Archive | junio 3, 2016

A CIG participa nun acto en lembranza do presidente da República Árabe Saharaui Democrática, Mohamed Abdelaziz

A central amosa o seu pésame polo falecemento do tamén secretario xeral do Frente Polisario e trasládalle a súa solidariedade ao pobo saharaui
A CIG participou na homenaxe ao recén falecido presidente da República Árabe Saharaui Democrática e secretario xeral do Frente Polisario, Mohamed Abdelaziz, que organizaron hoxe en Vigo a Delegación Saharaui en Galiza e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Unha representación da central estivo presente no acto para amosar o seu pésame pola morte do dirixente saharaui e trasladarlle a súa solidariedade ao pobo saharaui, en especial á clase traballadora organizada no sindicato UGT Sario.
2016 06 02 ActoHomenaxeVigoPresidenteSahara01

A CIG estivo presente no acto organizado esta mañá en Vigo pola Delegación Saharaui en Galiza e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) en lembranza do recentemente falecido presidente da República Árabe Saharaui Democrática (RASD) e secretario xeral do Frente Polisario (FP), Mohamed Abdelaziz.

A central nacionalista participou no acto -no que estivo presente o secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves- para amosar publicamente o seu pésame pola morte do dirixente saharaui e para trasladarlle a súa solidariedade ao pobo saharaui, en especial á clase traballadora organizada no sindicato UGT Sario.

Durante a homenaxe, na que moitas das persoas presentes asinaron no libro de condolencias, deuse lectura a un comunicado da Delegación Saharaui e da Sogaps no que expresan a súa conmoción pola perda do presidente da RASD e secretario xeral do FP, ao que definiron como un gran lider político “e un dos máis grandes loitadores pola dignidade e a liberdade do pobo saharaui”.

Ao mesmo tempo, salientaron a súa capacidade de resistencia e amosáronse convencidos/as de que “seguirá a defender a xustiza e a independencia do seu pobo sempre na memoria de outras xeracións que o terán presente en calquera lugar do mundo”.

O acto pechouse entre aplausos dos participantes con berros de “Viva o Sáhara libre” e “Sáhara liberdade, Polisario vencerá”.

Anuncios

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE PROMOVE A SOLIDARIEDADE E O COMPROMISO SOCIAL ENTRE ESTUDANTES DE PRIMARIA E DA ESO A TRAVÉS DO PROGRAMA PASAPORTE SOLIDARIO

  • Un dos obxectivos é favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias a través dunha metodoloxía activa e participativa, que achegue ao alumnado á realidade do voluntariado
  • Cada participante ten que encher o seu pasaporte con certificados que acrediten o cumprimento da actividade solidaria. Entre as accións que hai que certificar atópanse tarefas como acompañar aos maiores, colaborar na casa ou axudar aos compañeiros de clase
  • Máis de 1.900 alumnos e alumnas de 18 centros de Galicia están a traballar nesta iniciativa desde o pasado mes de outubro

Ferrol, 3 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, achegouse hoxe ao Colexio La Salle de Caranza (Ferrol) para participar nunha actividade de dinamización do programa Pasaporte Solidario, unha iniciativa da Consellería de Política Social. Así mesmo, fixo entrega de diplomas acreditativos aos participantes na mesma.

Os principais obxectivos do programa son os de promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado) e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias a través dunha metodoloxía activa e participativa, que achegue ao alumnado á realidade do voluntariado.

O Pasaporte Solidario é un documento cuxas páxinas conteñen propostas de actividades solidarias pensadas tanto para alumnos de Primaria como da ESO. Coordinados polos centros educativos, cada participante ten que encher o seu pasaporte con certificados que acrediten o cumprimento da actividade solidaria. Entre as accións que hai que certificar para cubrir o Pasaporte atópanse tarefas como acompañar aos maiores, colaborar na casa ou axudar aos compañeiros de clase.

Cecilia Vázquez foi recibida polo equipo directivo do centro, onde escoitou as súas suxestións e propostas para mellorar o Pasaporte Solidario, unha iniciativa que cumpre o seu quinto ano de vida.  A continuación saudou aos alumnos e alumnas participantes e puido coñecer de primeira man como se foron desenvolvendo as distintas actividades.

Personificando neses alumnos/as e profesores/as, a directora xeral agradeceu a participación neste programa aos máis de 1.900 alumnos/as de 18 centros de Galicia que están a traballar co Pasaporte Solidario desde o pasado mes de outubro.

A directora xeral tamén destacou que “con este proxecto estamos en disposición de ofrecerlles aos mozos e mozas galegos a posibilidade de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo, que comeza en primaria con Móvete, segue co Pasaporte Solidario, dirixido a mozos de ata 12 anos, continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.”

 

A XUNTA REQUIRE AO CONCELLO DE VIGO A REMISIÓN DA CERTIFICACIÓN MUNICIPAL PARA ADHERIRSE AO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

24052016_RPVivendaO delegado territorial da Xunta en Vigo explicou esta mañá que é necesaria esta documentación para que o Goberno galego continúe coa tramitación administrativa e se poida formalizar o convenio canto antes

  • Lembra que, coa incorporación de Vigo, os vigueses e viguesas poderán ter aforros nas súas viaxes diarias que chegarán ata os 420 euros anuais
  • López-Chaves lamentou que o Concello de Vigo non se incorporase hai un ano ao Plan de Transporte Metropolitano porque os cidadáns xa terían comprobado os “importantes aforros” que supón a súa adhesión.

 

O Teatro Afundación de Vigo e o Auditorio de Pontevedra acollerán un concerto da Coral Aita Garayoa

Aita Garayoa Foto 96_25º aniversarioO Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) acollerán a finais deste mes, os días 24 e 25, respectivamente, un recital da coral vasca Aita Garayoa. Ambos os concertos terán lugar ás 20.30 h e neles interpretarase un repertorio composto por diversos estilos e épocas: desde a polifonía do século XVI e posteriores, ata o folclore vasco e universal, a música relixiosa e as arias de ópera, da man de compositores tan diferentes como Haendel, Javier Busto, Julio Domínguez ou Paul McCartney, entre outros. A asistencia aos recitais será libre e gratuíta, previa retirada das entradas nas sedes de Afundación de Vigo e Pontevedra a partir do vindeiro luns, 6 de xuño.

REY VARELA SALIENTA A IMPORTANCIA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NA INTEGRACIÓN PLENA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA SOCIEDADE

IMG_8362Os dispositivos electrónicos foron entregados a persoas con discapacidade pertencentes a nove asociacións da comunidade que se atopan adheridas ao Comité de Entidades de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI).

se atopan adheridas ao Comité de Entidades de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI) coa fin de realizar un estudo sobre accesibilidade nas novas tecnoloxías. A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou de Desenvolvemento (FADEMGA Plena Inclusión), a Organización Nacional de Cegos de España en Galicia (ONCE Galicia), a Federación Galega de Institución para a Síndrome de Down en Galicia (DOWN Galicia), a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia (AUTISMO Galicia), a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), a Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias (FAGAL), e a Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (ASPACE Galicia), foron as entidades que participaron nun acto organizado polo propio CERMI e a Fundación Vodafone España.

 

Na súa intervención, o responsable da área social apuntou que “a Xunta de Galicia sempre apoiará todas aquelas iniciativas que aposten pola mellora da calidade de vida das persoas que padecen algún tipo de dificultade”. Deste xeito, Rey Varela salientou a importancia das novas tecnoloxías na integración plena das persoas con discapacidade na sociedade xa que “unha sociedade que avanza a un ritmo vertixinoso ten que ter cidadáns preparados para os novos retos que presenta”. “Por iso estamos hoxe aquí, para dotar aos galegos e ás galegas das ferramentas necesarias que contribuirán a facilitar a vida cotiá”, engadiu.

 

Afundación súmase á celebración do Día Mundial do Medio cunha xornada de portas abertas en Naturnova

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) súmase mañá, sábado 4 de xuño, á celebración do Día Mundial do Medio (5 de xuño) cunha xornada de portas abertas no Centro interactivo de Educación Ambiental Naturnova en Vigo (Velázquez Moreno, 18). Así, baixo o lema «Tolee pola vida», o obxectivo da campaña deste ano é sensibilizar sobre as consecuencias do comercio ilegal de fauna e flora silvestre e sobre o impacto ambiental das nosas decisións. O centro poderase visitar en horario de 17.30 a 20.30 h.

REY VARELA SALIENTA A IMPORTANCIA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NA INTEGRACIÓN PLENA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA SOCIEDADE

  • Os dispositivos electrónicos foron entregados a persoas con discapacidade pertencentes a nove asociacións da comunidade que se atopan adheridas ao Comité de Entidades de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI)

 

Santiago, 18 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe no acto de entrega de 60 tablets de última xeración a persoas con discapacidade pertencentes a nove asociacións da comunidade que se atopan adheridas ao Comité de Entidades de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI) coa fin de realizar un estudo sobre accesibilidade nas novas tecnoloxías. A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou de Desenvolvemento (FADEMGA Plena Inclusión), a Organización Nacional de Cegos de España en Galicia (ONCE Galicia), a Federación Galega de Institución para a Síndrome de Down en Galicia (DOWN Galicia), a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia (AUTISMO Galicia), a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), a Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias (FAGAL), e a Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (ASPACE Galicia), foron as entidades que participaron nun acto organizado polo propio CERMI e a Fundación Vodafone España.

 

Na súa intervención, o responsable da área social apuntou que “a Xunta de Galicia sempre apoiará todas aquelas iniciativas que aposten pola mellora da calidade de vida das persoas que padecen algún tipo de dificultade”. Deste xeito, Rey Varela salientou a importancia das novas tecnoloxías na integración plena das persoas con discapacidade na sociedade xa que “unha sociedade que avanza a un ritmo vertixinoso ten que ter cidadáns preparados para os novos retos que presenta”. “Por iso estamos hoxe aquí, para dotar aos galegos e ás galegas das ferramentas necesarias que contribuirán a facilitar a vida cotiá”, engadiu.

 

O conselleiro de Política Social subliñou tamén a relevancia da colaboración entre o Goberno galego e as entidades que traballan en prol das persoas con discapacidade e lembrou que os orzamentos da Consellería de Política Social medraron neste 2016 un 12%. Neste sentido, o orzamento para a discapacidade alcanza no presente exercicio os 93,8 millóns de euros. Grazas esta aposta decidida do goberno galego, o pasado mes de novembro, foi aprobada a Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020, con 460 medidas que darán respostas ás necesidades do colectivo. Máis en concreción, a partida económica destinada ás entidades que integran o Cermi Galicia aumentou un 20% acadando en 2016 un importe de 3,6 millóns de euros.

I Xornada de Arquitectura “Praza de Abastos Proxecto dun Espazo Público”

Praza Abastos1

Jaime Blanco, doutor en arquitectura, e especialista na obra do arquitecto galego Xosé Bar Bóo, iniciou na mesma Praza de Abastos do Porriño, as xornadas organizadas polo Concello, baixo o título ‘Praza de abastos. Proxecto dun Espazo Público’, que durante dous días servirán para explicar as obras de transformación da mesma praza.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, que presentou o acto, ao que asistiron a viúva de Bar Bóo, Macamen Blanco, e un dos seus fillos, subliñou a importancia da reforma da contorna da praza para “facilitar a súa integración no conxunto do centro do Porriño e, o que é máis importante, a súa recuperación para o uso e gozo das veciñas e veciños”. Na súa charla, Jaime Blanco sinalou o feito de
que o proxecto da Praza de Abastos de Bar Bóo soubo adaptarse á xeografía do Porriño, “tivo en conta o uso cotiá que se facía deste mesmo lugar cando había no mesmo dúas prazas xemelgas: unha para o peixe e outra para a carne, e fixo un deseño da mesma anovador, anticipado ao seu tempo e considerando a utilidade para vendedores e clientes”.

Blanco incidiu na importancia que tivo o deseño da Praza de Abastos na obra de Bar Bóo quen, aínda que non rematou a obra, posto que deixou de ser arquitecto municipal antes da súa finalización, si aplicou as solucións e
propostas técnicas da praza a outras das súas obras, entre elas o edificio do
Policlínico Cíes, en Vigo, ou aos Xulgados de a Coruña. Aon remate da conferencia, e en resposta ás preguntas do praceiros, a alcaldesa, repetiu que a reforma e mellora da praza que se acometerá nas vindeiras datas “respectará os aparcadoiros” e comprometeuse cos usuarios e comerciantes a “non eliminar
prazas de estacionamento”, para o cal, adiantou, se proporá unha solución que

permita, “ao mesmo tempo, que se abra este espazo público ao uso das porriñesas e porriñeses e que se respecte o acceso á Praza de Abastos para facer a compra”.

CALENDARIO DE TALLERES DO CENTRO DE ASESORAMENTO EMPRESARIAL 2.0 DO PORRIÑO (CPAE 2.0), NO MULTICENTRO DE TORNEIROS, PARA ESTE MES DE XUÑO

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0), unha rede de puntos situados nas diferentes comarcas de Pontevedra onde a Deputació pon
á disposición dos veciños servizos de información e asesoramento presencial,
personalizadon e gratuito en relación ás TIC e ás novas tecnoloxías, organiza durante este mes de xuño, xunto co Concello do Porriño, varias sesións de capacitación tecnolóxica. As mesmas, completamente gratuitas, que terán lugar no CPAE 2.0 de referencia do Porriño, situado no Multicentro de Torneiros, serán as que seguen e nas datas sinaladas: ‘Sácalle partido ao teu gmail’, sábado, 4 de Xuño ás 11:00 h; ‘Ven a descubrir que son e para que serven as redes sociais’, venres, 10 de Xuño ás 19:00 h.; ‘Googleb Analytics: Iniciación á analítica web’, o martes 14 ás 19:00 h.; ‘Medios de pago: Novas tecnoloxías aplicadas ós pagamentos’, o xoves, día 16 ás 19:00 h.; ‘Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e iOS’, o luns, 20 de Xuño ás 7 da tarde; ‘Promove o teu perfil de Facebook con aplicacións externas’, o xoves, día 30 de Xuño de 2016 ás 19:00 h.

As interesadas e interesados en asistir a estos eventos deben reservar praza, indicando a cal ou cales queren acudir, chamando ao teléfono 886 20 20 20, entrando na web http://www.cpae20.depo.es, ou enviando un correo a este enderezo electrónico:oporrino.cpae20@depo.es.

Gabinete Prensa Concello do Porriño
prensaoporrino@oporrino.org

El Día Mundial Antifalsificación 2016 reúne a todos los actores que luchan contra el fenómeno de las falsificaciones‏

* En España, el Día Mundial Antifalsificación se celebrará mañana 4 de junio en los Jardines de Azca, en Madrid, donde marcas, asociaciones e instituciones han colaborado en la puesta en marcha de la tercera edición del Marcathlon: “El Recorrido de las Marcas”.

* La mercancía falsa intervenida en 2015 por las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y por la Agencia Estatal de Administración Tributaria habría alcanzado en el mercado un valor aproximado de 900 millones de euros.

03.06.16. Un año más, el Día Mundial Antifalsificación reúne a los distintos actores privados y públicos que persiguen la venta de productos falsos, en una celebración que tiene lugar en 23 países del mundo con distintos eventos. En España, el Día Mundial Antifalsificación se celebrará mañana 4 de junio en los Jardines de Azca, en Madrid, donde marcas, asociaciones e instituciones han colaborado en la puesta en marcha de la tercera edición del Marcathlon: “El Recorrido de las Marcas”.

Con dicha celebración del Día Mundial Antifalsificación, se pretende concienciar, de una manera lúdica, educativa y deportiva, de los graves riesgos y perjuicios que conlleva el fenómeno de las falsificaciones y la importancia de la cooperación público-privada entre instituciones nacionales e internacionales para erradicarlo.

Este año, a la Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), dependiente del Ministerio de Industria, Energía y Turismo, y la Asociación para la Defensa de la Marca (ANDEMA) que organizan el evento con la colaboración de la Agencia Estatal de Administración Tributaria (Departamento de Aduanas), las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) se ha sumado por primera vez el Ayuntamiento de Madrid de forma activa.

De esta manera, distintas Administraciones se unen para poner de relieve la importancia del reconocimiento de los derechos de Propiedad Industrial como generadores de valor para la sociedad y factor de competitividad para las empresas, lo que requiere una activa política de defensa de las marcas por parte de todas las instituciones en contra de las falsificaciones.

Actividades del evento

El evento contará con dos actividades:

-Una gincana educativa con juegos y pruebas didácticas para niños donde, mediante cuatro actividades lúdicas de entretenimiento, aprenderán la importancia que tienen las marcas, patentes y diseños para la sociedad y los perjuicios que tienen las falsificaciones.

-Una carrera de 5’2 km para los adultos en dos modalidades: Junior (13-23 años) y Senior (más de 23 años).

En el recorrido del evento se incidirá en los perjuicios negativos que tienen las falsificaciones y se apelará a la responsabilidad del consumidor como aspecto clave en la resolución de este problema que lleva asociado la destrucción de puestos de trabajo, la explotación laboral, el tráfico ilícito de personas y el crimen organizado. Además, pone en riesgo la salud y seguridad de los ciudadanos, genera importantes daños medioambientales y reduce la innovación.

La magnitud de este fenómeno es tan astronómica que la mercancía falsa intervenida en 2015 por las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y por la Agencia Estatal de Administración Tributaria habría alcanzado en el mercado un valor aproximado de 900 millones de euros, triplicando la cifra de intervenciones de productos falsificados de 2014.

Datos sobre incautación de productos falsificados

En 2015, las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado han perseguido 1.545 delitos y faltas contra hechos que vulneran los derechos de Propiedad Industrial, habiéndose incautado 7.621.741 objetos, cuya valoración global

asciende a 767.805.944 euros. Dentro del conjunto de los artículos intervenidos, los sectores más afectados han sido el textil (22,8%), y el de la electrónica y maquinaria (11,7%). La mayoría de las intervenciones se realizaron en las Comunidades Autónomas de Andalucía, Cataluña y Madrid.

Por su parte, el Departamento de Aduanas e Impuestos Especiales de la Agencia Tributaria (AEAT) intervino durante el año 2015 casi 2,6 millones de productos falsificados en un total de 2.504 operaciones (retenciones).

De haber llegado al mercado, esta mercancía falsa habría alcanzado un valor de 129,9 millones de euros. En el curso de estas actuaciones se han levantado, además, 176 atestados, un 28,4% más que en 2014, con las correspondientes denuncias por delitos contra la Propiedad Intelectual e Industrial y se ha procedido a la detención de 124 personas presuntamente vinculadas con esta actividad ilícita. El 52% de las incautaciones han sido de productos falsificados electrónicos, gafas, textil y calzado y casi la mitad de la mercancía aprehendida se incautó en los puertos y más de tres cuartas partes de los productos procedían de Asia.