Archive | junio 1, 2016

#SonRías2016 | Festa de Benvida e cartel por días

  • unnamedA banda tributo a Ska-P Gato López inaugurará esta edición do festival o próximo xoves 4 de agosto cun concerto gratuíto no recinto do Festival ata completar aforo

 

  • A organización presenta o cartel por días: La Gran Pegatina, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, La Sra. Tomasa e Chotokoeu actuarán o venres 5 e La Vela Puerca, Soziedad Alkoholika, Boikot, Vendetta, The Skarnivals, Gold&Colt e Poetarras farano o sábado 6

 

  • As entradas de día saen hoxe á venda na web nunha tirada moi limitada a un prezo de 25€ máis gastos de xestión

 

Bueu, 1 de xuño de 2016.- O Festival SonRias Baixas encherá Bueu de música e festivaleiros durante a primeira fin de semana e agosto, contando por primeira vez na súa historia cunha festa de benvida que terá lugar dentro do propio recinto do festival, baixo a carpa de máis de 11 metros de altura que a organización preparará para o evento. O pistoletazo de saída desta XIV edición do SonRías Baixas correrá da conta da única banda tributo a Ska-P Gato López. Tras ser unha das actuacións máis aclamadas no pasado Viña Rock xunto a La Gran Pegatina, Lendakaris Muertos e Boikot, ofrecerán un concerto gratuíto con aforo limitado o xoves 4 de agosto no Multiusos A Estacada de Bueu. Deste xeito os festivaleiros chegados a Bueu gozarán un día máis acampados nas Rías Baixas a 100 metros do Festival e da praia.

 

Gato López é unha banda composta por músicos curtidos en bandas como Salida Nula, Ministers del Ronsteady, The Skartes, Dakidarria, Hammmond York e outros provintes de bandas da sementeira ska da escena madrileña. O repertorio de Gato López conta con todos os temas míticos de Ska-P e convirten os seus directos en toda unha homenaxe a Ska-P co público coreando todos e cada un dos seus temas. Este tributo creouse cunha premisa ben clara “non coincidirá co orixinal”. O día que Ska-P regrese aos escenarios Gato López baixará deles.

 

Súmase deste xeito a banda ás xa confirmadas previamente pola organización e que compoñen o cartel definitivo do SonRías Baixas 2016: os uruguaios La Vela Puerca, Soziedad Alkoholika, The Skarnivals, La Sra. Tomasa, os míticos Lendakaris Muertos, La Gran Pegatina, Vendetta, Chotokoeu, Boikot, Heredeiros da Crus, Gold&Colt e Poetarras.

 

Entradas de día e desglose de cartel

 

As entradas de día para o SonRías Baixas 2016 atópanse xa á venda dende hoxe unicamente a través da súa páxina web nunha tirada moi limitada a un prezo de 25€ máis gastos de xestión. No caso de quedar dispoñibles aínda durante a celebración do evento, venderanse na billeteira a un prezo de 25€.

 

Os abonos para os dous días de festival continúan á venda a través da páxina web do festival, nas tendas de Rei Zentolo e noutros puntos de venda físicos a un prezo reducido de 29,50 euros máis gastos (na billeteira o prezo será de 35 euros). Todos aqueles que estean en posesión do abono de dous días poderán acampar xa dende as 20h00 do xoves 4, para poder gozar sen límites da música e a festa que traerá Gato López á festa de benvida ao ritmo dos temas de Ska-P.

 

A organización do evento presenta o cartel desta XIV edición debullado por días.

 

VENRES 5 de agosto

 

La Gran Pegatina

Heredeiros da Crus

Lendakaris Muertos

La Sra. Tomasa

Chotokoeu

 

SÁBADO 6 de agosto

 

La Vela Puerca

Soziedad Alkoholika

Boikot

Vendetta

The Skarnivals

Gold&Colt

Poetarras

 

Toda a información das bandas

La Pegatina é unha das bandas máis vivas, interesantes, inquietantes e inquedas do panorama musical europeo actual, cunha música festiva e cunha enerxía que pon calquera recinto patas para arriba. Despois de trece anos de carreira e case mil concertos por todo o mundo, os de Barcelona reinvéntanse de novo cun proxecto sorprendente: La Gran Pegatina, que suma á formación orixinal -con sete integrantes- dúas coristas, unha sección de ventos, unha guitarra eléctrica, un violinista e un Vídeo dj que transformará o escenario nunha explosión de luz e de cor. Unha enerxética Big Band coa que o grupo repasará a súa carreira discográfica, reversionando as súas propias cancións e facendo que medren ata límites insospeitados no directo máis explosivo da súa historia.

 

Os navarros Vendetta veñen enchendo os escenarios nacionais e internacionais dende 2009 co mellor ska pasado polo tamiz do rock, ademais de outros estilos como o skinhead-reggae e o latin-hardcore. Un directo do máis vitamínico, luminoso e trepidante que, sen perder de vista a súa xenuina aleación de rock e ska, se abre como nunca a outros sons e ritmos: funk, música celta, tonalidades de reggae e ritmos latinos, para bailar ata que o corpo aguante. Chegarán ao SonRías Baixas coa súa nova xira, Kamikaze, e co seu último disco, 13 balas, baixo do brazo. Dende o escenario dispararán cancións enerxéticas como Leña al Fuego, Suma, Tomasa, Druidas de esta Tierra, Pólvora ou Sangre e Revolución cun único obxectivo, dar no branco e poñer o público a bailar. Que soe a música, que a balacera vai comezar!

Os coruñeses Chotokoeu están a piques de cumprir dez anos sobre os escenarios e fano coa súa esencia intacta: balkan, rock, swing, drum and bass e unha enerxía inconfundible. Chegan ao SonRías despois de arrasar por Europa e de encher salas por toda a xeografía española coas súas letras en galego, castelán, italiano e inglés… Unha banda galega con futuro planetario que se alimenta da enerxía do directo. Os músicos da banda aprenderon a tocar sobre os escenarios e isto, sumado aos 9 anos e máis de 400 concertos, nótase. Este verán compaxinarán ducias de bolos por Europa adiante coa creación do espectáculo do 10º aniversario, que verá a luz en 2017 e do que seguro que nos ofrecen un adianto no SonRías 2016.

 

Gold& Colt son catro músicos galegos que se xuntaron no 2014 cun único propósito: “interpretar cancións da nai de todas as músicas modernas, o blues”. Medio cento de concertos despois, evolucionaron cara a unha mistura entre o blues e o folk, medraron e afianzaron o seu repertorio, ata converterse na banda de referencia do American folk en Galicia. No seu repertorio hai composicións propias de blues, country e folk americano, pero tampouco perden a oportunidade de recordar a outros grandes músicos do xénero, como Robert Johson, RL Burnside ou John Le Hooker. No SonRías Baixas presentan o seu primeiro LP, Gold&Colt, un traballo con seis temas propios que nos levan ao outro lado do Atlántico subidos na súa guitarra acústica, no dobro, no banjo, no contrabaixo e na batería.

 

Thrash, hardcore, metal, punk… Soziedad Alkoholika é unha das bandas máis influíntes da escena independente española das últimas décadas. Combinan hardcore e metal en cancións contundentes repletas de textos tallantes e combativos. As letras corrosivas e explícitas, ricas en compromiso social e en denuncias claras e sen rodeos, foron unha dos seus principais características, xunto coa potencia e coa velocidade do seu directo. A banda de referencia dos amantes da música sen conservantes nin colorantes.

 

La Vela Puerca é unha das bandas de rock uruguaias máis importantes, masivas e internacionais de América Latina. 20 anos de exitosa traxectoria avalan a súa particular fusión de rock, reggae e ska, na que destaca unha forte presenza de trompetas e trombóns. Deles dixo Kutxi Romero, cantante e letrista de Marea: «Dixen, digo, e visto o visto, seguirei dicindo, que son a mellor banda de Latinoamérica. Así que, se algunha pel di que iso non é poesía, que suba o demo e o vexa. E que os cubalibres os pague o Señor.»

 

A banda máis emblemática e irreverente do rock en galego volven ao SonRías Baixas para facernos ‘josar’ como nunca con letras descaradas e divertidas, guitarras poderosas, co seu falar natural, con gheada e seseo, e coa súa actitude provocadora e irreverente. Os Heredeiros da Crus son todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas de varias xeracións: dos mozos que nos 90 atoparon a súa música no mítico Xabarín Club da TVG aos que ben entrado o século XXI enchen festivais, festas e jaliñeiros para vibrar coa enerxía dos de Ribeira. Todos eles gozarán no próximo SonRías coa descarga enerxética dos máis jrandes.

 

A mítica banda punk Lendakaris Muertos volve este 2016 á escena musical española, tras dous anos de inactividade, cun novo traballo, Cicatriz En La Matrix, que saiu á venda o pasado venres 12 de febreiro. Caracterízanse por un punk ortodoxo, gran velocidade, temas moi curtos, coros continuos e letras sarcásticas que combinan humor e crítica para tratar temas sociais e políticos de Euskadi, Navarra e do resto de España. Ninguén mellor ca eles para patear o cu ao vocabulario e ao abecedario do rock radikal vasco. Hai que rir coa realidade, cos desafiuzamentos, por non chorar. Din. Ou por non coller o kalashnikov.

Ritmos trepidantes, compromiso social e mensaxe política caracterizan a música dos Boikot, unha das bandas máis míticas do rock estatal desde o seu nacemento a finais do oitenta. Traen ao Festival SonRías Baixas o seu último traballo, o CD-DVD Boikotea, despois de arrasar na edición de 2013 coa súa enerxía e diversión revolucionaria. Nos seus concertos caben sons de todas as cores e sabores: hits punkrockeros, melodías máis coidadas, arranxos sorprendentes, textos íntimos e chamadas a revolución. Queren que roden cabezas e que cando chegue a revolución nos colla bailando. O SonRías é un bo lugar para comezar.

 

A banda catalá La Sra. Tomasa sorprendeu a medio mundo grazas á súa potente fusión de música electrónica na que o Drum’n’bass serve de eixo principal polo que pasan tanto pulsacións da música latina como do House, Dubstep, Moombathon ou da electrónica máis avanzada. Unha mestura explosiva e súper bailable que convenceu aos públicos de media Europa e que romperá a pista de baile no SonRías Baixas 2016.

 

Un directo cargado de enerxía e comicidade, con momentos para a reflexión e a crítica é a marca da casa da banda punk folk galega The Skarnivals, que regresa aos escenarios este 2016 cun novo disco debaixo do brazo. Movimiento Irracional é unha chamada á tolemia tanto no temático como no musical. Unha filosofía de loita e de alegría en contra da incansable sobredose de cordura que nos pretenden implantar.

 

Os Poetarras son un colectivo arterrorístico formado por catro mozos que no 2013 decidiron converterse en referentes da loita armada do pobo galego, provistos dun cargamento de sketches e de cancións e co humor, coa música e coa retranca por bandeira. Con semellante arsenal levan percorrida a xeografía galega, sementando diversión e festa. Na súa corta historia só presumen dunha cousa: nunca deixaron a ninguén indiferente.

 

Un esforzo conxunto para superar o complicado contexto

 

O XIV Festival SonRías Baixas é posible grazas ao tesón da Asociación Troula na Banda, ao apoio do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Agadic e á axuda da empresa de xestión cultural Play Plan, Hotel Incamar, Gadis, Merc, Rei Zentolo, Coca-Cola, Renfe, Fundación Novas, Amstel e Johnnie Walker. Dende Troula na Banda saliéntase tamén o papel determinante do público, que terá que refrendar un ano máis a “Experiencia SonRías” coa súa fidelidade.

 

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles. A última edición do Festival conquistou o en agosto de 2013 a 12.000 personas con tres días de música, praia e gastronomía, o que supuxo para Bueu unha inxección económica de 830.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hostaleira en toda a comarca. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan no evento, a maior parte, xente da vila.

 

LA FÁBRICA ORGANIZA LA II EDICIÓN DE PHOTOBOOKWEEK, UN MARATÓN DE ACTIVIDADES EN TORNO A LA EDICIÓN DEL LIBRO FOTOGRÁFICO

unnamedUn encuentro que girará en torno a la edición fotográfica en todos sus soportes, desde el papel y las publicaciones autoeditadas a los soportes digitales en el que se reunirán fotógrafos, autores, diseñadores e impresores

Presentaciones de libros y proyectos, charlas, encuentros y una feria de fotolibros llenarán La Fábrica de fotografía en el marco de PHotoEspaña 2016

Bernard Plossu, Cristina de Middel, Carlos Alba, Laia Abril, Jeosm,  el colectivo Blank Paper, Federico Clavarino y Jesús Labandeira son algunos de los nombres que se darán cita en esta semana

La prestigiosa comisaria y editora de fotolibros Yumi Goto será protagonista de una presentación en torno al fotolibro como objeto, en el que mostrará algunos de los trabajos realizados a través de sus workshops

Entre las actividades de esta segunda edición estará Bruno Ceschel, fundador del proyecto curatorial Self-Publish, Be Happy que presentará ediciones SPBH. La coleccionista Gabriela Cendoya y el fotógrafo Juan Valbuena, quien impartirá la charla ‘el nuevo periodiquismo’

Deneb Martos, responsable de los Laboratorios de La Casa Encendida, Ángel Luis González, director y fundador de PhotoIreland, Roberto Villalón de Clavoardiendo y Paco Gómez, creador de Fracaso Books,  presentarán sus proyectos

Completan el programa la presentación de Chaco, un nuevo proyecto editorial de Verónica Fieiras que se centra en el libro como un objeto imperfecto y vivo

Cierra el programa la entrega de Premios de PHE al Mejor Libro de Fotografía del Año, cuyo fallo será desvelado en la última jornada del encuentro

Todas las actividades son de acceso gratuito

Más información: www.lafabrica.com

O Presidente de Pladesemapesga destaca que o Portal da Transparencia » www.accionytransparenciapublica.com » conta xa con máis de 3,9 millóns de páxinas visitadas

Miguel Delgado, Presidente de Pladesemapesga, sinala que se chegou case o 90% das persoas afiliadas (48.900) a PLADESEMAPESGA, Plataforma de Acceso á Información Pública que xera dita entidade sen ánimo de lucro, dedicada a fins marítimos pesqueros.

M_D_G_Pte-PLADESEMAPESGA quenocallentuderechoasaber-AYTP

O Presidente da Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesquero de Galicia cabeza visible do equipo multidiciplinar de Acción e Transparencia Pública, destacou que o Portal da Transparencia conta xa con máis de 3,9 millóns de páxinas visitadas desde a súa posta en marcha, segundo o último informe.

 

Do mesmo xeito, indicou que, a través da Plataforma de Acceso á Información, recibíronse 493 solicitudes de información concreta, das que xa foron respondidas 436, o que supón case o 92% do total, mentres que o resto atópase en proceso de tramitación e un 2% en proceso de investigación sobre as peticións dos interesados, sendo as de mayor importancia neste momento, unhas investigacións avertas sobre a Autoridade Portuaria de Valencia Informe sobre; EUROPHAR GEIE AEIE-2014 ASUNTO: Presuntas irregularidades fiscales fondos europeos bajo entramado societario AEIE.

Ou; ASUNTO: Presuntas irregularidades fiscales fondos europeos bajo entramado societario AEIE

 

Sra Rosa Quintana Carballo, Concelleira do Mar que ata fai poucas semanas era Presidenta e Conselleiro de SEAGA, (EMPRESA PUBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS SA) dunha Sociedade de Investimento de fondos públicos, Sra Rosa María Quintana Carballo e á vez Conselleira de Medio Rural e do Mar, Vicepresidenta da Fundación Cetal «Baixo investigación Xulgado de Instrución 5 da Coruña. Dilixencias Previas 358/2015», Presidenta da Fundación Fremss «Baixo investigación Xulgado Instrución 2 dos da Coruña, DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000283 /2014 N», e denuncia que se segue nun xulgado de Santiago por prevaricación na trasfega dos helicópteros de incendios e Salvamento íntimamente relacionada con SEAGA?.,

 

 

A piques de cerrarse e entregadas aos peticicionarios, pero tamen sendo valoradas ao obxeto de remitilas a fiscalía por observar claros indicios de delitos penales.

 

Así o manifestou a Plataforma Marítima nun comunicado emitido hoxe, en materia de transparencia, subliñou «o antes e o despois» que supuxo a entrada en vigor da Lei de Transparencia nas comunidades autónomas de España que na maioría dos casos apenas se cumpre quedando convertida nun mero trámite administrativo con caracter político sen ir máis aló do tema mediático e de respostas sepultadas baixo o silencio administrativo, polo que a posta en marcha do Portal de Transparencia creado desde a Plataforma Marítima superou todas as espectativas cidadás de oferta e demanda en canto á información pública de transparencia refírese.

 

Neste tempo, sinalou medidas como a publicación no Portal da Transparencia de todo aquilo que moitos políticos, municipios e autonomías non quixeran que chegase á luz pública.

 

Tamén informou da constitución das comisións informativas de Transparencia en todos os municipios de Galicia e da colaboración externa que xa supera os 178 usuarios como corresponsales de contidos da sección de Transparencia do Portal, e duns 73 funcionarios colaboradores anónimos sobre información relativa a incumplimientos e prácticas de Transparencia.

 

En definitiva, SDelgado sinalou que PLADESEMAPESGA está desenvolvendo un traballo en materia de transparencia «desde o convencimiento de que hai que facer permeable a Administración sin mais requisito que a verdade do que nos pertence a todos e non soo a uns poucos».

 

Segundo expresou, a entrada da Lei de Transparencia debería provocar un cambio moi importante «pasando a información a ser un dereito da Administración a un dereito dos administrados», pero lamentablemente non foi así e en Galicia baixo a Xunta e os gobernos municipais das Mareas podemos afirmar que se atopan entre os máis CENSORES-OCULTADORES de Europa, inclusive infrinxindo casi a totalidade das normativas de dereito público a información institucional, practicando todo o contrario da Lei de Transparencia, liderando a táboa A Marea Atlántica xunto ao seu líder o Sr Xulio Ferreiro Alcalde da Coruña.

 

Na súa opinión, isto necesita un cambio interno da Administración e tamén unha adecuación cidadá para o coñecemento destas ferramentas e poder ser máis capaces á hora da participación e sobre todo atopar a implicación das redes sociais alleas á corrupción informativa que lamentablemente padecemos nos medios impresos, e Galicia é un bo exemplo diso.

 

Para rematar, sinalou que é o momento de «acabar coa utilización da corrupción como elemento de gañar votos sen mirarse o ombligo».

 

O Presidente de Pladesemapesga indicou que «no tuétano da calidade democrática debe estar o que todos debemos loitar por acabar coa corrupción alá onde se atope independientemente do partido ou ideal político».

 

Neste sentido, concluíu que «o mellor antídoto contra a corrupción é a transparencia», por iso colaborar con http://www.accionytransparenciapublica.com é a garantía de que a mesma chegará a todos os recunchos de Galicia, para que nos decatemos todos..Así pon fín ao comunicado, invitando a ciudadanía a participación, sen mais inetrés que poñer ao descuberto as xestións públicas para que as coñezcamos todos e dende ahí. Cada cual que actue baixo a súa inquedanza.

 

40 ESTUDIANTES DEL COLEGIO LAR CELEBRAN LA FINALIZACIÓN DE SU ETAPA EDUCATIVA CON UN ACTO DE GRADUACIÓN

Se trata de del alumnado de  4º de ESO y 2ª Bachillerato

Colegio_Lar_graduación_4ºESO

El alumnado de cuarto de ESO y de segundo de Bachillerato del Colegio Lar, en Mos, celebró en los últimos días su acto de graduación. Los 20 estudiantes de cada uno de los cursos festejaron la finalización de su etapa educativa en compañía de las profesoras Teresa Iglesias, que ejerció de maestra de ceremonias, y Marta Vilas, jefe de estudios, quienes intervinieron, además de los docentes tutores, Gonzalo Fernández de 4º de ESO y Aurea Martín de 2º de Bachillerato. A todos, a los que continúan sus estudios en este o en otro centro y a los que optan por otra salida profesional, les desearon mucha suerte.

 

“EMPREGO EN TELEFÓNICA NA GALIZA”

A sección sindical da CIG na Telefónica vén desenvolvendo unha intensa actividade sindical dentro da empresa Telefónica de España, S.A.U., “Operadora Dominante” en Galiza e no Estado español -hoxe denominada “Operador con Poder Significativo no Mercado”. Agora inicia unha campaña de mobilizacións para reclamar o mantemento do emprego.

 

O novo modelo de relación laboral é un novo modelo de distribución de cadro de persoal

Logo de destruír 55.000 empregos entre 1993 e 2013, en 2016 avanza decididamente o novo período no que a a súa prioridade é a transformación radical do Contrato Colectivo de Emprego en Telefónica; a máis da redución de emprego (nova redución neta de 6500 empregos no Plan de Adecuación de Cadro de Persoal 2015-2017), a empresa ven impoñendo novas condicións laborais e salariais, con medidas de flexibilización interna e externalización da produción do servizo de telecomunicacións, recollidas no Convenio de Empresas Vinculadas-CEV (Telefónica de España, S.A.U.; Telefónica Móviles, S.A.U. e Telefónica Soluciones-TSOL.

 

Esa nova política de xestión de recursos humanos inclúe a redistribución do cadro de persoal e unha nova organización do traballo que exclúe a Galiza do emprego de calidade e a produción de servizos avanzados de telecomunicacións. Unha afirmación fundada nas decisións tomadas e executadas sen interlocución sindical na Galiza, sen dar explicacións, pero que son moi explícitas da súa vontade e estratexia.

 

Empezou a acelerarse en 2011-13 coa aplicación do último ERE. que reduciu un 32 % do cadro de persoal na Galiza, pese a que o plan social comprometía a reposición do 7% das baixas, incumprido na Galiza con 0 % reposicións; seguiu nese mesmo ano 2011 coa liquidación do Territorio Galiza-Asturias, con capital na Coruña e a implantación do “Territorio Norte”, trasladando a capital a Bilbo; en outono de 2012, degradase de categoría Pontevedra e A Coruña a Tipo III, como Ourense e Lugo, esta última xa con menos de 100 traballadores/as. Hai catro tipoloxías internas, decisivas para a organización e a distribución do traballo, conforme ao número de empregos: provincias especiais -Madrid e Barcelona- e provincias Tipo I, II e III.

 

A novembro de 2015, as empresas do grupo Telefónica integradas no CEV (fixa e móbil) tiñan na Galiza 1240 traballadores/as, aproximadamente, o 4.56 % do persoal no estado, 27.170; porén, unha proporción adecuada ao peso da poboación da nosa nación no conxunto do Estado Español sería sobre o 7 %, 1902, ou o que é o mesmo: nesa data xa arrastrabamos un déficit de plantel de 662 traballadores/as na Galiza; a situación empeorou, xa que en xuño de 2014 a nosa estimación era dun déficit de 472 traballadores/as.

Mesmo con criterios “a priori” desfavorábeis ao peso económico do noso país, o PIB, o plantel xa é deficitario hoxe, momento no que se intensifica o enterramento definitivo das expectativas de emprego cualificado nas telecomunicacións na Galiza.

 

Concentración e Centralización

Porque o certo é que a “transformación” en curso leva a un modelo de xestión empresarial que inclúe a concentración e centralización do cadro de persoal nos dous pivotes “especiais” (Madrid e Barcelona) e nas outras tres capitais territoriais: Bilbo, Valencia e Sevilla. Será nestas cinco cidades onde se reúna cadro de persoal suficiente para constituír unidades capaces de acometer actividades complexas e organismos de dirección propiamente ditos, deixando polo resto das “provincias” do estado presenza testemuñal de persoal propio.

 

A proba do nove: o cadro de persoal de Telefónica Móviles na Galiza era en novembro de 2015 de aproximadamente 70 persoas, sobre un total de 4.000 no Estado español, o 1.5 % do total (¡!); como é público e notorio, todo o proceso de “transformación” da relación laboral e da organización interna da Empresa ten como obxectivo inmediato, a curto prazo, a “converxencia” de servizos, planteis e empresas Fixo-Móvil.

Velaí o contido real do “mercado único”, promovido polo Sr. Alierta, presidente do Consello Empresarial da Competitividade: todos somos iguais, pero uns máis ca outros, uns pagamos as facturas de servizos xerados por outros, poñendo en marcha un sistema de extracción de rendas da periferia cara o centro propio de sistemas neocoloniais. A localización do emprego cualificado tamén é un potente mecanismo de redistribución de rendas.

 

Recentralización:

Ao tempo, un sistema de xestión coa cabeza “decisora” situada noutros centros económicos conduce necesariamente a un descoñecemento da realidade económica e mesmo física do país, que devén inevitabelmente nunha redución da cantidade e da calidade do servizo. Ao pouco tempo, nun proceso historicamente coñecido no noso país, o que se presenta como causa, o falso motivo da “pobreza” do mercado local, acaba converténdose nun resultado moi real: tera como efecto ampliar o atraso económico e tecnolóxico. Coma noutras épocas; a comparación que fai o noso sindicato entre a denominación Territorio Norte da actual dirección e a de Territorio Noroeste propia do franquismo, non é unha brincadeira.

 

Recentralizar é devolver a nosa nación ao pasado, ao empobrecemento colectivo, a emigración dos/as máis capaces, para maior gloria das elites do centro, das que a Telefónica son o seu máis conspicuo representante: marcan camiño ao resto.

Se na actualidade non hai ameza expresa de desprazamento forzoso do actual cadro de persoal, é clara a ameaza de excluír do emprego de calidade nas telecomunicacións na Galiza ás futuras xeracións: só lles quedará a emigración ou o emprego precarizado e degradado das subcontratas.

 

O papel das Administracións públicas

Temos que denunciar a hipocresía das administracións públicas, nomeadamente as galegas pero tamén as máis altas instancias do Estado, que contribúen con masivas subvencións a implantación de redes e servizos para negocios privados, pero con cuantiosos fondos públicos; atención a Lei Xeral de Telecomunicacións, 9/2014: “Disposición adicional decimocuarta. Coordinación de las ayudas públicas a la banda ancha y al desarrollo de la economía y empleo digitales y nuevos servicios digitales.”

Emprego, investimento e intervención pública no desenvolvemento económico, son tarefas e responsabilidades competencia do Goberno e do Parlamento Galego.

Por iso a nosa sección sindical, CIG-Telefónica, sigue e seguirá a loitar polo futuro do emprego na Telefónica na Galiza, e por extensión, polo emprego directo nos operadores de telecomunicacións na Galiza.

 

Concentración diante do Parlamento galego

O vindeiro xoves 9 de xuño, ás 11.00 horas levaremos a nosa reivindicación ao Parlamento galego, cunha concentración de delegados/as da central sindical ás portas do edificio, ao tempo que chamaremos de novo a atención dos grupos parlamentares das perspectivas do emprego nas telecomunicacións na Galiza, as expectativas inmediatas e o necesario control dos cuantiosos recursos dos orzamentos públicos entregados a empresas privadas que desprezan o país, o seu idioma e o seu desenvolvemento económico e tecnolóxico.

 

EXECUTIVA DA SECCIÓN SINDICAL NACIONAL DA CIG-TELEFÓNICA

 

Galiza, 01/06/2016

MÁS DE MEDIO CENTENAR DE EMPRESARIOS GALLEGOS SE INTERESAN EN VIGO POR LAS VENTAJAS QUE OFRECE EL PROGRAMA PRINCIPIA PARA LA CONTRATACIÓN DE PROFESIONALES EN ACTIVIDADES DE I+D+i

Durante la jornada organizada por la Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración con la Axencia Galega de Innovación (GAIN) y la Confederación de Empresarios de Pontevedra, se presentaron los detalles de esta convocatoria de ayudas, impulsada por la Consellería de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia, que llegará a movilizar 3 millones de euros para la formalización de 300 nuevos empleos.

 

Pies de fotos:FOTO 2

Foto (de izquierda a derecha): Javier Doval, coordinador de ATIGA; Teresa Bernal, jefa del departamento de Servizos e Observatorio da Innovación de GAIN; y Jesús Castiñeira, secretario general adjunto de la CEP.

Crónica da concentración en Aqualia: Auga para todas!

Varias ducias de persoas xuntámonos esta maña baixo o lema: Auga para todas!

SONY DSC

SONY DSC

A auga é vida, a auga é un ben común de todas, malia que empresas como Aqualia pensen o contrario. Para eles a auga é un negocio máis. E nos seus negocios as nosas necesidades non teñen cabida, por iso non dubidan en cortarnos a auga cando non podemos pagar as elevadas facturas.

Tras varias accións decidimos concentrarnos diante das oficinas que Aqualia ten na rúa Venezuela. Alí berramos: “Aqualia escoita a auga non se corta”, “Ningún negocio coas nosas necesidades”, “Non máis cortes auga para todas”. Hai uns días tivemos unha xuntanza con responsables da empresa os cales responderon como solución atender individualmente cada corte de auga. Explicámoslle, daquela, que estabamos diante dun problema colectivo e que os dereitos non se cortan. Semella que o máximo responsable da empresa na cidade, José María Ardoy, non foi quen de atopar solucións. Por sorte, isto si que é un problema persoal: se Ardoy ten vontade rematan os cortes de auga na cidade. Agardamos que a mobilización de hoxe o anime a tomar esa decisión.

Pechamos o acto en Aqualia, logo de ter unha breve conversa cunhas das responsables da empresa, encontro que aproveitamos para trasladarlle as nosas reivindicacións. Explicounos que eran coñecedores do problema pero que a responsabilidade era do goberno municipal. Recollendo as súas verbas dirixímonos até a casa do concello.

Xa no concello tres compañeiras subiron á concellaría de fomento para tratar de falar con David Regades. Non se atopaba e fomos despachadas por un funcionario que dixo que non iamos ser atendidas xa que na cidade “non se lle cortaba a auga a ninguén”. Ficamos estupefactas e así fomos até Benestar Social sabedoras de que o departamento concede, todos os meses, axudas para este concepto. Isaura non se atopaba por estares de baixa, porén falamos co xefe de servizo. El explicou que non podía dar eses datos, pero afirmaba que si había cortes de auga na cidade e que dende o departamento intentaban palialo cos recursos que teñen.

Ficou de manifesto que nin Aqualia, nin o goberno municipal queren resolver este problema. Nós seguiremos até atopar solucións: Auga para todas.

Os dereitos non se cortan!

http://odscoia.arkipelagos.net/cr%C3%B3nica-da-concentraci%C3%B3n-en-aqualia-auga-para-todas