O Teatro Afundación de Vigo acolle a vindeira semana un recital das corais da Fundación Casablanca
O Teatro Afundación de Vigo acollerá o vindeiro sábado 11 de xuño, ás 20.30 h, un recital das corais que son parte da Fundación Casablanca. Así, o Coro de Peques, o Coro Xuvenil e a propia Coral Casablanca ofrecerán un programa composto, na súa primeira parte, por obras de diferentes musicais como Sonrisas y lágrimas, El jorobado de Nôtre Dame, El rey león ou Frozen, entre outras, e na súa segunda parte interpretarán obras tan coñecidas como Stand by me, Memory, Hijo de la lunaou El breve espacio en que no está. Ademais, as formacións estarán acompañadas por un conxunto instrumental composto por Lucila Pestana (piano), Guillermo García (teclado), Federico Welicki (baixo eléctrico), Javier Rodríguez (guitarra eléctrica) e David Alonso Cid (batería). As entradas pódense adquirir a través da web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
As obras de mellora do empedrado da rúa Manuel ROdríguez estarán rematadas no prazo previsto
As obras da rúa Manuel Rodríguez, que empezaron o pasado luns, día 30 de maio, estarán rematadas no prazo previsto, segundo os datos confirmados pola Concellería de Vías e Obras. O seu responsable, Manuel Carrera, sinala que unha vez mudado o actual empedrado, que se atopaba en moi mal estado, haberá que deixar varios días para que o novo se asente e non se produzan máis afundimentos no firme.
O mesmo vaise substituír por un de granito, que nos pasos de peóns estará formado, para que sexa máis visible e, ademais, evitar facer traballos de pintura sobre a pedra, por lastras en branco nacarado e rosa Porriño.
Durante o tempo que duren as obras, seguirá cortado ao tráfico o treito de Pío XII á Igrexa se Santa María e, segundo indica a Policía Local,mantense as zonas de carga e descarga da rúa Pío XII, e da contorna da Igrexa e, polo que atangue a Pío XII, si será posible estacionar e circular pola mesma ata o cruzamento de Manuel Rodríguez.
Unha vez rematada a mellora do firme neste treito, e de xeito inmediato, acometerase a do resto da rúa, da cordo coas previsións do Concello.
Cristina Pato e Esther Viúdez actuarán coa Real Filharmonía de Galicia mañá en Vigo
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá, venres 3 de xuño, en Vigo, un novo concerto da tempada de música clásica, desta volta coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Paul Daniel e coa gaiteira e pianista Cristina Pato e a oboísta Esther Viúdez como solistas. O recital, composto por obras de James Macmillan, Octavio Vázquez e Tchaikovsky, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a webwww.ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, Afundación ofrece unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas, así como descontos para os menores de 35 anos media hora antes de cada concerto no despacho de billetes do teatro.
Xuntanza da Confederación do Louro
O Consorcio de Augas do Louro aprobou o pasado martes inversións en infraestruturas de saneamento e abastecemento por valor de mais de 1,8 millóns de euros. A inversión mais importante corresponde ao proxecto de saneamento na parroquia de Entenza, en Salceda de Caselas, que supón unha inversión superior a un millón e terá capacidade para dar servizo a mais de 600 habitantes. Súmase a esta inversión as previstas para retirada e substitución de canalizacións de fibrocemento na rede de abastecemento de O Porriño, a renovación integral de diversas instalacións no sistema de abastecemento de Tui ou unha campaña de renovación de canalizacións de saneamento en Mos.
Por outra banda, o Consorcio aprobou un crédito extraordinario de 578.000 € que permitirá executar unha rede de saneamento en Gándara, na parroquia de Tameiga (Mos), mellorar o servizo de abastecemento en Caldelas (Tui) e realizar grandes reparacións nas instalacións de saneamento ou abastecemento en O Porriño.
Deste xeito, o importe total de inversións con fondos propios do Consorcio ascende a mais de un millón oitocentos mil euros, todos eles derivados das taxas que se veñen aplicando dende xaneiro de 2014.
O Comité Directivo acordou tamén a posta en funcionamento tanto das canalizacións de saneamento en San Estevo de Budiño, Salceda de Caselas, executadas por Augas de Galicia, como das que percorren o núcleo de O Cerquido en O Porriño. Deste xeito, os usuarios xa poden solicitar a autorización de servizo nas oficinas do Consorcio que se atopan en calquera dos catro concellos.
A esta importante actuación, súmanse as finalizadas pola Confederación Hidrográfica do MiñoSil e Augas de Galicia en 2015 para o saneamento en O Porriño e o bombeo en Areas (Tui).
Finalmente, o Comité Directivo decidiu os catro primeiros premios (un por cada concello) do concurso escolar sobre “O ciclo urbano da auga; unha aventura para valentes”. Haberá outros oito premios para os finalistas (dous por cada concello) que se decidirán en función das votacións que reciba cada un dos debuxos seleccionados, paa o cal o Consorcio ten habilitado unha aplicación que se pode utilizar a través da páxina web do Consorcio http://www.consorciodolouro.es.
O último día de votación será o domingo 5 de xuño, coincidindo co día mundial do medio ambiente
Afundación organiza todos os luns do mes de xuño un novo obradoiro de cociña para nenos e nenas
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa oferta de cursos de cociña infantil, nesta ocasión dirixidos a nenas e nenos de entre 10 e 14 anos. «Mans á pota!» estruturarase en catro clases de dúas horas cada unha, os luns 6, 13, 20 e 27 deste mes, en horario de 18.00 a 20.00 h. As citas terán lugar na sede da entidade en Vigo (Policarpo Sanz, 13). As inscricións poden realizarse a través de www.ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
Últimos días para apuntarse ás viaxes ofrecidas polos centros de maiores de Afundación
A XUNTA ACORDA COS SINDICATOS REPOÑER O 100% DA EXTRA DENDE O 1 DE XANEIRO E ABOAR NESTE ANO TODA A PARTE DEVENGADA DA EXTRA DE XUÑO DE 2013
O Goberno galego aprobará un proxecto de lei que permitirá pagar neste 2016 uns 180 euros de media a todos os empregados públicos
- Ademais, dende o vindeiro 1 de xaneiro devengarase o 100% do complemento específico da paga extra, tal como comprometera a Xunta
- A Consellería de Facenda asinou este acordo hoxe con representantes dos sindicatos CSIF, UGT e CC.OO.
- A devolución beneficiará a todos os empregados públicos autonómicos, tanto ao persoal funcionario coma ao laboral, estatutario, docente e non docente, de Xustiza, e ao persoal das entidades instrumentais.
LOS PEQUEÑOS DEL COLEGIO LAR MUESTRAN SUS DOTES DE NATACIÓN
Alumnado de Educación Infantil protagoniza una exhibición en la piscina con motivo del remate del curso
El centro acoge estos días diversos eventos para festejar el fin de las clases
Alumnado de Educación Infantil del Colegio Lar protagonizaron una exhibición de natación en la piscina del centro. Los 25 niños de entre 3 y 5 años mostraron a sus familias lo aprendido a lo largo del curso en esta actividad extraescolar, en la que aprendieron, con ayuda de sus profesoras Bechy y Lorena, a perder el miedo y desenvolverse como pez en el agua.
Esta es una de las múltiples actividades que el Colegio Lar está celebrando y celebrará durante los próximos días con motivo del remate de las clases. Así, además de exhibiciones de baile, patinaje o música, también habrá los tradicionales festivales de fin de curso y actos de graduaciones.
CIG-Telefónica inicia protestas en defensa do emprego e pola marxinación de Galiza nos plans de reestruturación interna
A seguir reproducimos o comunicado da Sección Sindical nacional da CIG-Telefónica:
A Sección Sindical da CIG na Telefónica vén desenvolvendo unha intensa actividade sindical dentro da Empresa “Telefónica de España, S.A.U.”, “Operadora Dominante” en Galiza e no Estado Español -hoxe denominada “Operador con Poder Significativo no Mercado”.
O novo modelo de Relación Laboral é un novo modelo de distribución de persoal
Logo de destruír 55.000 empregos entre 1993 e 2013, en 2016 avanza decididamente o novo período no que a súa prioridade é a transformación radical do Contrato Colectivo de Emprego en Telefónica; a máis da redución de emprego (nova redución neta de 6.500 empregos no Plan de Adecuación de Persoal 2015-2017), a Empresa ven impoñendo novas condicións laborais e salariais, con medidas de flexibilización interna e externalización da produción do servizo de telecomunicacións, recollidas no Convenio de Empresas Vinculadas-CEV (Telefónica de España, S.A.U.; Telefónica Móviles, S.A.U. e Telefónica Soluciones-TSOL).
Esa nova política de xestión de recursos humanos inclúe a redistribución do cadro de persoal e unha nova organización do traballo que exclúe a Galiza do emprego de calidade e a produción de servizos avanzados de telecomunicacións. Unha afirmación fundada nas decisións tomadas e executadas sen interlocución sindical na Galiza, sen dar explicacións, pero que son moi explícitas da súa vontade e estratexia.
Empezou a acelerarse en 2011-13 coa aplicación do último E.R.E. que reduciu un 32 % do cadro de persoal na Galiza, pese a que o plan social comprometía a reposición do 7% das baixas, incumprido na Galiza con 0 % reposicións; seguiu nese mesmo ano 2011 coa liquidación do Territorio Galiza-Asturias, con capital en A Coruña e a implantación do “Territorio Norte”, trasladando a capital a Bilbo; en outono de 2012, degradase de categoría Pontevedra e A Coruña a Tipo III, como Ourense e Lugo, esta última xa con menos de 100 traballadores/as. Hai 4 tipoloxías internas, decisivas para a organización e a distribución do traballo, conforme ao número de empregos: provincias especiais –Madrid e Barcelona- e provincias Tipo I, II e III.
A novembro de 2015, as Empresas do Grupo Telefónica integradas no CEV (fixa e móbil) tiñan na Galiza 1.240 traballadores/as, aproximadamente, o 4.56 % do persoal no estado, 27.170. Porén, unha proporción adecuada ao peso da poboación da nosa nación no conxunto do Estado Español sería sobre o 7 %, 1.902, ou o que é o mesmo: nesa data xa arrastrabamos un déficit de persoal de 662 traballadores/as na Galiza. A situación empeorou, xa que en xuño de 2014 a nosa estimación era dun déficit de 472 traballadores/as.
Mesmo con criterios “a priori” desfavorábeis ao peso económico do noso país, o p.i.b., o cadro de persoal xa é deficitario hoxe, momento no que se intensifica o enterramento definitivo das expectativas de Emprego cualificado nas telecomunicacións na Galiza.
Concentración e centralización
Porque o certo é que a “Transformación” en curso leva a un modelo de xestión empresarial que inclúe a concentración e centralización do cadro de persoal nos dous pivotes “especiais” (Madrid e Barcelona) e nas outras tres capitais territoriais: Bilbo, Valencia e Sevilla. Será nestas cinco cidades onde se reúna cadro de persoal suficiente para constituír unidades capaces de acometer actividades complexas e organismos de dirección propiamente ditos, deixando polo resto das “provincias” do estado presenza testemuñal de persoal propio.
A proba do nove: o cadro de persoal de Telefónica Móbiles na Galiza era en novembro de 2015 de aproximadamente 70 persoas, sobre un total de 4.000 no Estado Español, o 1.5 % do total (¡!); como é público e notorio, todo o proceso de “transformación” da relación laboral e da organización interna da Empresa ten como obxectivo inmediato, a curto prazo, a “Converxencia” de servizos, cadros de persoal e empresas Fixo-Móvil.
Velaí o contido real do “mercado único”, promovido polo Sr. Alierta, presidente do Consello Empresarial da Competitividade: todos somos iguais, pero uns máis ca outros, uns pagamos as facturas de servizos xerados por outros, poñendo en marcha un sistema de extracción de rendas da periferia cara o centro propio de sistemas neocoloniais. A localización do emprego cualificado tamén é un potente mecanismo de redistribución de rendas.
Recentralización
Ao tempo, un sistema de xestión coa cabeza “decisora” situada noutros centros económicos conduce necesariamente a un descoñecemento da realidade económica e mesmo física do país, que devén inevitabelmente nunha redución da cantidade e da calidade do servizo. Ao pouco tempo, nun proceso historicamente coñecido no noso país, o que se presenta como causa, o falso motivo da “pobreza” do mercado local, acaba converténdose nun resultado moi real: terá como efecto ampliar o atraso económico e tecnolóxico. Coma noutras épocas; a comparación que fai o noso sindicato entre a denominación Territorio Norte da actual dirección e a de Territorio Noroeste propia do franquismo, non é unha brincadeira.
Recentralizar é devolver a nosa nación ao pasado, ao empobrecemento colectivo, a emigración dos/as máis capaces, para maior gloria das elites do Centro, das que a Telefónica son o seu máis conspicuo representante: marcan camiño ao resto.
Se na actualidade non hai ameza expresa de desprazamento forzoso do actual cadro de persoal, é clara a ameaza de excluír do emprego de calidade nas telecomunicacións na Galiza ás futuras xeracións: só lles quedará a emigración ou o emprego precarizado e degradado das subcontratas.
O papel das Administracións Públicas
Temos que denunciar a hipocrisía das administracións públicas, nomeadamente as galegas pero tamén as máis altas instancias do Estado, que contribúen con masivas subvencións á implantación de redes e servizos para negocios privados, pero con cuantiosos fondos públicos, en atención á Lei Xeral de Telecomunicacións, 9/2014: “Disposición adicional decimo cuarta. Coordinación das axudas públicas á banda longa e ao desenvolvemento da economía e o emprego dixitais e novos servizos dixitais.”
Emprego, investimento e intervención pública no desenvolvemento económico, son tarefas e responsabilidades competencia do Goberno e do Parlamento Galego.
Por iso a nosa Sección Sindical, CIG-Telefónica, sigue e seguirá a loitar polo futuro do Emprego na Telefónica na Galiza, e por extensión, polo Emprego directo nos Operadores de Telecomunicacións na Galiza.
Concentración diante do Parlamento Galego
O vindeiro xoves 9 de xuño, as 11:00 horas levaremos a nosa reivindicación ao Parlamento Galego, cunha concentración de Delegados da Central Sindical as portas do Parlamento, ao tempo que chamaremos de novo a atención dos grupos parlamentares das perspectivas do emprego nas telecomunicacións na Galiza, as expectativas inmediatas e o necesario control dos cuantiosos recursos dos orzamentos públicos entregados a empresas privadas que desprezan o país, o seu idioma e o seu desenvolvemento económico e tecnolóxico.
CALENDARIO DE CONCENTRACIÓNS
- A Coruña, Central Hércules, xoves día 2 de xuño ás 11:00 horas.
- Pontevedra, Central Calvario (Vigo), venres día 3 de xuño ás 11:00 horas.
- Lugo, Central San Roque, martes día 7 de Xuño ás 10:00 horas.
- Ourense, Central Posío, martes día 7 de Xuño ás 13:00 horas.
- Compostela, Parlamento Galego, xoves día 9 de xuño ás 11:00 horas.
Galiza, 01/06/2016