inauguración O MUNCO FLÚE / EL MUNDO FLUYE .O Marco

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

O MUNDO FLÚE

Dúas miradas sobre unha mesma realidade

Organizada e producida por:

 

 once

 

 

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles á conferencia de prensa que terá lugar este venres 3 de xuño ás 11.00, no salón de actos, co gallo dainauguración da exposición ‘O MUNDO FLÚE. Dúas miradas sobre unha mesma realidade’, organizada e producida por Fundación ONCE.

A mostra, que irá acompañada dunha programación de visitas e obradoiros, ocupará o espazo do Laboratorio das Artes (1º andar), do 3 de xuño ao 4 de setembro.

Nesta presentación participarán:

–  Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo e vicepresidente da Fundación MARCO

–  Mercé Luz Arqué, comisaria da exposición e xefa do Departamento de Cultura e Ocio de Fundación ONCE

–    José Antonio Fernández Rodeiro, director da ONCE en Vigo

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

Simultaneamente, comezará na propia sala de exposición unha visita-obradoiro dun grupo de escolares do CEIP Sárdoma-Moledo, dirixida por persoal do departamento de didáctica do MARCO, coa que dá comezo o programa educativo que se desenvolverá en paralelo a esta mostra.

Unha vez rematada a conferencia de prensa, os medios están convidados a visitar a sala de exposición en compañía da comisaria e participantes, así como a tomar imaxes da visita-obradoiro.

19.00. Visita guiada e apertura de portas:

Pola tarde, ás 19.00, terá lugar a apertura de portas ao público, e unha visita guiada por parte da comisaria, Mercé Luz Arqué, dirixida a Asociacións e público en xeral.

 

Sobre a exposición

 

O MUNDO FLÚE

Dúas miradas sobre unha mesma realidade

Do 3 de xuño ao 4 de setembro de 2016

MARCO, Laboratorio das Artes (1º andar)

Comisariado: Mercé Luz Arqué

Produción: Fundación ONCE

 

Con esta exposición, Fundación ONCE pretende divulgar a obra de artistas con discapacidade entre aquelas persoas relacionadas profesionalmente co mundo da arte o que non tiveron a oportunidade de visitar a Bienal de Arte Contemporánea que organiza a entidade.

A mostra está formada por unha vintena de obras de artistas con algún tipo de discapacidade (física, sensorial, intelectual e enfermidade mental) ou ben de creadores que, sen teren discapacidade, utilizan esta como tema de inspiración. Así, a selección de obras e artistas presenta ao espectador unha multiplicidade de puntos de vista na interpretación da discapacidade. Deste matiz xurde o subtítulo “dúas miradas sobre a mesma realidade”.

Os visitantes poderán gozar dunha exposición que xa ten percorrido cidades como Barcelona, Alacante, San Sebastián, A Coruña ou Badaxoz e que amosa unha selección de obras de artistas de recoñecido prestixio internacional, como Cristina García Rodero, Judith Scott, Pete Eckert ou Dan Miller, entre moitos outros, que ofrecen un discurso estético plural e sensible.

No caso do MARCO de Vigo, grazas ao patrocinio de Fundación ONCE, do 3 de xuño ao 29 de xullo se desenvolverá, paralelamente á mostra, un programa educativo dirixido nunha primeira fase a grupos de escolares, e a partir do 23 de xuño —unha vez finalizado o curso escolar— ao público infantil e as súas familias.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: