A alcaldesa garantiza aos praceiros o mantemento do aparcamento na Praza de Abastos

Mercado2Asegurar o aparcamento que hai na contorna da Praza de Abastos. Esa é, segundo subliñou a alcaldesa, o primeiro obxectivo da reforma que se realizará na mesma. Eva García de la Torre comprometeuse cos praceiros a que non se reducirán os estacionamentos e que “haberá unha mellora nos accesos ao mercado” ampliando a rúa Cando.

Ista foi unha das principais conclusións do segundo día das xornadas de arquitectura ‘Praza de Abastos. Proxecto dun Espazo Público’, que se desenrolaron o xoves e venres para que a mesma alcaldesa e os arquitectos puidesen explicar aos veciños, usuarios e comerciantes o proxecto de reforma do exterior da mercado.

Os autores deste proxecto, Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, amosaron en que consistirá o cambio que, repetiron, amosando distintos exemplos doutras cidades e vilas que veñen de aplicar solucións anovadoras para a recuperación de entornos urbanas, ten coma obxectivo facer posible o emprego desta zona para numerosos usos, coma actividades culturais, deportivas, expositivas, lúdicas ou cidadáns, que “convivirán” con comercios, negocios e a actividade cotiá do mesmo mercado.

Rematada a exposición e durante o quenda de preguntas, os arquitectos e alcaldesa atenderon ás dúbidas dos participantes, en especial dos praceiros quenes amosaron a súa preocupación polo mantemento dos aparcamentos e a mellora das entradas e saídas dos clientes que se achegan en coche ao mercado.

Neste sentido, Eva García de la Torre sinalou que o proxecto se desenrolará en varias fases e admitiu, como sinalou algún dos asistentes, que “non tivemos unha boa comunicación cos praceiros, teño que facer autocrítica”, polo cal, indicou, “un dos obxectivos destas xornadas é o de recuperar ese contacto, despexar as principais dúbidas e coñecer directamente as propostas e opinións dos veciños e os usuarios do mercado”.

A alcaldesa adiantou que o proxecto na praza “está moi adiantado” e sinalou que o mesmo pasa pola ampliación da rúa Cando, o cal permitirá manter o actual espazo de estacionamento e, mesmo, mellorar a circulación.

Eva García de la Torre sinalou que xa se deron os “primeiros pasos” para declarar varios terreos da rúa Cando como de interese público e que está en estudo a posibilidade de establecer un tempo máximo de parada para a subida e baixada das persoas que vaian ou veñan de facer as súas compras no mercado.

A alcaldesa repetiu que a finalidade da mellora da praza é o de “integrar esta parte da vida diaria dos veciños no centro do Porriño, nun espazo moi preto da rúa peonil, aproveitar este espazo tamén cando non hai actividade no mercado, facilitando que haxa terrazas, negocios e que os rapaces xoguen aquí”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: