A Escuela de Negocios Afundación de ieside celebrou esta tarde o acto de graduación en ade-bba

A Escuela de Negocios Afundación de ieside celebrou esta tarde, ás 19.00 h no Teatro Afundación de Vigo, a cerimonia de graduación en ADE-BBA, que suma xa 22 promocións desde que foi implantado pola institución académica. Ao acto asistiron, ademais dos 32 alumnos e alumnas que obtiveron o seu título de grao, Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da Universidade de Vigo; Jaime Aneiros Pereira, concelleiro de Facenda e Orzamentos de Vigo; Aurelio Villa Sánchez, director da Escuela de Negocios Afundación de ieside; Miguel Ángel Escotet Álvarez, presidente de Afundación; e Francisco Botas Ratera, conselleiro delegado de ABANCA e patrón de Afundación, quen pronunciou a lección maxistral. Unha lección na que Francisco Botas animou os recentemente graduados e graduadas a impulsar desde a innovación os seus propios proxectos empresariais. «O que observamos na evolución de ABANCA e a súa aposta pola tecnoloxía é que a innovación é a mellor estratexia para competir tanto no mercado actual como no futuro», destacou Francisco Botas. «Xunto á iniciativa, a autonomía, a versatilidade e a capacidade de relación coa contorna, a innovación é un dos ingredientes esenciais no éxito de calquera proxecto», sinalou. O conselleiro delegado do banco, con sede en Galicia, tamén remarcou os efectos positivos da creación de empresas. «A localización de emprego na comunidade e a contratación de provedores locais, que no caso de ABANCA son superiores ao 80 % das súas cifras totais, son pancas de xeración de riqueza decisivas para Galicia», defendeu.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: