Espazos Xove de Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Lalín, Tui, Vilagarcía, Chantada, Vilalba, Viveiro e Ourense.

Estes centros, dependentes da Consellería de Política Social, desenvolven actividades de interese para a xuventude, tales como actividades formativas, culturais, deportivas, creativas e artísticas, de lecer e no eido do tempo libre e voluntariado. Ademais, colaboran coas asociacións xuvenís, centros educativos e entidades da respectiva zona xeográfica no asesoramento, posta en marcha e realización de actividades dirixidas aos mozos e mozas.

Contan con espazos expositivos, de ocio e espazos con equipamento informático a disposición dos usuarios. Así mesmo son centros expedidores dos carnés para a mocidade: Carné Xove, carné de alberguista, carné de estudante internacional (ISIC), carné de profesor internacional (ITIC) e carné internacional para non estudantes (IYTC).

Cecilia Vázquez sinalou que ao longo do 2015 estes trece centros levaron a cabo máis de 200 actividades, propias e en colaboración con distintas entidades, sumando máis de 150.000 usuarios. E no primeiro trimestre do 2016 o número de usuarios supera os 30.000 mozos con máis de 40 actividades postas en marcha.

A directora xeral de Xuventude recordou que estes centros tamén participan no proxecto SIX+Garantía Xuvenil, un proxecto piloto posto en marcha en marzo do 2015 que ten por finalidade dar soporte e información aos mozos e mozas sobre o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, especialmente no referente ao proceso de solicitude de inscrición.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: