Archive | junio 6, 2016

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO É NOMEADA SECRETARIA XERAL DO CONSORCIO DA REDE ESPAÑOLA DE ALBERGUES XUVENÍS

  • foto1Galicia conta con 9 instalacións asociadas a este consorcio, que tamén xestiona os carnés internacionais de alberguista

 

Madrid, 6 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, foi nomeada hoxe en asemblea secretaria xeral do Consorcio da Rede de Española de Albergues Xuvenís (REAJ), unha entidade pública que aglutina os 260 albergues xuvenís de todo o Estado. O seu equivalente mundial, o Hostelling International conta con 4.000 albergues nos cinco continentes.

 

Os albergues xuvenís asociados no REAJ en Galicia son os de Monte do Gozo, en Santiago; ArtSurfCamp en Carballo (A Coruña); os Biocos da Vía Nova, en San Xoán de Río (Ourense); a residencia de Altamar, en Vigo; a residencia Florentino López Cuevillas, en Ourense; Gandarío, en Bergondo (A Coruña); o Lug II, en Lugo; o Equal, en Coles (Ourense); e o das Corcerizas, en Vilar de Barrio (Ourense).

 

Os usuarios destas instalacións poden obter o carné de alberguista, que está recoñecido internacionalmente e que é valido para utilizar nos albergues de todos os países. Está dirixido a todo tipo de público, sen límite de idade. O seu prezo é de 6 euros para mozos e mozas de carné xove, 13 para adultos e 25 euros para familias e grupos.

José González, Malandrómeda y Bala nuevas confirmaciones de Atlantic Fest

Atlantic Fest / 1, 2 y 3 de julio / Illa de Arousa
unnamed

Solo Atlantic Fest es capaz de reunir en un solo evento lo que más nos gusta hacer en verano: escuchar buena música, bañarse en playas de aguas cristalinas y compartir experiencias inolvidables acompañados de amigos.
La mejor música en directo será tu compañera, durante un recorrido de tres días  por diferentes espacios de una isla, que se convierte en un gigante recinto de conciertos.
Pero además, solo en Atlantic Fest te despiertas en una playa bandera azul, donde descansar y tomar el sol hasta el comienzo de las actuaciones.
Nuestro Escenario principal Son Estrella Galicia está ubicado en otra playa idílica, perfecta para refrescarse entre concierto y concierto y no perderte absolutamente nada.

Espacio que acoge el Escenario Son Estrella Galicia en Atlantic Fest.
Nuevas confirmaciones 
José González
Melandrómeda, Bala
José González
José González tiene una voz,  un sonido, una clase  y una visión musical que hacen de él uno de los compositores e interpretes más talentosos de sus generación.
Su último disco, Vestiges & Claws, publicado en 2015,  encuentra su inspiración en productores brasileños de los 70’s y en el folk rock americano, con una colección de canciones que están simultáneamente llenas de frustración y optimismo.
Es su primer álbum en solitario después de siete años, en los que además de publicar dos discos con Junip y girar por todo el mundo, participó en la banda sonora de La vida secreta de Walter Mitty, dirigida y protagonizada por Ben Stiller.
Ver a José González sobre el escenario Son Estrella Galicia en Atlantic Fest, es algo más que asistir a un concierto, es disfrutar de la magia que solo los artistas de su talla pueden generar.
Será, sin ninguna duda, uno de los momentos más especiales del festival.

Malandrómeda
El dúo Malandrómeda han publicado en este 2016 dos álbumes que vuelven a coronarles como los reyes del hip hop gallego, después de cinco años de silencio.
Son dos trabajos bien distintos, uno muestra la parte más fiestera del grupo, mientras que el otro se presenta más sobrio e intimista. Eso si, los dos tienen letras surrealistas y punzantes, que son además su marca de identidad.
Escucharles es toda una experiencia, un viaje por ambientes y paisajes sonoros que combinan vanguardia y costumbrismo.
Si no les has visto todavía D’Tascas Jägermeister es lugar perfecto para hacerlo.

Bala
Pocos discos de debut han sido tan esperados y han impactado tanto a la escena gallega como el de Bala.
Tenían muy claro que querían irrumpir en la escena musical haciendo mucho ruido y lo están haciendo. Las dos jóvenes que forman el grupo, han pasado por diferentes bandas, hasta concretar “Human Flesh”, su trabajo más personal con claras reminiscencias grunge, punk rock, metal…
Un disco lleno de furia, nervio y energía desbordante que además describe a la perfección sus directos.
Se encuentran en pleno proceso de creación de su nuevo trabajo, pero antes de su lanzamiento podrás verlas en directo en D’Tascas Jägermeister.
Bandas confirmadas
José González
Tindersticks, Xoel López, Nacho Vegas
Alex Cooper, Be Forest, Niño de Elche
Melandrómeda, Bala. Más grupos por confirmar. 

Entradas

ABONO* PRECIO REDUCIDO: 40€**
El plazo para adquirir el abono a 40€ se amplia hasta el 12 de junio.
www.atlanticfest.com

ATLANTIC EXPRESS (Agotados)
Autobuses directos al Atlantic Fest.
Las plazas son limitadas.
Viaje ida 1 de julio y vuelta 3 de julio. (Consultar horarios y precios enwww.atlanticfest.com)
Desde: A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Pontevedra y Cambados.
A la venta desde nuestros canales online Abono* + Atlantic Express:www.atlanticfest.com

Menores de 12 años acceso libre.

*Con acceso gratuito a zona de acampada. Disponible una zona reservada solo para familias.
**+ Gastos.

Cómo llegar

Descuento Renfe. Podrás utilizar el descuento del 35% que Renfe hace a los asistentes al festival desde cualquier punto de España.  Descárgate el bono descuento pulsando aquí.

O FORO DE REXIÓNS ESPAÑOLAS CON DESAFÍOS DEMOGRÁFICOS (FREDD)

  • O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presidirá a apertura do V Encontro Interterritorial do Foro Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD). Na sala Cimabue do Hotel Monumento San Francisco.  foto xoán crespo 06/06/16

    O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presidirá a apertura do V Encontro Interterritorial do Foro Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD). Na sala Cimabue do Hotel Monumento San Francisco.
    foto xoán crespo
    06/06/16

    O FREDD insiste en demandar que as variables sociodemográficas teñan maior peso tanto no sistema de financiamento autonómico como no reparto dos fondos europeos

  • O Goberno galego considera o reto demográfico unha cuestión prioritaria e transversal a todos os seus eixes de actuación, tal e como se pon de manifesto no Plan Estratéxico Rexional de  Galicia 2015-2020 e no Programa de apoio á natalidade (PAN)

 

Santiago, 6 de xuño de 2016.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou esta mañá no Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED), que celebrou na capital galega a súa quinta reunión interterritorial. O FREDD constituíuse en outubro de 2013 a iniciativa dos gobernos de Galicia, Asturias, Castilla y León e Aragón; aos que se sumarían catro meses despois os de Castilla La Mancha e Extremadura. Finalmente, en febreiro de 2016 se incorporan os executivos de Cantabria e La Rioja, de forma que xa son oito as Comunidades Autónomas participantes.

 

No encontro de hoxe en Santiago, os membros deste foro acordaron continuar coas actuacións do mesmo en dous niveis: nacional e europeo. Así, e no que atinxe ao ámbito nacional, as autonomías participantes aprobaron por unanimidade a presentación do FREDD ao novo goberno, insistindo na necesidade dunha Estratexia Española polo Cambio Demográfico que outorgue maior peso ás variables sociodemográficas no sistema de financiamento autonómico.

 

Un segundo acordo adoptado esta mañá fai mención á proposta de políticas sectoriais prioritarias para a incorporación da perspectiva demográfica; entre outras, as relacionadas coa dependencia; apoio ás familias, conciliación, racionalización de horarios; oportunidades laborais para a mocidade e estratexias para a retención do talento; sostibilidade do sistema de pensións; aproveitamento das oportunidades do rural para o desenvolvemento de proxectos de emprendemento e autoemprego; a reivindicación do sector primario e o aproveitamento das súas potencialidades; a dixitalización do entorno rural; e a potenciación dos servizos de saúde de proximidade. Así mesmo, o foro aprobou a creación dun grupo de traballo e a súa coordinación coas Comunidades Autónomas para abordar estes temas

 

En canto a actuacións do FREDD no marco europeo, acordouse manter un encontro coa Comisión e o Parlamento europeos, así como o impulso dun lobby, apoiado na Rede de Rexións con Desafíos Demográficos.

 

Galicia

Na xornada que se desenvolveu no Hotel Monumento San Francisco, o conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela detallou as actuacións que se están a desenvolver no marco autonómico encamiñadas a modificar a dinámica de declive demográfico, que na actualidade se recollen no Plan Estratéxico Rexional de Galicia 2015-2020 (PEG). Entre os obxectivos principais deste plan transversal a todos os eixos de actuación do Goberno galego están o de aproximar de forma progresiva a taxa de fillos/as por muller á media da Unión Europea –que se sitúa en 1,59- e incrementar a taxa bruta de natalidade.

 

Ao respecto, Rey Varela sinalou que esta prioridade de afrontar o reto demográfico cristalizou xa na posta en marcha do Programa de apoio á natalidade (PAN), “unha proposta global que persegue dar resposta ás necesidades das nais e dos pais galegos, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito integral e continuo”, explicou.

 

O PAN ten tres eixos fundamentais de intervención: axudas, servizos e conciliación e forman parte del un amplo paquete de medidas como a tarxeta benvida, a dedución fiscal por nacemento ou adopción, a dedución fiscal por coidado de fillos/as ata tres anos, a prestación de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo/a, o incremento de prazas na rede pública de escolas infantís, as Casas niño, o Bono coidado, o Bono concilia, a apertura de escolas infantís en parques empresariais ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e do teletraballo no ámbito do persoal da función pública galega.

 

Castilla La Mancha acollerá o vindeiro encontro

A comunidade de Castilla La Mancha acollerá no mes de setembro a vindeira xuntanza deste Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos, grupo interterritorial que xorde para atender de forma específica os impactos derivados do cambio demográfico.

 

Algúns dos acordos alcanzados en anteriores convocatorias do FREDD foron: promover a creación dun marco estratéxico conxunto; solicitar ao Goberno máis recursos para políticas de desenvolvemento rural polo seu carácter transversal e implicación directa na vertebración e ordenamento do territorio ou participar no relatorio sobre despoboación creada no Senado, e trasladar tamén este debate ao Congreso.

 

A XUNTA CONFIRMA O SEU MÁXIMO INTERESE POR FINANCIAR A MELLORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE AUTOBÚS A PEINADOR E REITERA A NECESIDADE DE QUE O CONCELLO ACHEGUE A DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • 160606 Peinador 1Os representantes do Goberno galego explican que o Concello deben informar sobre o número de usuarios, tempos de percorridos, tarifas ou carencias da liña express que propoñen para poder aplicar as optimizacións necesarias
  • Salientan que a Xunta aposta por mellorar a competitividade dos aeroportos galegos, traballando para que os cidadáns poidan acceder ás terminais de xeito doado, empregando o transporte público
  • Dende o Goberno galego consideran imprescindible ofrecer frecuencias e horarios axeitados, tempos de percorrido atractivos e conexión entre a estación de autobuses e as dúas de ferrocarril

 

Vigo, 6 de xuño de 2016.- O Goberno galego confirmou hoxe o seu máximo interese por financiar a mellora do servizo municipal de autobús a Peinador e reiterou a necesidade de que o Concello achegue a documentación necesaria para materializar esa optimización do servizo. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, reuníronse hoxe con representantes do Concello, aos que lle trasladaron que a Xunta xa está a traballar para habilitar o investimento preciso para mellorar o servizo de autobús, polo que é imprescindible que remitan canto antes a documentación necesaria para avanzar na tramitación do convenio.

 

López-Chaves subliñou que o Concello debe achegar información relativa a cuestións técnicas como o número de usuarios, os tempos de percorridos, tarifas ou mesmo datos sobre a liña Express, para comprobar as carencias deste servizo e poder aplicar as optimizacións necesarias.

 

O Goberno galego volveu poñer de manifesto o seu compromiso de apoiar a mellora do servizo municipal de autobús ao aeroporto. Neste sentido, a directora salientou que a Xunta aposta por mellorar a competitividade dos aeroportos galegos, traballando para que as terminais sexan máis accesibles, é dicir, para que a calquera cidadán lle sexa máis doado chegar a un aeroporto mediante o transporte público.

 

Dende a Xunta establécese un triplo obxectivo imprescindible para este servizo: ofrecer frecuencias e horarios axeitados, tempos de percorrido atractivos para os usuarios tanto nos traxectos de ida como de volta e que, ademais do aeroporto, permita conectar entre si a estación de autobuses e as dúas de ferrocarril.

 

1ª FERIA DEL VEHÍCULO COMERCIAL DE GALICIA, VIGOTRANS 2016

Hoy ha tenido lugar en el Edificio de Sesiones de la Autoridad Portuaria de Vigo, la presentación del la 1ª Feria del Vehículo Comercial de Galicia (VIGOTRANS 2016) a los medios, en presencia de su director F. Javier Pedroche, el alcalde de Vigo, Abel Caballero y el presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga,  que tendrá lugar los días 10 y 11 de junio próximos. En ella se darán cita la práctica totalidad  de los fabricantes de furgonetas presentes en el mercado español, a través de sus concesionarios gallegos.

 

En su intervención, el director de la feria destacó a la ciudad de Vigo como punto estratégico de producción y exportación de vehículos comerciales desde hace más de 50 años,  de ahí la elección de la ciudad olívica para la celebración de esta primera feria en la que los potenciales compradores tendrán la posibilidad de conocer en un solo recinto las principales ofertas del mercado. Asimismo, añadió que existirá una Zona Activa con vehículos para que aquellos que lo deseen puedan probarlos y conducirlos por la ciudad.

 

Por su parte, el presidente del puerto significó la importancia de fomentar la interfaz entre el puerto y la ciudad, y ese es su deseo, tal y como lo expresó López Veiga.

 

De igual modo, hizo hincapié  en la relevancia que la furgoneta eléctrica va a desempeñar en un futuro inmediato en este puerto por la evidente ventaja ecológica, lo que va a redundar favorablemente a buen seguro en las instalaciones portuarias como la Lonja, terminando su alocución con el convencimiento de que el tráfico de cruceros en Vigo se va a ir incrementando en los próximos tiempos.

 

Por último, Abel Caballero, se congratuló con la buena sintonía y coordinación política entre ambas instituciones, en claro beneficio y mayor progreso de la ciudad.

 

O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO ACHEGOUSE ESTA MAÑÁ Á UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRASFUSIÓN DE GALICIA PARA DOAR SANGUE

Unha unidade móbil do CTG instalouse esta mañá na porta principal do edificio administrativo da Xunta en Vigo06062016_DoazonSangue

  • Foron varios os empregados e cidadáns que se achegaron a doar sangue na xornada de hoxe, entre eles o delegado territorial da Xunta
  • Dende a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos consideran preciso fomentar as doazóns entre os habitantes da cidade

 

Vigo, 6 de xuño de 2016.- Cada día dez unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) da Axencia Galega de Sangue, Tecido e Órganos percorren Galicia achegándose a todos os cidadáns que queren colaborar coas doazóns de sangue. Esta mañá unha desas unidades instalouse no edificio administrativo da Xunta en Vigo.

 

Entre os achegados para doar sangue destacaron veciños próximos ao lugar e persoal traballador do propio edificio da Xunta en Vigo. O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, tamén se sumou a esta causa.

 

As estatísticas amosan que as doazóns de sangue en Galicia continúan a ter unha grande importancia. O pasado ano foron 111.250 as doazóns rexistradas na nosa comunidade, o que representa 41 doazóns por cada 1.000 habitantes, cifra situada no índice recomendado pola Organización Mundial da Saúde. Aínda así, dende o CTG consideran preciso fomentar as doazóns entre os habitantes co obxectivo de mellorar estas cifras.

 

 

 

 

LAIA ABRIL, PREMIO REVELACIÓN PHOTOESPAÑA 2016

unnamedPHotoEspaña y El Corte Inglés reconocen el trabajo de una fotógrafa española menor de 35 años cuya obra haya destacado en el año anterior

El jurado del premio, formado por un comité de 17 artistas, comisarios y periodistas especializados, han galardonado a Laia Abril, por su precisión técnica, rigor formal y sensibilidad de su trabajo fotográfico

La Fábrica edita un nuevo título dentro de la colección PHotoBolsillo, Biblioteca de Fotógrafos Españoles, que recoge la obra de la fotógrafa catalana

En esta obra la artista explora la sexualidad femenina, los trastornos alimenticios o la misoginia a través de imágenes que, con su aire cálido de documento familiar, desubican al espectador.

Abril combina la fotografía con otras herramientas multimedia como el vídeo o el diseño gráfico, en su minuciosa metodología de trabajo basada en la investigación y la búsqueda de narrativas

El trabajo de Laia Abril será proyectado en las pantallas de El Corte Inglés de Callao del 6 y al 12 de junio. Posteriormente podrá visualizarse del 13 de junio al 21 de agosto en uno de los escaparates del centro comercial

 

Mas información www.phe.es www.lafabrica.com 

ABANCA e AECA organizan unhas xornadas sobre xestión de riscos e crédito a empresas

  • O banco e a asociación reúnen durante dous días en Vigo dúas decenas de expertos en auditoría, contabilidade e regulación financeira
  • O acto enmárcase na Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Finanzas e Administración de Empresas, creada o pasado ano para facilitar o intercambio de coñecemento entre expertos do ámbito académico e profesional
20160606-abanca-jornadas-aeca
VII Xornadas AECA Valoración, Financiamento e Xestión de Riscos

ABANCA e AECA organizan en Vigo os vindeiros 9 e 10 de xuño as VII Xornadas AECA de Valoración, Financiamento e Xestión de Riscos, no marco da Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Finanzas e Administración de Empresas. Baixo o título “A importancia da Xestión de Riscos e a Auditoría para a viabilidade empresarial”, expertos do mundo académico, administrativo e empresarial reflexionarán sobre a xestión corporativa e financiamento.

O evento profesional arrancará coa conferencia inaugural a cargo de Juan Antonio Maroto, catedrático de Economía da Universidad Complutense de Madrid. Un prólogo que dará paso a un completo programa coordinado por ABANCA e AECA que converterá a Galicia no centro desta disciplina. Nos múltiples actos que compoñen este foro participarán unha vintena de poñentes especializados, ademais de grupos de investigación que presentarán os seus resultados en diversas comunicacións en sesións paralelas, e está previsto que asistan centos de profesionais de disciplinas como auditoría, contabilidade e regulación financeira, entre outros.

A excelencia formativa do acontecemento permitirá homologar a asistencia ás xornadas como FPC para auditores polo Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas e tamén computará para a acreditación deExperto Contable Acreditado-ECA®.

“Estas xornadas interdisciplinares e multifactoriais son especialmente útiles no contexto actual, no que é imprescindible unir puntos de vista ligados coa xestión de riscos, o financiamento e a auditoría para poder anticiparse á insolvencia empresarial”, indicou Manuel Rodríguez, director da Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Financiamento e Administración de Empresas e xerente de Cobros e Pagos de ABANCA.

Mesas para reflexionar sobre temas de actualidade

Durante estes dous días están programadas diversas mesas de debate que servirán para compartir a visión dos expertos sobre temas de actualidade relacionados coa xornada. A primeira delas, contará coa moderación do director da Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Financiamento e Administración de Empresas, Manuel Rodríguez, e permitirá abordar os riscos financeiros no marco de Basilea III e as implicacións para as entidades financeiras e as empresas. Participarán Pablo Triñanes, director xeral de Control Corporativo e Riscos de ABANCA; Eduardo Ávila, head of Global Supervisors Relations de BBVA; e Germán López, director do Mestrado en Banca e Regulación Financeira da Universidad de Navarra.

A segunda mesa analizará as perspectivas de oferta e demanda do financiamento a empresas e estará moderada por Domingo García, presidente da Comisión de Valoración e Financiamento de Empresas de AECA e catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidad Politécnica de Cartagena. Contará con José María Méndez, director xeral de CECA e conselleiro independente do BEI; Ana Esteban, xefa da Unidade de Grupos Empresariais e Estudos da Central de Balances do Banco de España; e Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

O terceiro debate de expertos centrarase en reflexionar sobre os outros sistemas de apoio ao financiamento da empresa e estará dirixido por Rafael López Mera, socio de LMN Luca Auditores, S.L.P. Tomarán parte Javier Aguilera, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Salvador Marín, presidente da Compañía Española de Financiamento ao Desenvolvemento (COFIDES); Pablo Pombo, secretario técnico da Rede Iberoamericana de Garantías (REGAR); e Rodrigo Recondo, presidente do Instituto de Capital Risco (INCARI).

A última mesa de debate reflexionará sobre a credibilidade e a viabilidade e o papel da auditoría, as empresas e os mercados, baixo a tutela de Jaime del Olmo, socio de Deloitte, Oficina de Vigo. Participarán Eduardo Manso, director de Informes Financeiros e Corporativos da CNMV; Fernando Alonso, responsable da relación con auditores da Dirección Financeira de PSA Peugeot‐Citroën para España, Portugal e Alxeria; e Juan José Santamaría, decano‐presidente do Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra.

ATIGA Y CDTI PRESENTAN A LAS EMPRESAS GALLEGAS DIFERENTES INSTRUMENTOS DE APOYO AL DESARROLLO DE PROYECTOS DE I+D+i

Mañana martes, 7 de junio, a partir de las 10:00 horas, la Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia, en colaboración con el Centro de Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI), organiza en el Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo), la jornada “Instrumentos de apoyo a la I+D+i para empresas”, que tiene por objetivo presentar las diferentes líneas de ayudas que CDTI tiene en vigor para fomentar la inversión en proyectos innovadores y ofrecer asesoramiento personalizado a las empresas interesadas. Entre los programas se destacarán Innterconecta y CIEN, aprobados recientemente.