REY VARELA SALIENTA A IMPORTANCIA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NA INTEGRACIÓN PLENA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA SOCIEDADE

  • Os dispositivos electrónicos foron entregados a persoas con discapacidade pertencentes a nove asociacións da comunidade que se atopan adheridas ao Comité de Entidades de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI)

 

Santiago, 18 de maio de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou no día de hoxe no acto de entrega de 60 tablets de última xeración a persoas con discapacidade pertencentes a nove asociacións da comunidade que se atopan adheridas ao Comité de Entidades de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI) coa fin de realizar un estudo sobre accesibilidade nas novas tecnoloxías. A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou de Desenvolvemento (FADEMGA Plena Inclusión), a Organización Nacional de Cegos de España en Galicia (ONCE Galicia), a Federación Galega de Institución para a Síndrome de Down en Galicia (DOWN Galicia), a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia (AUTISMO Galicia), a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), a Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias (FAGAL), e a Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (ASPACE Galicia), foron as entidades que participaron nun acto organizado polo propio CERMI e a Fundación Vodafone España.

 

Na súa intervención, o responsable da área social apuntou que “a Xunta de Galicia sempre apoiará todas aquelas iniciativas que aposten pola mellora da calidade de vida das persoas que padecen algún tipo de dificultade”. Deste xeito, Rey Varela salientou a importancia das novas tecnoloxías na integración plena das persoas con discapacidade na sociedade xa que “unha sociedade que avanza a un ritmo vertixinoso ten que ter cidadáns preparados para os novos retos que presenta”. “Por iso estamos hoxe aquí, para dotar aos galegos e ás galegas das ferramentas necesarias que contribuirán a facilitar a vida cotiá”, engadiu.

 

O conselleiro de Política Social subliñou tamén a relevancia da colaboración entre o Goberno galego e as entidades que traballan en prol das persoas con discapacidade e lembrou que os orzamentos da Consellería de Política Social medraron neste 2016 un 12%. Neste sentido, o orzamento para a discapacidade alcanza no presente exercicio os 93,8 millóns de euros. Grazas esta aposta decidida do goberno galego, o pasado mes de novembro, foi aprobada a Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020, con 460 medidas que darán respostas ás necesidades do colectivo. Máis en concreción, a partida económica destinada ás entidades que integran o Cermi Galicia aumentou un 20% acadando en 2016 un importe de 3,6 millóns de euros.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: