A XUNTA TRASLÁDALLE AO CONCELLO DE VIGO A SÚA DISPOSICIÓN A MANTER XA A VINDEIRA SEMANA A REUNIÓN SOBRE A MELLORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE AUTOBÚS AO AEROPORTO DE PEINADOR SE ACHEGA A DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

  • A Consellería de Infraestruturas, nunha misiva remitida onte, solicitoulle ao Concello información como os estudos de demanda de tráficos para analizar o servizo coa fin de acadar unha optimización nos desprazamentos dos cidadáns
  • Na convocatoria de onte a Xunta propuxo a celebración dunha reunión de traballo para a semana do 20 de xuño co obxectivo de proporcionarlle o tempo necesario ao Concello para recabar a información solicitada

 

Santiago, 3 de xuño de 2016.- A Xunta de Galicia trasladoulle hoxe ao Concello de Vigo a súa disposición a manter xa o vindeiro luns a reunión solicitada pola Xunta para concretar o apoio autonómico á mellora do servizo municipal de autobús ao aeroporto de Peinador. A directora xeral de Mobilidade convidou á concelleira de Transportes da cidade a manter a devandita reunión o día 6 de xuño ás 12 horas na Delegación Territorial da Xunta na cidade.

 

Hai que lembrar que o Goberno galego lle remitiu onte unha misiva ao Concello na que reiteraba a súa vontade de artellar un reforzo do servizo que permita a atención aos viaxeiros da totalidade de voos ou a intermodalidade coa conexión cos principais nós de transporte.

 

A Xunta, a través desta convocatoria, propuxo a celebración dunha reunión de traballo para a semana do 20 de xuño co obxectivo de proporcionarlle o tempo necesario ao Concello para que recabara a información solicitada.

 

Neste documento indicábase que os técnicos da Dirección Xeral de Mobilidade consideran que para analizar de xeito rigoroso o servizo proposto coa fin de acadar unha mellora nos desprazamentos dos cidadáns, cómpre unha maior concreción de diferentes aspectos. Neste sentido, solicitouse información complementaria empregada para a elaboración da proposta, como por exemplo, estudos de demanda de tráficos ou a análise comparativa respecto da liña Express preexistente.

 

A Xunta tamén concretou que se deberían analizar certos aspectos da proposta do Concello como por exemplo, o plantexamento de se un autobús circular con frecuencias dunha hora sería axeitado cando xa está funcionando na actualidade a liña L9A con intervalos de media hora.

 

Sen embargo, ante a urxencia manifestada polo Concello de Vigo para a celebración da reunión, a Xunta trasladou a súa plena disposición a adiantar esa xuntanza ao luns, entendendo que os representantes municipais asistirán á xuntanza coa información necesaria.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: