A XUNTA COLABORARÁ TECNICA E FINANCEIRAMENTE COA MELLORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE AUTOBÚS A PEINADOR CANDO O CONCELLO DE VIGO ACHEGUE UNHA PROPOSTA SERIA E RIGOROSA

  • A directora xeral de Mobilidade trasladou a semana pasada aos técnicos municipais a necesidade de sustentar a proposta en datos imprescindibles como os tempos de percorrido ou unha análise da demanda
  • A proposta remitida polo Concello de Vigo solicita á Xunta 300.000 euros para o financiamento dun servizo do que se descoñece a demanda e polo tanto, o custo
  • O modelo formulado polo Concello de Vigo non responde á vontade do Executivo galego de mellorar o servizo para adaptalo ás demandas dos usuarios

 

 Santiago, 1 de xuño de 2016.- A Xunta de Galicia colaborará tecnica e financeiramente coa mellora do servizo municipal de autobús a Peinador, tal e como ten comprometido, cando o Concello de Vigo achegue unha proposta seria e rigorosa para acometela. Así llo trasladou a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, aos técnicos municipais que participaron a pasada semana na reunión do grupo de traballo organizado polo Ministerio de Fomento para mellorar a conectividade dos aeroportos galegos.

 

Foi na anterior reunión dese grupo de traballo cando Aena deixou constancia do mal funcionamento do servizo municipal de autobús a Peinador, que rexistra a demanda máis baixa das liñas que conectan as terminais galegas desde o centro das súas cidades de referencia.

 

Por ese motivo, desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda  se remitiu o pasado 26 de febreiro un escrito ao Concello de Vigo expresando a vontade de colaborar co funcionamento dese servizo e solicitaba a celebración dunha reunión para abordar esa cuestión. Sen embargo, o Concello de Vigo nunca contestou a ese escrito.

 

O pasado mes de abril a Xunta convocou ao Concello a unha reunión sobre a estación intermodal de Vigo na que o municipio solicitou, a última hora, incluír como asunto a tratar, a mellora do autobús ao aeroporto de Peinador. Sen embargo, o Concello non achegou a esa xuntanza nin documentación nin proposta algunha para mellorar o servizo municipal, a pesar de dispor da vontade expresa de colaboración da Xunta desde o mes de febreiro.

 

O certo é que desde que remitiu aquel escrito, o Goberno galego leva agardando a que  o Concello proporcione a información de usuarios da liña actual.

 

O pasado mes de maio a Dirección Xeral de Mobilidade recibiu unha proposta de servizo de autobús a Peinador elaborada polo Concello de Vigo que reclama un financiamento autonómico de 300.000 euros pero que carece dunha análise de factores como os tempos de percorrido ou de datos tan imprescindibles para calcular o custo como a previsión de demanda.

 

En definitiva, a Xunta considera que o modelo formulado polo Concello de Vigo non responde á vontade do Executivo galego de mellorar o servizo para adaptalo ás demandas dos usuarios.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: